Marvin Harris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marvin Harris
MarvinHarris.jpg
Nacemento 18 de agosto de 1927
  Nova York
Falecemento 25 de outubro de 2001
  Gainesville
Nacionalidade Estados Unidos de América
Alma máter Universidade de Columbia
Ocupación antropólogo, catedrático de universidade e sociólogo
editar datos en Wikidata ]

Marvin Harris, nado en Brooklyn o 18 de agosto de 1927 e finado en Gainesville o 25 de outubro de 2001 foi un antropólogo estadounidense, creador do materialismo cultural e coñecido polas súas obras de divulgación da antropoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor de departamento de antropoloxía da Universidade de Columbia, en 1981 trasladouse á Universidade de Florida.

Marvin Harris é creador da estratexia de investigación coñecida como materialismo cultural. No seu traballo baseouse en gran medida nas teorías de Thomas Malthus e Karl Marx, combinando as ideas de Malthus sobre a influencia do crecemento da poboación na formación de institucións sociais coas de Marx en torno ao efecto dos medios de produción no mesmo sentido. Considerou estes factores demográficos e produtivos, ao que denominou infraestrutura, como elementos chave na determinación da estrutura social e cultura das sociedades.

Ao longo da súa vida tivo firmes partidarios e críticos implacábeis.[Cómpre referencia] É un dos persoeiros da antropoloxía de finais do século XX.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Cows, Pigs, Wars and Witches: The Riddles of Culture, 1975.
  • Cannibals and Kings: The Origins of Cultures, 1977.
  • Cultural Materialism: the Struggle for a Science of Culture, 1979.
  • America Now: The Anthropology of a Changing Culture, 1981
  • The Sacred Cow and the Abominable Pig, 1985.
  • Food and Evolution: Towards a Theory of Human Food Habits, 1987.
  • Our Kind: who we are, where we came from, where we are going, 1990.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]