Saltar ao contido

Eastern Air Lines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eastern Air Lines
IATA
EA
OACI
EAL
Indicativo
EASTERN
Fundación1926 (como Pitcairn Aviation)
Inicio das operacións18 de xaneiro de 1991
Plan de voo frecuenteOnePass
Frota304
Destinos140
HoldingEastern Air Lines, Inc. (Texas Air Corporation)

Eastern Air Lines foi unha gran aeroliña estadounidense que operou dende 1926 ata 1991. Antes da súa disolución tiña a súa sede no Aeroporto Internacional de Miami, nunha área non incorporada do condado de Miami-Dade, en Florida.[1]

Eastern foi unha das "catro grandes" aeroliñas domésticas creadas polas conferencias Spoils de 1930, e foi dirixida polo as de voo da primeira guerra mundial Eddie Rickenbacker nos seus primeiros anos. Tivo case un monopolio na ruta entre Nova York e Florida dende os anos 30 ata os 50, e dominou este mercado nas décadas seguintes. Conflitos laborais e grandes débedas afectaron á copañía a finais dos 70 e principios dos 80 baixo a dirección do antigo astronauta Frank Borman. Frank Lorenzo mercou Eastern en 1985 e pasou moitos dos seus activos ás súas outras aeroliñas, incluídas Continental Airlines e Texas Air. Despois de continuos conflitos laborais e unha folga que paralizou á empresa en 1989, Eastern quedou sen cartos e foi liquidada en 1991.[2] American Airlines fíxose coa meirande parte das rutas de Eastern dende Miami cara Latinoamérica e o Caribe, mentres que Delta Air Lines, o principal competidor de Eastern no Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson de Atlanta, mercou moitos dos seus Lockheed L-1011.[3]

Eastern foi pioneira no servizo cada hora entre Nova York, Washington, D.C. e Boston en 1961 coñecido como Eastern Air Lines Shuttle. Fíxose cargo da rede de rutas sudamenricanas de Braniff International en 1982,[4] e tamén voou a Londres e a Madrid nos anos 80.

  1. Flight International (ed.). "World Airline Directory". Consultado o 29 de abril de 2015. 
  2. US Centennial of Flight Commission (ed.). "Eastern Airlines". Consultado o 29 de abril de 2015. 
  3. Airchive (ed.). "1991 - January 1 - Eastern Airlines Timetables, Route Maps, and History"". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2015. Consultado o 29 de abril de 2015. 
  4. Airchive (ed.). "1982 - August 1 - Eastern Airlines Timetables, Route Maps, and History". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2015. Consultado o 29 de abril de 2015.