Aeroporto LaGuardia
| Aeroporto LaGuardia | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
|
Instalacións
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Transporte | |||||||||||||||||
|
Ofrece servizo a
| |||||||||||||||||
|
Pistas de aterraxe
13/31
lonxitude: 7.003 pés amplitude: 150 pés material: formigón asfáltico 04/22 lonxitude: 7.001 pés amplitude: 150 pés material: formigón asfáltico | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O aeroporto LaGuardia (IATA: LGA, OACI: KLGA) é un aeroporto situado na parte norte da veciñanza neoiorquina de Queens. Atópase ao lado do mar, entre as baías de Flushing e Bowery da área de East Elmhurst nos límites das veciñanzas de Astoria e Jackson Heights. É o terceiro máis concorrido que serve á cidade de Nova York e o 20º máis concorrido dos Estados Unidos.
No ano 2016 o tráfico de pasaxeiros medrou fortemente no aeroporto, pasando nese ano 29,8 millóns, un 14,2% máis que o ano anterior.[1] LaGuardia é o aeroporto máis concorrido do país sen servizos sen escalas a Europa. Unha regra prohibe voos sen escalas a puntos afastados a máis de 1 500 millas, pero hai excepcións nalgúns voos os sábados e cara Denver.[2] A meirande parte dos voos transcontinentais e internacionais utilizan os próximos aeroportos de Nova York-JFK ou de Newark, xa que en LaGuardia non hai control de fronteiras.[3]
O aeroporto Glenn H. Curtiss (chamado así polo pioneiro da aviación Glenn Hammond Curtiss), e posteriormente rebautizado como aeroporto de North Beach,[4] foi o primeiro aeroporto que houbo no lugar. O nome cambiou despois de que a cidade de Nova York se fixese co seu control e o reconstruíse, pasando a chamarse aeroporto municipal de Nova York-LaGuardia Field. En 1953 converteuse no aeroporto LaGuardia polo alcalde da cidade cando foi construído, Fiorello La Guardia.
LaGuardia ten sido criticado por ter algunhas instalacións anticuadas. O antigo vicepresidente Joe Biden comparou LaGuardia cun "país do terceiro mundo" e o aeroporto foi clasificado en numerosas enquisas a clientes como o peor dos Estados Unidos.[5] Entre os pilotos adoita a coñecerse como "USS LaGuardia", debido a que as pistas son curtas e está rodeado por auga, dando a sensación de estar aterrando nun portaavións.[6]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]| Aeroliñas | Destinos | Refs |
|---|---|---|
| Air Canada | Toronto-Pearson | |
| Air Canada Express | Montreal-Trudeau, Toronto-Pearson | |
| Alaska Airlines operado por SkyWest Airlines | Dallas-Love | [7] |
| American Airlines | Atlanta, Charlotte, Chicago-O'Hare, Dallas/Fort Worth, Miami, Orlando, Filadelfia, Raleigh/Durham Estacional: Pittsburgh, West Palm Beach | |
| American Eagle | Akron/Canton, Atlanta, Charlotte, Charlottesville (VA), Cincinnati, Cleveland, Columbus-Glenn, Dayton, Detroit, Fayetteville/Bentonville, Greensboro, Indianápolis, Louisville, Memphis, Miami, Minneapolis–Saint Paul, Montreal-Trudeau, Nashville, Norfolk, Filadelfia, Pittsburgh, Raleigh/Durham, Richmond, Roanoke, St. Louis, Toronto-Pearson, Wilmington (NC) Estacional: Augusta (GA), Bangor, Martha's Vineyard, Myrtle Beach, Nantucket | |
| American Airlines Shuttle | Boston, Washington-Nacional | |
| Delta Air Lines | Atlanta, Dallas/Fort Worth, Denver, Detroit, Fort Lauderdale, Miami, Minneapolis/St. Paul, Nova Orleáns, Orlando, Tampa, West Palm Beach Estacional: Bozeman, Cincinnati, Fort Myers, Pittsburgh, South Bend | |
| Delta Connection | Asheville, Bangor, Birmingham (AL), Buffalo, Burlington (VT), Charleston (SC), Charlotte, Charlottesville (VA), Cincinnati, Cleveland, Columbia (SC), Columbus-Glenn, Dallas/Fort Worth, Dayton, Des Moines, Fayetteville/Bentonville, Fort Myers, Grand Rapids, Greenville/Spartanburg, Greensboro, Houston-Intercontinental, Indianápolis, Jacksonville (FL), Kansas City, Knoxville, Lexington, Louisville, Madison, Manchester (NH), Memphis, Milwaukee, Minneapolis-Saint Paul, Montreal-Trudeau, Nashville, Norfolk, Omaha, Ottawa, Pittsburgh, Portland (ME), Raleigh/Durham, Richmond, Rochester (NY), St. Louis, Sarasota, Savannah, Syracuse Estacional: Augusta (GA), Martha's Vineyard, Miami, Myrtle Beach, Nantucket, Tampa, Traverse City, Wilmington (NC) | |
| Delta Shuttle | Boston, Chicago-O'Hare, Washington-Nacional | |
| Frontier Airlines | Atlanta, Cincinnati Estacional: Denver | |
| JetBlue Airways | Boston, Fort Lauderdale, Orlando, West Palm Beach | |
| Rectrix Shuttle | Estacional: Hyannis | [8] |
| Southwest Airlines | Atlanta, Chicago-Midway, Dallas-Love, Denver, Houston-Hobby, Kansas City, Milwaukee, Nashville, St. Louis, Tampa Estacional: Fort Lauderdale (comeza en xaneiro de 2018), Nova Orleáns (comeza en novembro de 2017), Phoenix-Sky Harbor (comeza en abril de 2018),[9] San Antonio (comeza en novembro de 2017) | |
| Spirit Airlines | Chicago-O'Hare, Dallas/Fort Worth, Detroit, Fort Lauderdale, Myrtle Beach | [10] |
| United Airlines | Chicago-O'Hare, Denver, Houston-Intercontinental Estacional: Montrose | |
| United Express | Chicago-O'Hare, Cleveland, Houston-Intercontinental, Washington-Dulles | |
| WestJet | Toronto-Pearson |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do aeroporto Arquivado 31 de decembro de 2017 en Wayback Machine.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Port Authority of New York and New Jersey (ed.). "Agency sets total airport passenger record for second year in a row". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2015. Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ The New York Times (ed.). "Why You Can’t Get There From La Guardia". Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ The New York Sun (ed.). "Long Distance at La Guardia". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2009. Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Newsday (ed.). "Major Airports Take Off / Mayor LaGuardia's complaint leads to an airport; but soon, another is needed". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Yahoo (ed.). "Biden compares New York's LaGuardia Airport to 'Third World country'". Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Gadling (ed.). "Cockpit Chronicles: A Landing Fit For A King". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Alaska Airlines (ed.). "Alaska Airlines and Virgin America announce new Dallas Love Field flying to Seattle; San Diego; San Jose, California; and Portland, Oregon". Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Cape Cod Times (ed.). "Rectrix launching New York service this weekend". Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ azcentral (ed.). "Southwest Airlines: New non-stop flight from Phoenix to New York LaGuardia". Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Spirit Airlines (ed.). "Where we fly". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2017.
