Taurotragus oryx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taurotragus oryx
Elán común / Elán do Cabo
Common eland mara.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Infraorde: Pecora
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Tribo: Strepsicerotini
Xénero: Taurotragus
Especie: T. oryx
Nome binomial
Taurotragus oryx
Pallas, 1766
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
  • Tragelaphus oryx (Pallas, 1766)
Elán macho, recoñecíbel pola súa pelaxe agrisada.

Taurotragus oryx é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos e tribo dos estrepsicerotinos,[1] coñecido vulgarmente como elán, elán común ou elán do Cabo

É unha das dúas especies de antílopes africanos que, xunto con Taurotragus derbianus, compoñen o xénero Taurotragus.

De gran tamaño e con gran parecido aos bovinos, posúe unha gran papada no pescozo, que contribúe a disipar a calor.

Como os camelos, para evitar a deshidratación cando vai moita calor, pode aumentar a temperatura corporal para impedir a suoración.

Características[editar | editar a fonte]

As principais características morfolóxicas do elán común son:[2]

  • É un antílope moi grande e pesado, con aparencia bovina.
  • Lonxitude de cabeza e tronco: de 2,80 a 3,80 m nos mac hos, e de 2,00 a 2,80 m nas femias.
  • Lonxitude da cola: de 50 a 90 cm.
  • Altura na cruz: de 1,50 a 1, 80 m (1,65 m promedio), e de 1,25 a 1,50 m (1,40 m promedio) nas femias.
  • Peso: de 400 a 800 kg (600 kg promedio) nos machos, e de 200 a 400 kg (300 kg preromedio) nas femias.
  • Orellas grandes estreitas e rematadas en punta.
  • Os machos adultos presentan unha guedella de pelos ensarillados na fronte, de cor achiocolatada ou negra.
  • Cornos: presentes en ambos os sexos, longos (de 73 a 111 cm), macizos, lixeiramente diverxentes e dirixidos cara a atrás, en liña co perfil da cara, retortos na metade basal en espiral apertada, como un parafuso; nas femias son máis finos.
  • Coloración xeral: parda amarelada pálida, que se vai volvendo máis agrisada ou azulada coa idade, agás na parte inferior das patas. Os flancos teñen coloración uniforme ou lixeiramente raiada con listas verticais. O macho ten unha pelaxe máis gris que a femia, que é de cor máis beixe.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie Taurotragus oryx foi descrita por primeira vez en 1799 polo médico, zoólogo e botánico alemán, Peter Simon Pallas na páxina 9 da súa obra Miscellanea zoologica, quibus novæ imprimis atque obscuræ animalum species describuntur et observationibus iconibusque illustrantur publicada na Haia.

O xénero Taurotragus, no que se inclúen o elán común e o grande elán, T. derbianus, ás veces se inclúen no xénero Tragelaphus, de acordo a probas xenéticas recentes.[1][3][4][5]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na actuadlidade recoñécense tres subespecies:[1]

Xénero Taurotragus
  • Taurotragos oryy oryx
  • Taurotragos oryy livingstonei
  • Taurotragos oryy pattersonianus

Aínda que a súa validez require máis investigacióna.[4]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Moi versátil, o elán pode encontrarzse en gran variedade de hábitats, pero especialmente nas chairas abertas e sabanas e en bosques abertos, secos, de mopáns (Colosphospermus mopane). pero tamén en zonas de estepas e mesmo desérticas. Ás veces tamén pode verse en breixeiras e selvas das terras altas, de até os 4.250 m de altitude.[2]

Distribución[editar | editar a fonte]

Distribución de Taurotragus oryx.

Antigamente o elán común encontrábase ao longo das sabanas e os bosques abertos toda a África oriental e meridional, estendéndose tamén polos pasteiros de altura e as sabanas áridas e as matogueiras do Kalahari e de Karoo, en Suráfrica. Pero hoxe desapareceu de máis da metade da súa antiga área de dispersión debido á expansión das poboacións humanas, e o número de individuos diminuiu considerabelmente desde os anos 1970 como resultado das guerras civís e as súas secuelas en países como Uganda, Ruanda, Angola e Mozambique. Agora está extinto en Burundi (e probabelmente en Angola).
Porén, foi reintroducido en gran número facendas e ranchos privados en África meridional (particularmente en Suráfrica), e isto contribuiu á recuperación das sús poboacións. Ademais, foi introducido amplamente tamén fóra da súa área de distribución natural; por exemplo, aínda que a súa área de distribución natural en Namibia estaba restrinxida ao noreste do país, agora tamén abundan en facendas e ranchos nas partes central e meridional.[4]

Costumes[editar | editar a fonte]

O elán é un animal gregario e forma pequenos rabaños de 20 a 70 individuos, ás veces até 200 e, ocasionalmente, considerabelmente maiores, durante as migracións ou en períodos de extremada seca. Estas mandas van dirixidas por un macho dominante. Ás veces pódense reunir con antílopes equinos (Hippotragus equinus), órix do Cabo (Oryx gazella), cebras, ñus, impalas, gacelas e avestruces. Os machos vellos son a miúdo solitarios. A súa capacidade para saltar (até 2,50 m aproximadamente) é unha caractarística inesperada nun antílope tan pesado; incluso pode saltar un por riba doutro, partindo case do repouso. Os eláns son animais diúrnos, pero tenden a permanecer case inactivos durante as horas máis calorosas do día. Realizan desprazamentos a gransdes distancias en todas as estacións, pero sobre todo nas épocas de seca,[2]

Sentidos[editar | editar a fonte]

Os eláns posúen excelentes sentidos do oído e do olfacto, pero a visión binocular parece pobre, en beneficio dun campo de visión máis amplo.[2]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Os eláns comúns comen ramiñas de ärbores e arbustos, follas, froitos, bulbos, raíces tuberosas e tamén herba (en menor proporción que outros antílopes), sobre toldo durante a época de chuivia<s, especialm ente en zonas molntanas. Usan os seus pezuños para desenterrar os bulbos e as raíces e, cos cornos, enganchan as poliñas e rómpenas cun movemento brusco do pescozo.
Son moi independentes da auga, aínda que a consomen avidamente candol está dispoñíbel. Pero tamén sion capaces de privarse dela durante meses. O seu metabilismo estñá ben adaptado á vida en condicións de aridez.[2]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Machos e femias alcanzan a madurez sexual ao ano e medio ou dous anos de idade. Na época da reprodución os machos adultos coidan e defenden á súa manda de femias e xuvenís, enfrontándose con outros machos. A xestación dunra uns 9 meses, e as femias teñen unha cría por parto e ano. A cría ao nacer pesa entre os 28 e os 35 kg se é macho, e entre os 23 e os 31 kg, de ser femia. As crías maman polo menos durante medio ano, aínda que xa comen os primeiros alimentos sólidos ao cabo dunha semana.
A süa lon xevidade é de 15 a 20 anos, excepcionalmente até os 25.[3]

Inimigos[editar | editar a fonte]

Os leóns e as hienas pintas poden atacar aos adultos, mentres que os licaóns e o leopardo cazan aos individuos moi xoves. Pero o elán utiliza os seus cornos arma defensiva cando é necesario; estes antílopes teñen unha técnica de defensa especial contra os depredadores, facendo cara ao seu adversario mantendo oas xuivenís no centro dun círculo protector, como fan os búfalos coas súas crías. A pesar da súa aparencia, os eláns son antílopes moi áxiles, especialmente os individuos delgados que teñen unha masa pequena, e poden correr moi veloces, até case 70 km/h e tamén de facer saltos de máis de 2 m de altura. Os individuos grandes e grosos tamén son áxiles e rápidos, aínda que sen pasar dos 50 km/h.

Relación cos humanos[editar | editar a fonte]

Espelicando un elán común.

O elán común foi cazado históricamente, e segue a selo, pola súa carne, que é de moi boa cualidade, por deporte e para outros propósitos, como a pel.

Debido á súa docilidade e escasa agresividade foi objxecto de investigacións para lograr a súa domesticación,[6] para aprovbeiktar a súa carne, leite e pel, o que se ralizou con relativo éxito en Ucraína e o sur de Rusia (desde 1892) e en Suráfrica e Zimbabue en tempos máis recentes.[4][6] No Parque Zoolóxico de Askanian Nova en Ucríana, entre outros lugares, estudouse a súa mellora. O seu éxito reprodutivo ofrecería unha nova especie particularmente ben adaptada ás enfermidades e ao clima do continente africano.

A súa necesidade de auga é moi baixa, porque producen unha urina cun alto contido enurea, pero requiren unha considerábel área de pastoreo, xunto con sales minerais e grandes cantidades de alimentos complementarios como millo, sorgo, melóns e fabas, que poden resultar de elevado custe. Unha femia pode producir até 7 kg de leite ao día, leite de agradábel sabor e que é máis rico en graxa de vaca e, por riba, pode almacenarse até durante oito meses, se se prepara debidamente, contra varios días para o leite de vaca.[7]

Poboación e estaus[editar | editar a fonte]

A maior ameaza para o elán común é a expansión dos asentamentos humanos, coa subseguinte perda do seu hábitat, e a caza furtiva pola súa carne.
Citando a varios autores, East (1999) indicou que a densidade de poboación estimadas, obtidas por recontos aéreos en áreas onde a especie é moderadamente común xeralmente oscilan entre 0,05 e 0,4 animais/km². Estimacións máis altas (de 0,6 a 1,0 individuos/km²) foron obtidas por outrios recontos aéreos. Estudos en terra en áreas onde a especie é común produciron estimacións de densidades similares.
East (1999) calculou unha estimación da poboación total de 136.000 individuos, con poboacións estábel ou aumentando en Namibia, Botswana, Zimbabue, Suráfrica, Malaui e posibelmente Tanzania. A tendencia da poboación varía no sentido de aumentar a diminuír segundo as zonas, adoitando aumentar en terreos privados e diminuír notras áreas.[4]

En consecuencia, a UICN cualificou o estado de conervación da especie como LC (pouco preocupante).</ref name=U/>

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Grubb, P. (2005): "Order Artiodactyla". En; Wilson, D. E. & Reeder, D. M. Mammal Species of the World Vol. 2. 3ª ed., pp. 696–697.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp. 191-194.
  3. 3,0 3,1 Haltenorth, T. & Diller, H. (1986), p. 65.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Tragelaphus oryx na Lista vermella da UICN. Versión 2014.2
  5. Kingdon, J. (en prensa): "Genus Tragelaphus". En: J. S. Kingdon and M. Hoffmann (eds), The Mammals of Africa. Amsterdam: Academic Press.
  6. 6,0 6,1 Rafferty, John P., ed. (2010): "Elands, Antelopes", en: Grazers 1ª ed. New York, NY: Britannica Educational Pub. pp. 77–78. ISBN 978-1-61530-465-3.
  7. Pappas, Lindsay A. (2002). "Taurotragus oryx". Mammalian Species 689: 1–5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. London: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Nowak, R. (1991): Walker's Mammals of the World.Vol. 2. Baltimore, Maryland. EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8
  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, EE.UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]