O aeroporto internacional José María Córdova(IATA: MDE,OACI: SKRG) é o segundo aeroporto máis grande de Colombia despois do aeroporto El Dorado de Bogotá en termos de infraestrutura e servizos. Está situado na cidade de Rionegro, a 45 minutos de Medellín.
Dende a súa inauguración en 1985 ata o ano 1990 a terminal tivo un gran movemento de carga e pasaxeiros, en gran parte debido ao peche do aeroporto Olaya Herrera, situado no centro de Medellín, durante ese tempo. Cando volveu abrir, o seu tráfico reduciuse. Porén, dende o ano 1993 o tráfico incrementouse a un ritmo estable e tamén houbo un aumento no número de aeroliñas que operan no aeroporto, como American Airlines, LATAM, TACA ou Aerogal.