Saltar ao contido

Madoqua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Madoqua
Dicdics

Un didic macho
no Parque Nacional de Tarangire (Tanzania)
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Antilopinae
Xénero: Madoqua
Ogilby, 1837
Especie tipo
Antilope saltiana
Desmarest, 1816
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
  • Rhynchotragus Neumann 1905 [1]

Madoqua é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos e subfamilia dos antilopinos.[2]

Coñecidos vulgarmente como dicdics,[3] son uns antílopes africanos de tamaño moi reducido, polo que son denominados antílpes ananos.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico do xénero, Madoqua, é unha adaptación do amhárico mĕdaqqwa.[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1837 polo naturalista irlandés William Ogilby, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1836: 137.[2]

Dentro do xénero, recoñécens as seguientes catro especies:[2]

Nome vulgar

[editar | editar a fonte]

O seu nome vulgar procede do son que emiten cando están asustados.

Características físicas

[editar | editar a fonte]

A lonxitude do seu corpo varía entre os 30 e os 40 cm, a súa alzada (altura na cruz) é tan só de 30 a 43 cm, e o seu peso oscila entre os 3 e os 5 kg, segundo as especies.

Teñen un fociño alongado e unha pelaxe clara, que é gris no lombo e branca no ventre. Moitos presentan un anel de cor clara en torno aos ollos. Na parte superior da cabeza presentan unha guedella de pelos que, ás veces, ocultan parcialmente os curtos cornos dos machos, inclinados cara a atrás. As femias son algo máis grandes que os machos.

Pequenos, áxiles, e moi rápidos na carreira (poden correr até os 50 km/h), desaparecen e agóchanse facilmente no seu contorno boscoso, o que dificulta a súa caza por parte de diferentes depredadores.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Os dicdics son herbívoros e aliméntanse principalmente de follas, abrochos, froitos e bagas.

Depredadores

[editar | editar a fonte]

Os dicdics son cazados por lagartos varanos, aguias, serpes pitóns, caracais, leóns, leopardos, guepardos, hienas, licaóns e chacais.

  1. Classification of the genus Rhynchotragus en Fossilworks.
  2. 2,0 2,1 2,2 Wilson & Reeder 2005.
  3. dicdic Arquivado 14 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en: Xunta de Galicia. Digalego.
  4. madoqua no Merriam-Webster Dictionary en liña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]