Alcelafinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Alcelafinos
Alcelaphinae
Alcélafos, damaliscos e ñus

Rango fósil: mioceno - actualidade
Alcelaphus buselaphus
Alcelaphus buselaphus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Familia: Bovidae
Subfamilia: Alcelaphinae
Brooke, 1876
Tribo: Alcelaphini
(Brooke in Wallace, 1876)
Simpson, 1945
Xéneros e Especies
Véxase o texto

A dos alcelafinos (Alcelaphinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos.[1]

Inclúe os ñus, os alcélafos, os damaliscos e outras especies semellantes.

Características[editar | editar a fonte]

Oa alcelafinos son antílopes grandes con algunhas características moi peculiares.[2] Todos eles teñen as agullas ou cruz (articulacións das extremidades anteriores) moi altas, bastante máis que as ancas, e a cara —a miúdo longa e estreita— cunha aparencia tosca, pouco bovina.

Pódense distinguir tres tipos inconfundíbeis:

  • o topi e os seus afíns (todos os damaliscos) son os máis normais;
  • os alcélafos distínguense ben polo se dorso claramente descendente, e pola súa cabeza moi longa, coroada por unha especie de prolongamento no que se insiren os cornos;
  • os membros de ambos os grupos antecitados teñen a cola bordeada por unha especie de flocos de pelos tesos e negros na parte exterior (agás no alcélafo de Hunter ou hirola, Beatragus hunteri (antes Damaliscus hunteri);
  • pola súa parte os ñus, debido á súa cabeza e aparencia xeral con ornamentos pilosos peculiares (barba, crina e cola equina) teñen un aspecto inconfundíbel, un algo "extravagante".

Todos eles viven en hábitats abertos, especialmente nas sabanas das grandes chairas.

Son moi gregarios, e a maioría viven en grandes mandas.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Clasicamente a subfamilia utilízase no sentido da tribo dos Alcelaphini e non do clado Alcelaphini + Hippotragini. Este clado diverxeu dos caprinos hai aproximadamente 14 millóns de anos.[3]

A subfamilia foi definida en 1876 polo naturalista e cazador británico Victor Brooke (1843-1893), e a tribo en 1945 polo biólogo e paleontólolgo estadounidense George Gaylord Simpson (1902-1984).[4]

Xéneros e especies[editar | editar a fonte]

Segundo Mammal Species of the World (MSW), de Wilson & Reeder, a subfamilia comprende catro xéneros viventes, con 10 especies;[1]

Subfamilia Alcelaphinae
Tribo Alcelaphini

Porén, segundo a UICN, a clasificación sería:[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
  2. Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), p. 222.
  3. Arati Iyengar et al. (2006): "Structure and evolution of the mitochondrial control region in oryx". Molecular Phylogenetics and Evolution 40 (1): 305–314.
  4. Groves, Colin & Peter Grubb (2011).
  5. Incluído, por algúns autores, no xénero Damaliscus. Ver Dorst, J. e Dandelot, P. (1973), p. 232.
  6. Alcelaphus buselaphus na Lista vermella da UICN. Versión 2014.2. Consultada o 2 de setembro de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Groves, Colin & Peter Grubb (2011): 'Tribe Alcelaphini in Wallace, 1876 en Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. London: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Rodríguez de la Fuente, F. (1970): Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo I. África (Región etiópica). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 55–72 (ñus) e 104-123 (damaliscos e alcélafos).
  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]