Tragelaphus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tragelaphus

Macho de Tragelaphus strepsiceros
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Infraorde: Pecora
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Tribo: Strepsicerotini
Xénero: Traguelaphus
Blainville, 1816
Especie tipo
Antilope scripta
Pallas, 1766
Especies
Véxase o texto
Sinonimia

Tragelaphus é un xénero de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos e tribo dos estrepsicerotinos que comprende sete xéneros de antílopes africanos.[2]

O nome "Tragelaphus" vén do mítico animal denominado "traguelafo" ou "cabra-cervo".

Un sinónimo común é o xénero Strepsiceros, que se refire ao mesmo conxunto de antílopes africanos, e que dá un dos nomes do tribo.[3]

O termo do latín científico Strepsicerus deriva do grego científico στρεπσικερως strepsikerōs, derivado das formas gregas στρεσι- strepsi- (de στρέφω strephō, "retorcer", "trenzar") e -κερως -kerōs (de κέρας kéras "corno").[4]

Características[editar | editar a fonte]

Son antílopes de gran tamaño, con claro dimorfismo sexual e longos cornos retortos en espiral de forma máis ou menos acusada, a xeito de parafuso, presentes tan só nos machos (agás no elán e no bongo).

Tanto machos como femias presentan manchas claras na cara e/ou na garganta, e finas raias verticais ao longo do lombo.

Porén, os machos adoitan teren algún tipo de melena ou barba na maioría das especies, mentres que as femias carecen destes atributos, pero a súa capa adoita ser máis rubia, en lugar do ton terroso dos machos.

O hábitat das especies que inclúe este xénero abarca desde a estepa arbustiva (bushweld) á selva pechada, e incluso hábitas acuáticos ou de montaña, segundo a especie.[5][6]

O seu papel na cadea trófica é similar ao dos cervos na rexión holoártica.

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

Imaxe antiga do Tragelaphus ou cabra-cervo.[7]

Tragelaphus ("cabra-cervo") era orixinariamente unha misteriosa besta descrita polos escrtitores antigos, e particularmente por Aristóteles.

Buffon cría recoñecer que era unha variedade dos cervos ordinarios.

Tragelaphus (ou "traguelafo") significa tamén "antílope con cornos en espiral", porque todas as especies do xénero teñen cornos en espiral.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1816 polo naturalista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville, na súa obra Prodrome d'une nouvelle distribution systématique du règne animal, publicada no Bull. Sci. Soc. Philom. Paris 1816: 75.[2]

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes especies:[2]

Xénero Tragelaphus

Porén, algúns autores inlúen tamén a especie:

  • Tragelaphus sylvaticus,

considerada pola maioría como subespecie de Tragelaphus scriptus (T. scriptus sylvaticus).

Por outra parte, o elán común (Taurotragus oryx) foi antigamente clasifiado neste xénero como Tragelaphus oryx.

Na literatura[editar | editar a fonte]

A caza do cudú é o obxecto principal da famosa historia de Ernest Hemingway Green Hills of Africa, que é un retrato novelado dun safari realizado por el en 1933, durante un mes, en compañóa da súa esposa Pauline Marie Pfeiffer, no leste de África, en Kenya e Tanganica (actual Tanzania).

Neste libro, o autor describe os cornos como o factor determinante do animal, o que permite xulgar se se realizou unha boa captura ou non. Ademais, os cazadores os comparan, medindo os cornos con cintas métricas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. L. D. Leakey, ed. (1965): Olduvai Gorge: Nineteen Fifty-One To Nineteen Sixty-One, Volume 1 Cambridge, New York, USA: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-10517-0, p. 38.
  2. 2,0 2,1 2,2 Tragelaphus en Wilson & Reeder (2005).
  3. genus Strepsiceros en thefreedictionaty.com
  4. strepsiceros no Merriam-Webster Dictionary on line.
  5. Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp. 180-202.
  6. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986), pp. 57-66.
  7. Esta xilografía é unha ilustración do libro The history of four-footed beasts and serpents (A historia dos animais cuadrúpedes e serpentes) de Edward Topsell, 1658.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, EE.UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]