Afonso Soarez Sarraça

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAfonso Soarez Sarraça
Biografía
NacementoReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galego-portuguesa Editar o valor em Wikidata

Afonso Soarez Sarraça ou Sança foi trobador galego do século XIII.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Foi un cabaleiro fillo de Soeyro Ayras de Fornelos e María Afonso (filla bastarda do rei Afonso IX). A súa familia estaba establecida en Cerdedo de Montes, cerca do mosteiro de Oseira co que se lle relaciona. Participou na reconquista de Sevilla xunto co seu irmán Pero Soarez. Casou con Teresa Anes de Deza e tivo dous fillos.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Tan só se conserva unha cantiga de escarnio e maldicir a Teresa López de Ulloa esposa do tamén trobador Fernan Paez de Talamancos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-05-12. 
  2. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-12. 
  3. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-12.