Bovinos
Bovinos Bovinae Touros, búfalos e afins Rango fósil: mioceno - actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Búfalos aficanos (Syncerus caffer) en Kenya | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Tribos | |||||||||||||||||||
A dos bovinos (Bovinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes pertenente á familia dos bóvidos.
Consta de 10 xéneros cunhas 25 especies,[1] distribuídas en tres tribos.
Aspectos xerais
[editar | editar a fonte]Os bovinos son ruminantes distribuídos por todos os continentes, e teñen unha enorme importancia económica como fonte de carne e leite para o home. Son ungulados de tamaño medio a grande, e inclúen o boi doméstico, os bisontes, os búfalos, o iac, os antílopes de catro cornos (boselafinos) e os de cornos espiralados (estrepsicerotinos), como os eláns.
As relacións evolutivas entre os membros do grupo son escuras, e a súa clasificación en tribos reflicte esta incerteza. As características xerais inclúen a presenza de cascos e xeralmente polo menos un dos sexos de cada especie teñen cornos "verdadeiros".
A tribo dos boselafinos (Boselaphini) ou antílopes de catro cornos inclúe os últimos sobreviventes con formas moi similares ás dos antepasados de toda a subfamília. As dúas especies actuais da tribo teñen características anatómicas e comportamentais semellantes e as femais non teñen cornos. Son nativos dos bosques da India ou das sabanas arbustivas e arboradas africanas, e tenden a evitar planicies abertas. O nilgó foi introducido no sur de Texas, onde unha poboación de pouco máis de dez mil animais proporciona algunha seguranza para a súa supervivencia.
A tribo dos bovininos (Bovini) está composta por grandes animais que pastan nas praderías, incluíndo animais de significativa importancia económica, como o gando doméstico, os búfalos, o iac, así como outros parentes asiáticos menores, e grandes bovinos salvaxes como o búfalo africano e o bisonte americano.
Os membros das tribos dos Boselaphini e dos Bovini son na súa maioría asiáticos, entanto que os membros da tribo dos Strepsicerotini, os antílopes de cornos espiralados, encóntranse soamente en África. Os membros deste grupo tenden a ter tamaño grande, pescozo longo e dimorfismo sexual considerábel. Sete das súas nove especies están clasificadas como de baixo risco, pero precisan medidas de conservación, mentres que as dúas restantes, o elán común ou do Cabo e o grande elán están seguros.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo Mammal Species of the World a subfamilia dos bovinos está integrada polos xéneros e especies que se listan a continuación.[2] Inclúese Bos gaurus recoñecido pola IUCN.[3][4]
Subfamilia Bovinae
- Tribo Bovini
- Xénero Bos
- Bos primigenius (†) - uro
- Bos javanicus - banteng
- Bos gaurus - gauro
- Bos frontalis - gaial (gauro doméstico)
- Bos grunniens - iac
- Bos taurus - boi doméstico (considerado cada vez máis como subespecie de Bos primigenius)
- Bos indicus - cebú
- Bos sauveli - cuprei
- Xénero Bison - bisontes
- Bison bison - bisonte americano
- Bison bonasus - bisonte europeo
- Xénero Bubalus
- Bubalus bubalis -búfalo acuático
- Bubalus depressicornis - anoa das chairas
- Bubalus quarlesi - anoa de montaña
- Bubalus mindorensis - tamarao
- Xénero Pseudoryx
- Pseudoryx nghetinhensis - saola
- Xénero Syncerus
- Syncerus caffer - búfalo africano ou búfalo cafre
- Xénero Bos
- Tribo Boselaphini
- Xénero Boselaphus
- Boselaphus tragocamelus - nilgó
- Xénero Tetracerus
- Tetracerus quadricornis - antílope de catro cornos
- Xénero Boselaphus
- Tribo Strepsicerotini
- Xénero Tragelaphus
- Tragelaphus eurycerus - bongo
- Tragelaphus strepsiceros - gran cudú
- Tragelaphus scriptus - antílope xeroglífico
- Tragelaphus imberbis - cudú menor
- Tragelaphus buxtoni - niala de montaña
- Tragelaphus spekii - sitatunga
- Xénero Taurotragus
- Taurotragus oryx - elán do Cabo
- Taurotragus derbianus - grande elán ou antílope de Derby
- Xénero Tragelaphus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 442-444.
- ↑ Wilson, Don; Reeder, DeeAnn, eds. (2005): Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2 vols. Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine. ISBN 978-0-8018-8221-0. (en inglés)
- ↑ Duckworth, J. W., Steinmetz, R., Timmins, R. J., Anak Pattanavibool, Than Zaw, Do Tuoc & Hedges, S. (2008): Bos gaurus. Lista Vermella de especies ameazadas da IUCN. 2010.
- ↑ Kowalski, K., Op. cit., pp. 444.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bovinos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bovinos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
- Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.