William Godwin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1756 Wisbech, Reino Unido (pt) |
Morte | 7 de abril de 1836 (80 anos) Londres, Reino Unido |
Lugar de sepultura | St Pancras Old Church, Camden (en) |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Campo de traballo | Anarquismo filosófico (pt) e filosofía política |
Ocupación | escritor, filósofo, xornalista, novelista, filósofo político, escritor de ciencia ficción |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Jane Godwin (1801–valor descoñecido) Mary Wollstonecraft (1797–) |
Fillos | Mary Shelley () Mary Wollstonecraft Claire Clairmont () Sir John Lethbridge, 1st BaronetMary Jane Godwin William Godwin the Younger () Mary Jane Godwin |
Pais | John Godwin e unknown Hull |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Годвин Уильям) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
William Godwin, nado o 3 de marzo de 1756 e finado o 7 de abril de 1836, fillo dun pastor disidente, foi un escritor político e polígrafo británico, considerado como un dos máis importantes precursores das escolas anarquista e utilitarista. Foi tamén célebre polas mulleres da súa vida. Casado con Mary Wollstonecraft, escritora feminista, en 1797, tiveran unha filla, Mary Wollstonecraft Godwin, máis coñecida como Mary Shelley, que escribiu Frankenstein ou o moderno Prometeo, e foi esposa do poeta Percy Shelley.
Godwin volveuse recoñecido decontado co libro The Inquiry concerning Political Justice, and its influence on General Virtue and Happiness (1793), citado con frecuencia abreviadamente como Political Justice (Xustiza Política), obra en dous volumes, que acadou varias edicións ata mediados do XIX, en pleno fervor revolucionario. Malthus escribe o seu Ensaio sobre o principio da poboación (1798) como resposta a Godwin. O autor efectúa unha corrosiva crítica da sociedade, baseada en tres principios:
- O ser humano depende totalmente da organización social, mal elaborada, que o corrompe. Ninguén é responsábel total dos seus actos, en consecuencia.
- Debe respectarse a liberdade. A lei e o Estado son negativos porque se apoian na opresión e a violencia. Polo tanto o individuo non lle debe nada á sociedade. Só a razón e o sentido común poden guiar os actos persoais a prol do benestar xeral. Só en pequenas comunidades se poderá cumprir ese ideal, conducente á xustiza política.
- A propiedade ha de ser destruída como fonte de desigualdade e egoísmo, que impide o desenvolvemento da xustiza política. A pobreza fai do home un escravo.
Godwin preludia os principios do anarquismo, mais só indica vías pacíficas, baseadas na razón e no saber, para a instauración da nova sociedade.
Obras (selección)
[editar | editar a fonte]- 1793 : The Inquiry concerning Political Justice, and its influence on General Virtue and Happiness (Investigación sobre a xustiza política e a súa influencia na virtude e a felicidade xeral)
- 1794 : Things as They Are, or The Adventures of Caleb Williams (As cousas tal como son, ou As aventuras de Caleb Williams), novela
- 1799 : St.Leon, a Tale of the Sixteenth Century (San León, ou Un conto do século dezaseis), novela
- 1805 : Fleetwood, or The New Man of Feeling, novela
- 1817 : Mandeville, a Tale of the Times of Cromwell (Mandeville, ou Un conto dos tempos de Cromwell), novela
- 1820 : On population (Sobre a poboación), ensaio
- 1824 - 1828 : History of the Commonwealth of England from its commencement to its restoration