An Essay on the Principle of Population

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

An Essay on the Principle of Population
An Essay on the Principle of Population.jpg
Páxina do título da edición orixinal de 1798.
Autor/aThomas Robert Malthus
OrixeInglaterra
LinguaInglés
Xénero(s)Ensaio
EditorialJ. Johnson, London
Data de pub.1798
editar datos en Wikidata ]
Parte dunha táboa sobre o crecemento da poboación en Inglaterra 1780–1810, que aparece na 6ª edición do libro An Essay on the Principle of Population, 1826

An Essay on the Principle of Population (Ensaio sobre o principio da poboación) foi un libro sobre demografía e economía publicado en Inglaterra primeiramente de forma anónima en 1798,[1] pero do que axiña se soubo que o autor era Thomas Robert Malthus. O libro advertía sobre futuras dificultades que tería que afrontar a humanidade, baseándose nunha interpretación de que o incremento observado daquela da poboación en progresión xeométrica (que se duplicaba cada 25 anos)[2] combinado cun incremento da produción de alimentos en progresión aritmética, causaría unha escaseza de alimentos e fame, a non ser que a taxa de natalidade descendese.[2]

Aínda que non foi o primeiro libro publicado sobre a poboación, o libro de Malthus alimentou o debate sobre o tamaño da poboación de Gran Bretaña e contribuíu á aprobación da Lei do Censo de 1800 (Census Act 1800). Esta lei permitía elaborar un censo nacional en Inglaterra, Gales e Escocia, que empezaría en 1801 e continuaría actualizándose cada dez anos ata hoxe. A sesta edición do libro, de 1826, foi citada independentemente como unha das influencias clave que tiveron Charles Darwin e Alfred Russel Wallace no desenvolvemento da súa teoría da evolución por selección natural.

Unha parte fundamental do libro está dedicada ao que se coñece como Lei da poboación malthusiana. A teoría exposta no libro afirma que o crecemento da poboación contribúe a un incremento da cantidade da man de obra e inevitablemente a salarios máis baixos. En esencia, Malthus temía que un crecemento continuado da pobaoción levase á pobreza.

En 1803, Malthus publicou, co mesmo título, unha segunda edición moi revisada da súa obra.[3] A súa versión final, a 6ª, publicouse en 1826. En 1830, 32 anos despois da primeira edición, Malthus publicou unha versión condensada titulada A Summary View on the Principle of Population (~ Idea sumaria do principio da poboación), que incluía respostas ás críticas da súa anterior obra máis estensa.

Introdución[editar | editar a fonte]

Entre 1798 e 1826 Malthus publicou seis edicións do seu famoso tratado, actaulizando cada edición para incorporar novo material, para contestar ás críticas e realizar cambios nas súa propia visión do asunto. Escribiu o teto orixinal como reacción ao optimismo do seu pai e os asociados ao seu pai (notablemente Rousseau) sobre a futura mellora da sociedade. Malthus tamén fixo a súa obra como unha resposta aos escritos de William Godwin (1756–1836) e do Marqués de Condorcet (1743–1794).

Malthus consideraba os ideais dunha futura mellora no conxunto da humanidade con escepticismo, pensando que a través da historia un segmento de todas as poboacións humanas parecía relegado á pobreza. Explicou o fenómeno argumentando que o crecemento da poboación xeralmente aumenta en tempos e rexións con abundancia ata que se chega a un tamaño da pobaoción relativamente grande en relación a unha disposición máis modesta de recursos básicos, que causa unha tensión. Nas súas propias palabras:

Porén en todas as sociedades, incluso nas que son máis viciosas, a tendencia a un vínculo virtuoso [é dicir, o matrimonio] é tan forte que hai un constante esforzo cara ao incremento da pobaoción. Este constante esforzo tende constantemente a someter ás clases baixas da sociedade a privacións e a impedir unha mellora grande permanente das súas condicións.
Yet in all societies, even those that are most vicious, the tendency to a virtuous attachment [i.e., marriage] is so strong, that there is a constant effort towards an increase of population. This constant effort as constantly tends to subject the lower classes of the society to distress and to prevent any great permanent amelioration of their condition.
Malthus T.R. 1798. An Essay on the Principle of Population. Capítulo II.[4]
A maneira na cal se producen estes efectos parece ser esta. Supoñamos que os medios de subsistencia en calquera país son exactamente iguais aos que manteñen facilmente os seus habitantes. O esforzo constante cara a[o aumento da] poboación... incrementa o número de persoas antes de que os medios de subsistencia se incrementen. Por tanto, o alimento que antes mantiña a sete millóns agora debe dividirse entre sete millóns e medio ou oito millóns. Os pobres, en consecuencia, deben vivir moito peor e moitos deles estar reducidos a unha grave privación. O número de traballadores tamén estará por riba da proporción de traballo no mercado, o prezo do traballo debe tender ao descenso, mentres que o prezo das provisións tendería ao mesmo tempo a subir. O traballador, por tanto, debería traballar máis duramente para gañar o mesmo que antes. Durante esta época de privacións, a desmotivación para casarse e a dificultade de criar unha familia son tan grandes que a poboación permanece estable. Entre tanto a barateza do traballo, a abundancia de traballadores e a necesidade entre eles de ter máis dispoñibilidade a taballar, estimula os cultivadores a empregar máis forza de traballo nas súas terras, para labrar nova terra e estercar e mellorar máis exhaustivamente o que xa está labrado, ata que finalmente os medios de subsistencia chegan a estar na mesma proporción que a poboación que no período desde o que se partiu. A situación do traballador é de novo tolerablemente confortable, as restricións á poboación son en certo grao aliviadas e repítense os mesmos movementos retrógrados e progresivos con respecto á felicidade.
The way in which these effects are produced seems to be this. We will suppose the means of subsistence in any country just equal to the easy support of its inhabitants. The constant effort towards population... increases the number of people before the means of subsistence are increased. The food therefore which before supported seven millions must now be divided among seven millions and a half or eight millions. The poor consequently must live much worse, and many of them be reduced to severe distress. The number of labourers also being above the proportion of the work in the market, the price of labour must tend toward a decrease, while the price of provisions would at the same time tend to rise. The labourer therefore must work harder to earn the same as he did before. During this season of distress, the discouragements to marriage, and the difficulty of rearing a family are so great that population is at a stand. In the mean time the cheapness of labour, the plenty of labourers, and the necessity of an increased industry amongst them, encourage cultivators to employ more labour upon their land, to turn up fresh soil, and to manure and improve more completely what is already in tillage, till ultimately the means of subsistence become in the same proportion to the population as at the period from which we set out. The situation of the labourer being then again tolerably comfortable, the restraints to population are in some degree loosened, and the same retrograde and progressive movements with respect to happiness are repeated.
Malthus T.R. 1798. An Essay on the Principle of Population. Capítulo II, p 19 in Oxford World's Classics reprint.

Malthus tamén coidaba que as sociedades a través da historia experimentaran nun momento ou outro epidemias, fames ou guerras: episodios que enmascaraban o problema fundamental de que as poboacións estiraban demasiado ao seus limitados recursos:

O poder da poboación é tan superior ao poder da terra de producir subsistencia para o home, que a morte prematura dun xeito ou outro visita a raza humana. Os vicios da humanidade son ministros activos e capaces da despoboación. Son os precursores do gran exército da destrución, e a miúdo acaban o terrible traballo eles mesmos. Pero se acaso fallaren nesta guerra de exterminio, tempadas enfermizas, epidemias, pestilencia e pragas avanzan en terrorífica formación, e varren a miles ou decenas de miles. En caso de que o seu éxito sexa incompleto, unha inevitable fame enorme avanza detrás e cun poderoso golpe nivela a poboación co alimento do mundo.
The power of population is so superior to the power of the earth to produce subsistence for man, that premature death must in some shape or other visit the human race. The vices of mankind are active and able ministers of depopulation. They are the precursors in the great army of destruction, and often finish the dreadful work themselves. But should they fail in this war of extermination, sickly seasons, epidemics, pestilence, and plague advance in terrific array, and sweep off their thousands and tens of thousands. Should success be still incomplete, gigantic inevitable famine stalks in the rear, and with one mighty blow levels the population with the food of the world.
Malthus T. R. 1798. An Essay on the Principle of Population. Capítulo VII, páxina 44[5]

O rápido incremento na poboación global do século anterior exemplifica os padróns de poboación preditos por Malthus; tamén parece describir as dinámicas sociodemográficas das sociedades preindustriais. Estes datos son a base dos modelos matemáticos modernos do neo-malthusianismo das dinámicas históricas a longo prazo.[6]

Solucións propostas[editar | editar a fonte]

Malthus argumentou que había dous tipos do que el chama checks (freos, trabas, obstáculos ou controis) que mantiñan a poboación dentro do límite dos recursos de que dispoñían: o primeiro, ou freo preventivo para baixar as taxas de natalidade e o segundo, ou freo positivo para favorecer unhas maiores taxas de mortalidade. Este segundo freo "contén un incremento que xa empezou" pero está "confinado principalmente, aínda que quizais non soamente, aos estratos máis baixos da sociedade". Os freos preventivos poderían implicar un control de natalidade, pospoñer o matrimonio e o celibato, mentres que os freos positivos poderían implicar a fame, as enfermidades e as guerras; .[7]

Malthus salientou a diferenza entre o benestar instituído polos gobernos e a benevolencia sostida privadamente e propuxo a abolición gradual das leis de pobres (poor laws inglesas). Esta abolición el pensaba estaría acompañada por unha mitigación das circunstancias nas que a xente necesitaría alivio e pola benevolencia caritativa sostida privadamente que apoiase a aqueles que sufrían privacións.[8] Razoou que o alivio aos pobres actuaba contra os intereses a longo prazo dos pobres ao elevar o prezo das mercadorías e socavar a independencia e resistencia dos campesiños.[Cómpre referencia] Noutras palabras, as leis de pobres tendían a "crear os pobres aos cales apoiaban."[9]

Malthus ofendíase porque os seus críticos afirmasen que carecía dunha actitude caritativa ante a situación dos pobres. Na edición de 1798 a súa preocupación polos pobres móstrrase en parágrafos como o seguinte:

Nada é tan común como oír sobre os estímulos que se deberían dar [ao aumento da] á poboación. Se a tendencia da humanidade a aumentar é tan grande como eu representei que é, pode parecer estraño que este incremento non se produza cando repetidamente se estimula. A verdadeira razón é que a demanda dunha maior poboación se fai sen preparar os fondos necesarios para sostela. Incrementa a demanda de traballo agrícola promovendo o cultivo e con iso consecuentemente incrementa a produción do país, e mellora as condicións do traballador, e sen [ter] ningún temor sobre o que necesita ser considerado sobre o incremento proporcional da poboación. Un intento de efectuar este propósito de calquera outro modo é vicioso, cruel e tiránico e en ningún estado de liberdade tolerable pode ter, por tanto, éxito.
Nothing is so common as to hear of encouragements that ought to be given to population. If the tendency of mankind to increase be so great as I have represented it to be, it may appear strange that this increase does not come when it is thus repeatedly called for. The true reason is, that the demand for a greater population is made without preparing the funds necessary to support it. Increase the demand for agricultural labour by promoting cultivation, and with it consequently increase the produce of the country, and ameliorate the condition of the labourer, and no apprehensions whatever need be entertained of the proportional increase of population. An attempt to effect this purpose in any other way is vicious, cruel, and tyrannical, and in any state of tolerable freedom cannot therefore succeed.

Nunha engádega á edición de 1817 escribiu:

Escribín un capítulo expresamente sobre a dirección práctica da nosa caridade; e en distintos parágrafos noutras partes rendín un xusto tributo á enxalzada virtude da benevolencia. Boamente apelo aos que lesen esas partes da miña obra e reparasen no ton xeral e espírito do conxunto, se eles son tolerablemente sinceros, contra estes cargos ... os cales dan a entender que arrancaría de raíz as virutdes da caridade e benevolencia sen consideración do enxalzamento que se lles outorgan na dignidade moral da nosa natureza...
I have written a chapter expressly on the practical direction of our charity; and in detached passages elsewhere have paid a just tribute to the exalted virtue of benevolence. To those who have read these parts of my work, and have attended to the general tone and spirit of the whole, I willingly appeal, if they are but tolerably candid, against these charges ... which intimate that I would root out the virtues of charity and benevolence without regard to the exaltation which they bestow on the moral dignity of our nature...[10]

Algúns, como William Farr[11] e Karl Marx,[12] aduciron que Malthus non recoñecía plenamente a capacidade humana de incrementar a produción de alimentos. Porén, sobre este asunto Malthus escribira: "A principal peculiaridade que distingue o home doutros animais, en canto aos medios para o seu sustento, é o poder que posúe de incrementar grandemente eses medios."[13]

Tamén comentou sobre a noción que posteriormente Francis Galton chamaría euxenesia, no que fala da selección dos cruzamentos na mellora dos animais e a súa improbable aplicación ao home:

Non parece... de ningún modo imposible que poñendo coidado nos cruzamentos, poderia ter lugar no home un certo grao de mellora, similar á que se dá entre os animais. Pode poñerse en dúbida se o intelecto podería ser transmitido; pero o tamaño, a beleza, a complexión e quizais a lonxevidade son en certo grao transmisibles... Como a raza humana non pode ser mellorada desta maneira sen condenar a todos os malos espécimes ao celibato, non é probable que unha elección dos cruzamentos se fixese algunha vez xeral.
It does not... by any means seem impossible that by an attention to breed, a certain degree of improvement, similar to that among animals, might take place among men. Whether intellect could be communicated may be a matter of doubt; but size, strength, beauty, complexion, and perhaps longevity are in a degree transmissible... As the human race, however, could not be improved in this way without condemning all the bad specimens to celibacy, it is not probable that an attention to breed should ever become general.
Malthus T.R. 1798. An Essay on the Principle of Population. Capítulo IX, páxina 72[5]

Sobre a relixión[editar | editar a fonte]

Como cristián e crego, Malthus tratou a cuestión de como un Deus omnipotente e bondadoso podía permitir os sufrimentos. Na primeira edición do seu Essay (1798) Malthus razoaba que a ameaza constante da pobreza e a fame servía para ensinar as virtudes do traballo duro e o comportamento virtuoso.[14] "Se a poboación e o alimento se incrementasen na mesma proporción é probable que o home nunca puidese ter saído do estado salvaxe",[15] escribiu, engadindo ademais que "o mal existe no mundo non para crear desesperación, senón actividade."[16]

Non obstante, aínda que a ameaza da pobreza podía entenderse que era un incentivo para motivar a laboriosidade humana, non era a vontade de Deus que o home sufrise. Malthus escribiu que a propia humanidade era a única culpable do sufrimento:

Creo que é a intrención do Creador que a terra se encha; pero certamente cunha poboación sa, virtuosa e feliz, non cunha enferma, viciosa e desgraciada. E se, co empeño en obedecer o mandato de crecer e multiplicarse,[17] a poboamos só con seres desta última descrición e sufrimos en consecuencia, non temos dereito a impugnar a xustiza do mandato, senón o noso modo irracional de executalo.
I believe that it is the intention of the Creator that the earth should be replenished; but certainly with a healthy, virtuous and happy population, not an unhealthy, vicious and miserable one. And if, in endeavouring to obey the command to increase and multiply,[17] we people it only with beings of this latter description and suffer accordingly, we have no right to impeach the justice of the command, but our irrational mode of executing it."[18]

Demografía, salarios e inflación[editar | editar a fonte]

Malthus escribiu sobre as relacións entre poboación, salarios reais e inflación. Cando a poboación de traballadores crece máis rápido que a produción de alimentos, os salarios reais caen porque o crecemeno da poboación causa que o custe da vida (é dicir, o custo dos alimentos) suba. As dificultades de criar unha familia finalmente reducen a taxa de crecemento da poboación, ata que a caída da poboación de novo leva a que haxa salarios reais máis altos:

Unha circunstancia que contribuíu, quizais máis que ningunha outra, a ocultar esta oscilación do punto de vista común, é a diferenza entre o prezo nominal e o real do traballo. Moi raramente ocorre que o prezo nominal do traballo caia universalmente; senón que sabemos que frecuentemente permanece igual, mentres que o prezo nominal das provisións foi subindo gradualmente. Isto, efectivamente, será xeralmente o caso, se o incremento das manufacturas e comercio é suficiente para empregar os novos traballadores que se introducen no mercado, e para impedir que o incremento de subministracións faga baixar o prezo do diñeiro. Mais un aumento do número de traballadores que reciben o mesmo salario monetario, necesariamente, pola competencia, incrementará o prezo monetario do millo. Isto é, de feito, unha baixada real do prezo do traballo; e, durante este período, as condicións das clases baixas da comunidade deben ir indo gradualmente a peor. Pero os donos de granxas e capitalistas están facéndose máis ricos pola barateza real do custo do traballo. Os seus crecentes capitais permítenlles empregar un maior número de homes; e, como a poboación probablemente sufriu algunha traba pola maior dificultade de soster unha familia, a demanda de traballo, despois dun certo período, sería maior en proporción ás subministracións, e o seu prezo por suposto aumentaría, se se lle deixa encontrar o seu nivel natural; e así os salarios do traballo, e en consecuencia as condicións das clases baixas da sociedade, poderían ter movementos progresivos e retrógrados, aínda que o prezo do traballo nunca caese nominalmente.[19]
A circumstance which has, perhaps, more than any other, contributed to conceal this oscillation from common view, is the difference between the nominal and real price of labour. It very rarely happens that the nominal price of labour universally falls; but we well know that it frequently remains the same, while the nominal price of provisions has been gradually rising. This, indeed, will generally be the case, if the increase of manufactures and commerce be sufficient to employ the new labourers that are thrown into the market, and to prevent the increased supply from lowering the money-price. But an increased number of labourers receiving the same money-wages will necessarily, by their competition, increase the money-price of corn. This is, in fact, a real fall in the price of labour; and, during this period, the condition of the lower classes of the community must be gradually growing worse. But the farmers and capitalists are growing rich from the real cheapness of labour. Their increasing capitals enable them to employ a greater number of men; and, as the population had probably suffered some check from the greater difficulty of supporting a family, the demand for labour, after a certain period, would be great in proportion to the supply, and its price would of course rise, if left to find its natural level; and thus the wages of labour, and consequently the condition of the lower classes of society, might have progressive and retrograde movements, though the price of labour might never nominally fall.[19]

Nas últimas edicións do seu ensaio Malthus aclarou esta idea de que se a sociedade depende da desgraza humana para limitar o crecemento da poboación, entón as fontes das desgrazas (por exemplo, fame, doenzas, e guerra, denominadas por Malthus "freos positivos sobre a poboación") aflixirían inevitablemente a sociedade, como tamén os ciclos económicos volátiles. Por outra parte, "os freos preventivos" da poboación que limitan as taxas de natalidade, como os matrimonios máis tardíos, poderían asegurar un alto nivel de vida para todos, á vez que incrementan a estabilidade económica.[20]

Edicións e versións[editar | editar a fonte]

  • 1798: An Essay on the Principle of Population, as it affects the future improvement of society with remarks on the speculations of Mr. Godwin, M. Condorcet, and other writers (Ensaio sobre o principio da poboación, como afecta a futura mellora da sociedade con comentarios sobre as especulacións do Sr. Godwin, M. Condorcet e outros escritores). Publicado anonimamente.
  • 1803: Segunda edición moi ampliada: An Essay on the Principle of Population; or, a view of its past and present effects on human happiness; with an enquiry into our prospects respecting the future removal or mitigation of the evils which it occasions (Ensaio sobre o principio da poboación; ou, unha visión dos seus efectos pasados e presentes na felicidade humana; cunha investigación sobre as nosas expectativas respecto da futura eliminación ou mitigación dos males os cales ocasiona). Autoría recoñecida.
  • 1806, 1807, 1817 e 1826: edicións 3–6, con cambios relativamente menores respecto da segunda edición.
  • 1823: Malthus contribuíu co artigo Population (Poboación) ao suplemento da Encyclopædia Britannica.
  • 1830: reimpresión dun longo extracto de Malthus do artigo de 1823 co título A summary view of the Principle of Population (Idea sumaria do principio da poboación).[21]

1ª edición[editar | editar a fonte]

O título completo da primeira edición do ensaio de Malthus era An Essay on the Principle of Population, as it affects the Future Improvement of Society with remarks on the Speculations of Mr. Godwin, M. Condorcet, and Other Writers. (Ensaio sobre o principio da poboación, como afecta a futura mellora da sociedade con comentarios sobre as especulacións do Sr. Godwin, M. Condorcet e outros escritores). As especulacións e os outros escritores de que fala explícanse máis abaixo.

Un dos mencionados no título é William Godwin, que publicou o seu traballo utópico Enquiry concerning Political Justice (Investigación sobre a xustiza política) en 1793, con edicións posteriores en 1796 e 1798. Ademais publicou Of Avarice and Profusion (Da avaricia e profusión) (1797). Os comentarios de Malthus sobre a obra de Godwin abranguen os capítulos 10 ao 15 (incluídos) dos dezanove do libro. Godwin respondeu coa obra Of Population (Sobre a poboación) (1820).

O Marqués de Condorcet publicara a súa visión utópica do progreso social e a perfectibilidade do home titulada Esquisse d'un Tableau Historique des Progres de l'Espirit Humain (Esbozo dun cadro histórico dos progresos do espírito humano) en 1794. Os comentarios de Malthus sobre a obra de Condorcet encóntranse nos capítulos 8 e 9.

O ensaio de Malthus era unha resposta a estas visións utópicas, como argumentou:

Esta desigualdade natural dos dous poderes, da poboación e da produción da terra, e esa gran lei da nosa natureza que debe constantemente manter os seus efectos iguais, constitúen a gran dificultade que me parece insuperable no camiño cara á perfectibilidade da sociedade.
This natural inequality of the two powers, of population, and of production of the earth, and that great law of our nature which must constantly keep their effects equal, form the great difficulty that appears to me insurmountable in the way to the perfectibility of society.

Entre os "outros escritores" que aos que se alude no título estaban Robert Wallace, Adam Smith, Richard Price e David Hume.

O propio Malthus afirmou:

Os únicos autores de cuxos escritos deducín o principio, que formou o principal argumento do Ensaio, foron Hume, Wallace, Adam Smith e o Dr. Price...
The only authors from whose writings I had deduced the principle, which formed the main argument of the Essay, were Hume, Wallace, Adam Smith, and Dr. Price...

Os capítulos 1 e 2 describen o principio da poboación de Malthus e a natureza desigual da subministración de alimentos respecto do crecemento da poboación. A natureza exponencial do crecemento da poboación coñécese hoxe como modelo de crecemento malthusiano. Este aspecto do principo da poboación de Malthus, xunto coa súa aseveración de que a dispoñibilidade de alimentos seguía un modelo de crecemento linear, permanecería sen cambios nas fuuras edicións dos seu ensaio. Nótese que Malthus en realidade usaba os termos progresión xeométrica e aritmética, respectivamente.

Considerando aceptados os meus postulados, afirmo que a capacidade de crecemento da poboación é infinitamente maior que a capacidade da terra para producir alimentos para o home. A poboación, se non encontra obstáculos, aumenta en progresión xeométrica. Os alimentos tan só aumentan en progresión aritmética. Basta con posuír as máis elementais nocións de números para poder apreciar a inmensa diferenza a favor da primeira destas dúas forzas.[22]

O capítulo 3 examina a invasión do Imperio Romano polos bárbaros, debido á presión da poboación. Discútese a guerra como forma de control do crecemento da poboación.

O capítulo 4 trata o estado actual de nacións civilizadas populosas (especialmente Europa). Malthus critica a David Hume por un "probable erro" nos seus "criterios que propón que axudan a estimar a poboación."

O capítulo 5 examina as leis de pobres de Pitt o Xove.

O capítulo 6 discute sobre o crecemento rápido das novas colonias, como as iniciais Trece colonias dos Estados Unidos de América.

O capítulo 7 examina formas de control da poboación como as pestes e a fame.

O capítulo 8 tamén examina o "probable erro" de Wallace "que a dificultade que orixina a poboación está a gran distancia."

Os capítulos 16 e 17 tratan sobre as causas da riqueza dos estados, incluíndo críticas a Adam Smith e Richard Price. A riqueza de Inglaterra compárase coa pobreza da China.

Os capítulos 18 e 19 presentan unha teodicea para explicar o problema do mal desde a teoloxía natural. Considera o mundo como "un poderoso proceso para o despertar da materia" no cal o Ser Supremo actuando "segundo leis xerais" creou as necesidades e desexos do corpo como "necesarios para crear o esforzo", o cal forma "a facultade de razoar". Neste sentido, o principio da poboación "tende máis que promove, en vez de impedir o propósito xeral da Providencia."

A 1ª edición influíu en escritores de libros de teoloxía natural como William Paley e Thomas Chalmers.

Edicións da 2ª á 6ª[editar | editar a fonte]

Despois de recibir tanto loanzas coma críticas polo seu ensaio, Malthus revisou os seus argumentos e recoñeceu outras influencias:[Cómpre referencia]

No curso desta investigación atopei que se fixera moito máis do que eu era consciente cando publiquei por primeira vez o Ensaio. A pobreza e desgrazas que se orixinan por un incremento demasiado rápido da poboación foran claramente vistos, e propuxéranse os remedios máis violentos, hai longo tempo desde Platón e Aristóteles. E nos últimos anos o asunto foi tratado en tal maneira por algúns economistas franceses; ocasionalmente por Montesquieu, e, entre os nosos propios escritores, polo Dr. Franklin, Sir James Stewart, o Sr. Arthur Young e o Sr. Townsend, como para xerar a sorpresa natural de que non tivese suscitado máis atención pública.
In the course of this enquiry I found that much more had been done than I had been aware of, when I first published the Essay. The poverty and misery arising from a too rapid increase of population had been distinctly seen, and the most violent remedies proposed, so long ago as the times of Plato and Aristotle. And of late years the subject has been treated in such a manner by some of the French Economists; occasionally by Montesquieu, and, among our own writers, by Dr. Franklin, Sir James Stewart, Mr. Arthur Young, and Mr. Townsend, as to create a natural surprise that it had not excited more of the public attention.

A 2ª edición, publicada en 1803 (e agora Malthus estaba claramente identificado como o autor), titulouse "An Essay on the Principle of Population; or, a View of its Past and Present Effects on Human Happiness; with an enquiry into our Prospects respecting the Future Removal or Mitigation of the Evils which it occasions" (Ensaio sobre o principio da poboación; ou, unha visión dos seus efectos pasados e presentes na felicidade humana; cunha investigación sobre as nosoas expectativas respecto da futura eliminación ou mitigación dos males os cales ocasiona).

Malthus advirte que a 2ª edición "pode considerarse como unha obra nova", e as seguintes edicións foron só pequenas revisións da 2ª edición. Estas publicáronse en 1806, 1807, 1817 e 1826.

Na súa forma presente pode considerarse unha obra nova, e probablemente debín publicala como tal, omitindo as poucas partes da anterior que conservei, pero que quixen que formase un conxunto por si mesma e non necesitase unha continua referencia á outra. Neste sentido confío en que non cómpre presentar ningunha desculpa aos compradores da primeira edición.
In its present shape it may be considered as a new work, and I should probably have published it as such, omitting the few parts of the former which I have retained, but that I wished it to form a whole of itself, and not to need a continual reference to the other. On this account I trust that no apology is necessary to the purchasers of the first edition.
T. Malthus. An Essay on the Principle of Population. [23]

Con diferenza o maior cambio foi a estruturación da obra nas edicións 2ª e 6ª, e as evidencias máis abondosas e detalladas que presentou Malthus, máis que en calquera libro previo sobre poboación. Esencialmente, por primeira vez, Malthus examinou o seu propio principio da poboación nas distintas poboacións mundiais rexión por rexión. O ensaio estaba organizado en catro libros:

  • Libro I – Of the Checks to Population in the Less Civilized Parts of the World and in Past Times (Dos obstáculos á poboación nas partes menos civilizadas do mundo en tempos pasados).
  • Libro II – Of the Checks To Population in the Different States of Modern Europe (Dos obstáculos á poboación en diferentes estados da Europa moderna).
  • Libro III – Of the different Systems or Expedients which have been proposed or have prevailed in Society, as They affect the Evils arising from the Principle of Population (Dos diferentes sistemas ou medios que prevaleceron na sociedade, que afectan aos males orixinados polo principio da poboación).
  • Libro IV – Of our future Prospects respecting the Removal or Mitigation of the Evils arising from the Principle of Population (Das nosas perspectivas futuras respecto á eliminación ou alivio dos males orixinados polo principio da poboación).

Debido en parte ao moi influente que foi a obra de Malthus, esta organización do libro considérase básica para establecer o campo da demografía entre as ciencias e mesmo se considera que el foi fundador ou pai desa ciencia.[24]

A seguinte cita polémica aparece na segunda edición:[Cómpre referencia]

Un home que nace nun mundo que xa ten dono, se non pode conseguir a subsistencia dos seus pais aos que el pode facer unha xusta demanda, e se a sociedade non quere o seu traballo, non pode reclamar o dereito á menor porción de alimento, e, de feito, non lle corresponde estar onde está. No poderoso festín da natureza non hai vacante para que el a cubra. Ela dille que se vaia e rapidamente executa as súas propias ordes, se el non desperta a compaixón dalgúns dos seus hóspedes. Se estes hóspedes se erguen e fan sitio para el, outros intrusos inmediatamente aparecerán demandando o mesmo favor. A noticia dunha provisión [alimentos] para todos os que veñan enche o salón con numerosos solicitantes. A orde e harmonía do festín é alterada e a plenitude que antes reinaba tórnase agora en escaseza; e a felicidade do hóspede é destruída polo espectáculo de miseria e dependencia en cada parte do salón, e pola clamorosa inoportunidade daqueles que están xustamente incomodados por non encontrar as provisións ás que lle ensinaron a esperar. Os hóspedes decátanse demasiado tarde do seu erro, ao contrarrestaren aquelas estritas ordes a todos os intrusos, dadas pola gran dona do festín, quen, desexando que todos os hóspedes teñan abundancia, e sabendo que ela non pode prover a un número ilimitado, humanamente rexeitou admitir os novos que chegan cando a súa mesa estaba xa chea.
A man who is born into a world already possessed, if he cannot get subsistence from his parents on whom he has a just demand, and if the society do not want his labour, has no claim of right to the smallest portion of food, and, in fact, has no business to be where he is. At nature's mighty feast there is no vacant cover for him. She tells him to be gone, and will quickly execute her own orders, if he does not work upon the compassion of some of her guests. If these guests get up and make room for him, other intruders immediately appear demanding the same favour. The report of a provision for all that come, fills the hall with numerous claimants. The order and harmony of the feast is disturbed, the plenty that before reigned is changed into scarcity; and the happiness of the guests is destroyed by the spectacle of misery and dependence in every part of the hall, and by the clamorous importunity of those, who are justly enraged at not finding the provision which they had been taught to expect. The guests learn too late their error, in counter-acting those strict orders to all intruders, issued by the great mistress of the feast, who, wishing that all guests should have plenty, and knowing she could not provide for unlimited numbers, humanely refused to admit fresh comers when her table was already full.

O ecoloxista Garrett Hardin afirma que a pasaxe precedente inspirou reaccións hostís de moitos críticos. A pasaxe ofensiva do ensaio de Malthus apareceu só na 2ª edición, xa que Malthus se sentiu obrigado a suprimila.[25]

Desde a 2ª edición en adiante (no Libro IV) Malthus avoga por unha restrición moral como un freo ou control adicional e voluntario da poboación. Isto inclúe medidas como a abstinencia sexual e os matrimonios máis tardíos.

Como sinalou o profesor Robert M. Young, Malthus retirou os seus capítulos sobre teoloxía natural desde a 2ª edición en adiante. Ademais, o ensaio converteuse nunha resposta menos persoal a Godwin e Condorcet.

A Summary View[editar | editar a fonte]

A Summary View on the Principle of Population (Idea sumaria sobre o principio da poboación) publicouse en 1830. O autor identificouse como Rev. T.R. Malthus, A.M., F.R.S.. Malthus escribiu este sumario ou resumo para aqueles que non tiveron o tempo necesario para ler o ensaio completo e, como dixo, "para corrixir algunhas das terxiversacións que foron ao estranxeiro respecto de dous ou tres dos puntos máis importantes do Ensaio".[26]

A Summary View acaba cunha defensa do pincipio da poboación contra a acusación de que "impugna a bondade da Deidade e é inconsistente coa letra e o espírito das escrituras".

Malthus morreu en 1834 deixando isto como a súa palabra final sobre o principio da poboación.

Outras obras que influíron en Malthus[editar | editar a fonte]

  • Observations Concerning the Increase of Mankind, Peopling of Countries, etc. (Observacións sobre o incremento da humanidade, poboamento dos países, etc.) (1751) de Benjamin Franklin (1706–1790)
  • Of the Populousness of Ancient Nations (Da populosidade das antigas nacións) (1752) – David Hume (1711–76)
  • A Dissertation on the Numbers of Mankind in Ancient and Modern Times (Unha disertación sobre o número de seres humanos en tempos antigos e modernos) (1753), Characteristics of the Present State of Great Britain (Características do estado actual de Gran Bretaña) (1758), e Various Prospects of Mankind, Nature and Providence (Varias perspectivas da humanidade, natureza e providencia) (1761) – Robert Wallace (1697–1771)
  • An enquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (Unha investigación sobre a natureza e as causas da riqueza das nacións) (1776) – Adam Smith (1723–90)
  • Essay on the Population of England from the Revolution to Present Time (Ensaio sobre a poboación de Inglatera desde a Revolución aos tempos presentes) (1780), Evidence for a Future Period in the State of Mankind, with the Means and Duty of Promoting it (Evidencias dun futuro período no estado da humanidade, cos medios e deber de promovelo) (1787) – Richard Price (1723–1791).

Recepción, críticas e legado do Essay[editar | editar a fonte]

Referencias persoais[editar | editar a fonte]

Malthus estivo suxeito a grandes críticas de tipo persoal. As persoas que non coñecían nada sobre a súa vida persoal criticábano tanto por non ter fillos coma por ter demasiados. En 1819, Shelley, reprendendo a Malthus como crego, chamouno "un eunuco e un tirano".[27] Marx repetiu a idea, engadindo que Malthus tomara os votos do celibato, e chamouno "superficial", "un plaxiador profesional", "o axente da aristocracia terratenente", "un avogado pagado" e "o principal inimigo do pobo".[28]

No século XX un editor da edición Everyman de Malthus afirmaba que Malthus practicaba o control da poboación enxendrando once nenas.[29] De feito, Malthus foi pai de dúas nenas e un neno. Garrett Hardin fixo un resumo deses comentarios persoais.[25]

Influencia temperá[editar | editar a fonte]

A posición que mantivo Malthus como profesor no Haileybury training college ata a súa morte en 1834, deulle ás súas teorías certa influencia sobre a administración británica na India.[30] Segundo Peterson, William Pitt o Xove (no cargo entre 1783 e 1801 e entre 1804 e 1806), ao ler o traballo de Malthus, retirou a lei que presentara que pedía unha ampliación do Alivio dos pobres. As preocupacións sobre a teoría de Malthus axudaron a promover no funcionario do goberno do Reino Unido John Rickman a idea da necesidade de realizar o primeiro censo moderno británico en 1801, baixo a administración de Pitt. Na década de 1830 os escritos de Malthus influíron fortemente as reformas dos Whig que anularon o paternalismo Tory e trouxeron a Lei de emenda da Lei de pobres de 1834.

Malthus convenceu a maioría dos economistas de que aínda que unha alta fertilidade podería incrementar o produto bruto, tendía a reducir o produto per capita. David Ricardo e Alfred Marshall admiraban a Malthus, e estiveron baixo a súa influencia. Entre os que se converteron temperanmente á súa teoría da poboación estaba William Paley. Malia a oposición de Malthus á contracepción, o seu traballo exerceu unha forte influencia sobre Francis Place (1771–1854), cuxo movemento neo-malthusiano se converteu no primeiro en avogar pola contracepción. Place publicou a súa obra Illustrations and Proofs of the Principles of Population (Ilustración e probas do principio da poboación) en 1822.[31]

Respostas iniciais á controversia malthusiana[editar | editar a fonte]

William Godwin analizou as críticas de Malthus dos seus propios argumentos no seu libro Of Population (Da poboación) (1820).[32] Outras críticas teóricas e políticas de Malthus e o pensamento malthusiano apareceron pouco despois da publicación do primeiro Essay, especialmente na obra de Robert Owen, na do ensaísta William Hazlitt (1807)[33] e na do economista Nassau William Senior,[34] e do moralista William Cobbett. O libro True Law of Population (Verdadeira lei da pobaoción) (1845) do político Thomas Doubleday, un partidario das ideas de Cobbett, tamén as criticaba.

John Stuart Mill defendeu con enerxía as ideas de Malthus na súa obra de 1848 Principles of Political Economy (Principios de ecnomía política) (Libro II, capítulos 11–13). Mill consideraba superficiais as críticas que se lle fixeran ata entón a Malthus.

O economista americano Henry Charles Carey rexeitou os argumantos de Malthus na súa magna obra de 1858–59, The Principles of Social Science (Os principios da ciencia social). Carey maintiña que a única situación nan cal os medios de subsistencia determinan o crecemento da pobaoción é aquela na que unha determinada sociecdade non está introducindo novas tecnoloxías ou non está adoptando unha política gobernamental previsora, e que a poboación se regula por si mesma en todas as sociedades ben gobernadas, pero a súa presión sobre a subsistencia caracteriza os estados primitivos da civilización.

Oposición marxista[editar | editar a fonte]

Outra fronte de oposición ás ideas de Malthus empezou na metade do século XIX cos escritos de Friedrich Engels (Outlines of a Critique of Political Economy, Perfís dunha crítica da economía política, 1844) e de Karl Marx (Das Kapital, O Capital, 1867). Engels e Marx argumentaron que o que Malthus vía como o problema da presión da poboación sobre os medios de produción en realidade representaba a presión dos medios de produción sobre a poboación. Consideraban o asunto desde o seu concepto de exército de reserva de man de obra. Noutras palabras, o aparente exceso de poboación que Malthus atribuía á aparentemente innata disposición dos pobres a reproducirse máis alá dos seus medios en realidade orixinábase como un produto da moi dinámica economía capitalista.

Engels chamou á hipótese de Malthus "a teoría máis crúa e bárbara que nunca teña existido, un sistema de desesperación que derruba todas aquelas bonitas frases sobre amor aos teus semellantes e a cidadanía do mundo".[35] Engels tamén predixo[35] que a ciencia resolvería o problema da subministración de suficiente alimento.

Na tradición marxista, Lenin criticou duramente a teoría malthusiana e a súa versión neo-malthusiana,[36] chamándoa "doutrina reaccionaria" e "un intento por parte de ideólogos da burguesía de exonerar o capitalismo e probar a inevitabilidade da privación e a miseria das clases traballadoras baixo calquera sistema social".

Ademais, moitos filósofos rusos de antes da Revolución non podían aplicar facilmente a teoría da poboación de Malthus á realidade da sociedade rusa na década de 1840. En Inglaterra, onde vivía Malthus, a poboación estaba incrementándose rapidamente pero as terras aptas para a agricultura eran limitadas. Rusia, ao contrario, tiña grandes extensións de tera con potencial agrícola e unha pobaoción relativamente espallada. É posible que esta discrepancia entre as realidades de Rusia e Inglaterra contribuíse a que os pensadores rusos rexeitasen as ideas do Essay de Malthus.[37] Outra diferenza que contribuíu á confusión e finalmente ao rexeitamento dos argumento de Malthus en Rusia foi que a súa base cultural era o capitalismo inglés.[37] Este contraste político axuda a explicar por que se tardou en Rusia vinte anos en publicar unha revisión da obra e cincuenta anos en traducir o ensaio de Malthus.[37]

Respostas posteriores[editar | editar a fonte]

No século XX, algúns consideraban a Malthus un profeta errado da fatalidade incluíndo un editor da revistga Nature, John Maddox.[38]

O economista Julian Lincoln Simon criticou as conclusións de Malthus.[39] Sinalou que malia as predicións de Malthus e do neo-malthusianismo, o crecemento masivo en progresión xeométrica da poboación no século XX non tivo como resultado unha catástrofe malthusiana. Identificáronse moitos factores que contribuíron a iso: mellora xeral nos métodos agrícolas (agricultura industrial), mecanización do traballo (tractores e colleitadoras), a introdución de variedades de alto rendemento de trigo e outras plantas (Revolución verde), ou o uso de pesticidas para o control das pragas agrícolas.[40]

O escéptico do ecoloxismo Bjørn Lomborg presentou datos para argumentar que o medio ambiente en realidade mellorou,[41] e que as calorías producidas por día per capita aumentaron globalmente un 23% entre 1960 e 2000, a pesar de que se duplicou a poboación mundial nese período.[42]

Desde o ángulo oposto, o economista rumanoamericano Nicholas Georgescu-Roegen, un dos pais da economía e un fundador da economía ecolóxica, argumentou que Malthus era demasiado optimista, xa que non soubo recoñecer ningún límite superior ao crecemento da pobaoción, soamente que o incremento xeométrico na cantidade de seres humanos é ocasionalmente ralentizado (freado) polo incremento aritmético na produción agrícola, segundo o modelo de crecemento simple de Malthus; pero existe realmente un límite máximo á poboación, xa que a cantidade total de terra agrícola (actualmente en uso ou potencial) na Terra é finita, segundo sinala Georgescu-Roegen.[43]:366–369 Georgescu-Roegen ademais indica que o incremento no mundo industrializado da produtividade agrícola desde os tempos de Malthus orixinouse por unha mecanización que substituíu cunha fonte de input máis escasa o input máis abundante da radiación solar: a maquinaria agrícola, os fertilizantes e os pesticidas dependen todos para funcionar de fontes minerais, facendo a agricultura moderna (e o sistema de procesamento dos alimentos industrializado e os sistemas de distribución que leva asociados) case tan dependente das reservas minerais da Terra coma o foi o propio sector industrial. Georgescu-Roegen advirte que esta situación é a principal razón pola que a capacidade de carga da Terra (é dicir, a capacidade da Terra de sustentar a vida das pobaocións humanas e os seus niveis de consumo) vai decrecer nalgún momento do futuro a media que se consuman as reservas finitas de minerais da Terra ao ritmo en que son actualmente extraídas e usadas.[44]:303 O asesor político Jeremy Rifkin e o economista ecolóxico Herman Daly, dous estudantes de Georgescu-Roegen, formularon similares preocupacións neo-malthusianas sobre os inconvenientes a longo prazo da agricultura mecanizada moderna.[45]:136–140 [46]:10f

O antropólogo Eric Ross describe a obra de Malthus como unha racionalización das inxustizas sociais producidas pola Revolución industrial, os movementos antiinmigración, o movemento euxenésico[Cómpre clarificar] e varios movementos de desenvolvemento internacional.[47]

Teoría social[editar | editar a fonte]

Malia o uso do termo "catástrofe malthusiana" por detractores como o economista Julian Simon (1932–1998), o propio Malthus non deixou escrito que a humanidade se enfrontase a unha futura catástrofe inevitable. Máis ben ofreceu unha teoría social evolutiva da dinámica das pobaocións que levaba actuando establemente durante toda a historia previa.[48] No seu Essay de 1798 menciónanse oito puntos principais que afectan á dinámica da poboación:

  1. A subsistencia limita gravemente o nivel de poboación.
  2. Cando os medios de subsistencia se incrementan, a poboación increméntase.
  3. A presión da poboación estimula o incremento da produtividade.
  4. O incremento da produtividade estimula que creza máis a poboación.
  5. Como o incremento de produtividade non pode manter a velocidade potencial de crecemento da poboación, a poboación necesita estar sometida a fortes trabas ou controis que manteñan a paridade co que hoxe chamariamos capacidade de carga.
  6. As decisións de custo/beneficio individuais sobre o sexo, traballo e fillos determinan a expansión ou contracción das poboacións e da produción.
  7. Os controis entran en funcionamento cando a poboación excede o nivel de subsistencia.
  8. A natureza destes controis terá un efecto significativo sobre o sistema sociocultural m´qais amplo (Malthus sinala especificamente as desgrazas, vicios e pobreza).

A teoría social malthusiana influíu na idea de Herbert Spencer da supervivencia dos máis aptos,[49] e a moderna teoría social ecolóxica-evolutiva de Gerhard Lenski e Marvin Harris.[50] As ideas malthusianas contibuíron, pois, ao canon da teoría socioeconómica.

O primeiro Director Xeral da UNESCO, Julian Huxley, escribiu do The crowded world (O mundo ateigado) no seu Evolutionary Humanism (Humanismo evolutivo, 1964),[51] solicitando unha política de poboación a nivel mundial. Huxley criticou abertamente as actitudes de comunistas e católicos ante o control da natalidade, o control da poboación e a superpoboación.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Charles Darwin e Alfred Russel Wallace leron e recoñeceron o papel de Malthus no desenvolvemento das súas propias ideas. Darwin referiuse a Malthus como "ese gran filósofo",[52] e dixo na súa obra A orixe das especies: "Esta é a doutrina de Malthus, aplicada cunha forza múltiple aos reinos animal e vexetal, pois neste caso non podería haber un incremento artificial dos alimentos e ningunha restrición prudente do matrimonio".[53]

Darwin tamén escribiu:

En outubro de 1838 ... Lin casualmente para entreterme a Malthus sobre Population ... decateime enseguida que baixo estas circunstancias favorables as variacións tenderían a ser preservadas, e as desfavorables a ser destruídas. O resultado disto sería a formación de novas especies.
In October 1838 ... I happened to read for amusement Malthus on Population ... it at once struck me that under these circumstances favourable variations would tend to be preserved, and unfavourable ones to be destroyed. The result of this would be the formation of new species.
Barlow, Nora 1958. The autobiography of Charles Darwin. p. 128

Wallace afirmou:

Pero quizais o libro máis importante que lin foi Principios da poboación de Malthus ... Foi a primeira grande obra que lin que tratase os problemas da bioloxía filosófica, e os seus principios fundamentais conserveinos comigo como unha posesión permanente, e vinte anos despois déronme a pista longo tempo buscada do axente efectivo na evolución das especies orgánicas.
But perhaps the most important book I read was Malthus's Principles of Population ... It was the first great work I had yet read treating of any of the problems of philosophical biology, and its main principles remained with me as a permanent possession, and twenty years later gave me the long-sought clue to the effective agent in the evolution of organic species.
Wallace, Alfred Russel 1908. My life: a record of events and opinions.[54]

Ronald Fisher fixo comentarios escépticos sobre o papel do malthusianismo como base dunha teoría da selección natural.[55] Fisher salientou o papel da fecundidade (taxa reprodutiva), en vez de asumir que as condicións reais non reducirían os nacementos futuros.[56]

John Maynard Smith dubidaba que a fame funcionase como un gran nivelador, como retrataba Malthus, pero tamén aceptaba as premisas básicas:

As poboacións non poden incrementarse xeometricamente por sempre. Máis tarde ou máis cedo unha escaseza de recursos debe facer que ese incremento se deteña.

Últimos paralelismos[editar | editar a fonte]

Escritores que presentaron ideas que ían en paralelo coas de Malthus foron: Paul R. Ehrlich, que escribiu varios libros predicindo a fame como resultado do incremento da poboación: The Population Bomb (A bomba pobaocional, 1968); Population, resources, environment: issues in human ecology (Poboación, recursos, medio ambiente: problemas na ecoloxía humana, 1970, con Anne Ehrlich); The end of affluence (O final da abundancia, 1974, con Anne Ehrlich); The population explosion (A explosión da pobaoción, 1990, con Anne Ehrlich). A finais da década de 1960 Ehrlich predixo que centos de millóns de persoas morrerían por unha crise de sobrepoboación que estaba por vir na década de 1970. Outros exemplos de traballos que foron acusados de "malthusianismo" son o libro de 1972 The Limits to Growth (Os límites do crecemento, publicado polo Club de Roma) e o Global 2000 informe ao entón Presidente dos Estados Unidos Jimmy Carter. Isaac Asimov tamén escribiu moitos ensaios sobre temas relacionados coa sobrepoboación.[1]

O economista ecolóxico Herman Daly recoñeceu a influencia de Malthus no seu propio traballo sobre economía en estado estacionario.[46]:xvi

Outros eruditos ligaron máis a pobaoción e a economía a unha terceira variable, o cambio político e a violencia política, e para mostrar como interaccionan as variables. Na década de 1980, Jack Goldstone ligou as variables da poboación á Revolución inglesa de 1640–1660[Cómpre referencia] e David Lempert concibiu un modelo de demografía, economía e cambio político no país multiétnico de Mauricio. Goldstone desde entón modelou outras posibles revolucións examinando datos de demografía e economía [Cómpre referencia] e Lempert explicou as grandes purgas de Stalin na Revolución rusa de 1917 en canto a factores demográficos que impulsaron a política económica. Ted Robert Gurr tamén modelou a violencia política, como nos territorios palestinos e en Ruanda/Congo (dúas das rexións do mundo que máis rapidamente están aumentando a poboación) usando variables similares en varios casos comparativos. Estes enfoques suxiren que a ideoloxía política segue os cambios demográficos.

O profesor de Física Albert Allen Bartlett deu unhas 1500 conferencias sobre "Arithmetic, Population, and Energy" (Aritmética, poboación e enerxía), promovendo un modo de vida sustentable e explicando as matemáticas da superpobaoción.

Malthus é referenciado directamene polo autor de ficción científica K. Eric Drexler en Engines of Creation (Motores da Creación, 1986): "En certo sentido o espazo aberto fará saltar os nosos límites de crecemento, xa que non coñecemos que o Universo teña fin. Non obstante, Malthus estaba esencialmente no certo."

O modelo de crecemento poboacional que presentou Malthus leva hoxe o seu nome, modelo de crecemento malthusiano. A función loxística de Pierre François Verhulst (1804–1849) orixina unha curva en S. Verhulst desenvolveu o modelo de crecemento loxístico preferido por moitos críticos do modelo de crecemento malthusiano en 1838 pouco despois de ler o ensaio de Malthus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. An Essay on the Principle of Population As It Affects the Future Improvement of Society, with Remarks on the Speculations of Mr. Goodwin, M. Condorcet and Other Writers (1 ed.). London: J. Johnson in St Paul's Church-yard. 1798. Consultado o 20 June 2015.  via Internet Archive
  2. 2,0 2,1 "Malthus’ Principle of Population". BRIA 26 2 The Debate Over World Population: Was Malthus Right? 26. Constitutional Rights Foundation (CRF). Winter 2010. Consultado o 2016-04-07. 
  3. A cuarta edición apareceu en 1807 en dous volumes. Ver Malthus, Thomas Robert (1807). An Essay on the Principle of Population, or a View of Its Past and Present Effects on Human Happiness, with An Enquiry into Our Prospects Respecting the Future Removal or Mitigation of the Evils Which It Occasions I (Fourth ed.). London: J. Johnson. , volume II de Google Books
  4. p. 18 na reimpresión de Oxford World's Classics; p. 29 no texto orixinal en Wikisource-logo.svg Wikisource
  5. 5,0 5,1 Oxford World's Classics reprint
  6. Ver, por exemplo, Peter Turchin 2003; Turchin and Korotayev 2006 Arquivado 29 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.; Peter Turchin et al. 2007; Korotayev et al. 2006.
  7. Geoffrey Gilbert, introduction to Malthus T.R. 1798. An Essay on the Principle of Population. Oxford World's Classics reprint. viii
  8. Malthus T.R. 1798. An Essay on the Principle of Population. Chapter V, pp 39–45, in Oxford World's Classics reprint.
  9. Esta é a idea de que facendo o que parece ser bo, podes facer dano. As consecuencias inesperadas xogan un papel principal no pensamento económico; ver a man invisible e a traxedia dos comúns.
  10. p607, cited in http://www.naf.org.au/roberts.rtf Arquivado 22 de marzo de 2012 en Wayback Machine..
  11. Eyler, John M (1979). Victorian Social Medicine: the ideas and methods of William Farr. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-2246-9. 
  12. R. L. Meek, ed. (1953). Marx and Engels on Malthus. London: Lawrence & Wishart. 
  13. Quoted in Tellegen, Egbert; Wolsink, Maarten (1998). Society and Its Environment: An Introduction. Routledge. p. 16. ISBN 978-90-5699-125-8. Consultado o 2010-02-12. Malthus, 1976, p.225 
  14. Bowler, Peter J. (2003). Evolution: the history of an idea. Berkeley: University of California Press. pp. 104–105. ISBN 978-0-520-23693-6. 
  15. Malthus, Thomas (1959). Population: The First Essay. University of Michigan Press. p. 127. ISBN 978-0-472-06031-3. 
  16. Malthus T.R. 1798. An Essay on the Principle of Population. Oxford World's Classics reprint. p 158 Similarmente, Malthus cría que "a infinita variedade da natureza...está admirablemente adaptada a promover o alto propósito da creación e a producir a maior cantidade posible de bondades." Malthus, An Essay on the Principle of Population, 1ª ed., publicada anonimamente, (St. Paul's Churchyard, London: J. Johnson, 1798), p. 73.
  17. 17,0 17,1 Genesis I:28
  18. Malthus T.R. 1826. An Essay on the Principle of Population, Sixth Edition, App.I.6.
  19. 19,0 19,1 Essay (1798), Chap. IV. Accessed from http://oll.libertyfund.org/title/1945 on 2010-02-13
  20. Essay (1826), I:2. See also A:1:17
  21. data de Malthus T.R. 1798. An Essay on the Principle of Population. Oxford World's Classics reprint: xxix Chronology.
  22. Primer ensayo sobre la población (traducción de Patricio de Azcárate Diz), Alianza Editorial, 2000, ISBN 84-206-3984-2. -Con magnífico prólogo de John Maynard Keynes Robert Malthus: El primer economista de Cambridge, (The First of The Cambridge Economists 1933, publicado en Essays in Biography, 1933)-.
  23. Darwin Online, Malthus, Thomas. 1826. An essay on the principle of population 6th edition. London: John Murray. Volume 1, Volume 2, acceso libre online, texto no que se poden facer buscas e con vistas en pdf de cada páxina.
  24. Winch, Donald (2003). "Malthus, Thomas Robert". Novelguide.com. Macmillan Reference USA. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 2008-07-31. Nesa etapa, Malthus non acadara aínda o nivel de análise que o levaría máis tarde a ser chamado o pai fundador da moderna demografía. 
  25. 25,0 25,1 Hardin, Garrett (Spring 1998). "The Feast of Malthus". The Social Contract. The Social Contract Press. Consultado o 2015-01-10. 
  26. Thomas Robert Malthus, George Thomas Bettany, "A Summary View on the Principle of Population, p 36". Orixinal: "to correct some of the misrepresentations which have gone abroad respecting two or three of the most important points of the Essay".
  27. Percy B. Shelley: "A philosophical view of reform." In The Complete Works of Percy Bysshe Shelley. London: Gordian, 1829. (vol. 7, p. 32)
  28. Dupaquier J. (ed). 1983. Malthus past and present. New York: Academic Press. p. 258
  29. Fogarty, Michael P. 1958. Introduction to Malthus, Essay on the Principle of Population. Dent, London. vi
  30. Petersen, William. 1979. Malthus. Heinemann, London. 2nd ed 1999. p 32
  31. Petersen, William. 1979. Malthus. Heinemann, London. 2nd ed 1999. Chapter 9: Fertility
  32. Godwin, William (1820). Of Population: An Enquiry Concerning the Power of Increase in the Numbers of Mankind, Being an Answer to Mr. Malthus's Essay on That Subject. Longman, Hurst, Rees, Orme and Brown. p. 648. Consultado o 2010-03-29. 
  33. A Reply to the Essay on Population, by the Rev. T. R. Malthus. Para un extracto comentado ver: Malthus And The Liberties Of The Poor, 1807
  34. Two Lectures on Population, 1829
  35. 35,0 35,1 Engels, Friedrich, "Outlines of a Critique of Political Economy", original in DEUTSCHFRANZÖSISCHE JAHRBÜCHER, Primeiro (e único) número, Febreiro de 1844, reimpreso en Meek (1971)
  36. See V. I. Lenin: "The Working Class and NeoMalthusianism" en Pravda No. 137, 16 de xuño de 1913; ver tamén "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2012. Consultado o 2013-06-14. 
  37. 37,0 37,1 37,2 Todes, Daniel P. (1987). "Darwin's Malthusian Metaphor and Russian Evolutionary Thought, 1859-1917". Isis 78 (4): 537–551. JSTOR 231917. PMID 3329160. doi:10.1086/354551. 
  38. Maddox, John 1972. The Doomsday Syndrome: an assault on pessimism.
  39. Simon J.L. 1981. The ultimate resource; and 1992 The ultimate resource II.
  40. Antony Trewavas: "Malthus foiled again and again", en Nature 418, 668–670 (8 August 2002), consultado o 28 de decembro de 2008
  41. Lomborg, Bjorn. 2001. The Skeptical Environmentalist. Cambridge UP, London. Chapter 5 Food and hunger, pp60–69; and note also Part III: "Can human prosperity continue?" pp91–160.
  42. Graph in Lomborg 2001 p61; data from United Nations Food and Agriculture Organization database http://apps.fao.org/ Arquivado 11 de setembro de 2002 na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos
  43. Georgescu-Roegen, Nicholas (1975). "Energy and Economic Myths" (PDF). Southern Economic Journal (Tennessee: Southern Economic Association) 41 (3): 347–381. JSTOR 1056148. doi:10.2307/1056148. 
  44. Georgescu-Roegen, Nicholas (1971). The Entropy Law and the Economic Process. (Full book accessible in three parts at SlideShare). Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. ISBN 978-0674257801. Consultado o 2 September 2016. 
  45. Rifkin, Jeremy (1980). Entropy: A New World View. (PDF). New York: The Viking Press. ISBN 978-0670297177. Arquivado dende o orixinal (PDF contains only the title and contents pages of the book) o 18 de outubro de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  46. 46,0 46,1 Daly, Herman E. (1992). Steady-state economics (2nd ed.). London: Earthscan Publications. 
  47. Ross, Eric B. 1998. The Malthus factor: population, poverty, and politics in capitalist development. Zed Books, London, 1998. ISBN 1-85649-564-7
  48. Ver Elwell (2001) para unha exposición máis ampla
  49. Spencer, Herbert 1864. Principles of Biology, vol. 1, p 444
  50. Lenski, Gerhard. Ecological-evolutionary theory: Principles and applications. Routledge, 2015
  51. J. S. Huxley Evolutionary Humanism
  52. Letter to J.D. Hooker, 5 June 1860
  53. Darwin, Charles 1859. On the origin of species by means of natural selection. Murray, London. p. 63
  54. New edition, condensed and revised. Chapman & Hall, London.
  55. Citado en: Sober, Elliott (1993). The Nature of Selection: Evolutionary Theory in Philosophical focus. Bradford books. University of Chicago Press. pp. 194–195 of 383. ISBN 978-0-226-76748-2. Consultado o 2010-03-29. O malthusianismo non é propiamente o punto de partida da teoría da selección natural por razóns aclaradas abundantemente por Fisher (1930, pp. 46–47). ... Fisher denomina o malthusianismo unha consecuencia, non un fundamento, da teoría da selección natural. 
  56. Citado en: Sober, Elliott (1993). The Nature of Selection: Evolutionary Theory in Philosophical focus. Bradford books. University of Chicago Press. p. 194. ISBN 978-0-226-76748-2. Consultado o 2010-03-29. Hai algo similar a unha reliquia da filosofía creacionista ao argumentar a partir da observación, digamos por exemplo, que un bacallau desova un millon de ovos, e que por tanto a súa descendencia está sometida a Selección Natural; e ten a desvantaxe de excluír a fecundidade da clase de características das cales podemos intentar apreciar a aptitude... (Orixinal: There is something like a relic of creationist philosophy in arguing from the observation, let us say, that a cod spawns a million eggs, that therefore its offspring are subject to Natural Selection; and it has the disadvantage of excluding fecundity from the class of characteristics of which we may attempt to appreciate the aptitude....) 
Fontes

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]