6 de febreiro
Aparencia
<< | Febreiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | |||
2024 Todos os días |
O 6 de febreiro é o 37º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 328 días para finalizar o ano, 329 nos anos bisestos.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 337: en Roma Xulio I é elixido papa.
- 1819 - O inglés Sir Thomas Stamford Raffles funda a cidade de Singapur.
- 1833 - Estados Unidos: o inventor Samuel Morse presenta o telégrafo en público.
- 1873 - Bolivia e o Perú asinan un tratado secreto de alianza militar. Historiadores chilenos menciónano como unha das causas da Guerra do Pacífico.
- 1918 - Institúese o voto das mulleres no Reino Unido.
- 1952 - Reino Unido: Isabel II asume a coroa.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1796 - Saturnino Montojo, mariño militar, astrónomo e matemático galego (m. 1856).
- 1799 - José Arias Teixeiro, político galego (m. 1876).
- 1833 - José María de Pereda, novelista español (m. 1906).
- 1835 - Eduardo Pondal, poeta galego (m. 1917).
- 1883 - José Puente Castro, médico galego (m. 1964).
- 1892 - William Parry Murphy, médico estadounidense (m. 1987).
- 1899 - Antonio Taboada Roca, farmacéutico e historiador galego (m. 1978).
- 1902 - Santiago Rey Pedreira, arquitecto galego (m. 1977).
- 1903 - Claudio Arrau, pianista chileno-estadounidense (m. 1991).
- 1911 - Ronald Reagan, actor e presidente dos Estados Unidos (m. 2004).
- 1912 - Xosé María García Rodríguez, escritor, xornalista, xuíz e diplomático galego (m. 2006).
- 1913 - Mary Leakey, antropóloga británica (m. 1996).
- 1927 - Daniel Cortezón, escritor galego (m. 2009).
- 1932 - Camilo Cienfuegos, revolucionario cubano (m. 1959).
- 1932 - François Truffaut, director e actor francés (m. 1984).
- 1937 - Ana Orantes Ruiz, vítima de violencia de xénero, que explicou nunha entrevista na televisión a violencia á que fora sometida por parte do seu exmarido.(m.1997)
- 1938 - Álvaro Rodríguez Bereijo, xurista galego.
- 1945 - Bob Marley, cantante de reggae de Xamaica (m. 1981).
- 1949 - Jim Sheridan, director de cine irlandés.
- 1951 - Xosé María Costa Gómez, escritor galego.
- 1954 - Pachi Vázquez, político galego.
- 1962 - Axl Rose, rockeiro (Guns N' Roses).
- 1962 - José Blanco, político socialista galego.
- 1966 - Rick Astley, cantante inglés.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1685 - Carlos II de Inglaterra, rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda (n. 1629).
- 1687 - Juan de Jesús, frade franciscano español e místico (n. 1615).
- 1793 - Carlo Goldoni, dramaturgo italiano (n. 1707).
- 1804 - Joseph Priestley, teólogo e químico inglés (n. 1733).
- 1833 - Pierre André Latreille, sacerdote e entomólogo francés (n. 1762).
- 1833 - Fausto Delhuyar, químico e xeólogo español que -xunto ó seu irmán Juan José- illou o volframio en 1783 (n. 1755).
- 1866 - Juan Gregorio de las Heras, militar arxentino, heroe na independencia de Chile (n. 1780).
- 1899 - Ramón Verea, escritor e inventor galego (n. 1833).
- 1907 - Adolfo Emanuel Guimarães de Azevedo, escritor brasileiro (n. 1871).
- 1916 - Rubén Darío, poeta nicaraguano (n. 1867).
- 1918 - Gustav Klimt, pintor simbolista austríaco e un dos membros máis importantes do movemento do Art Nouveau (n. 1862).
- 1919 - Antonio López de Neira, empresario e político galego (n. 1827).
- 1923 - Edward Emerson Barnard, astrónomo estadounidense (n. 1857).
- 1960 - Manuel Serafín Fandiño, sindicalista e xornalista galego (n. 1889).
- 1984 - Jorge Guillén, poeta español (n. 1893).
- 1986 - María Gómez González, política galega (n. 1905).
- 1991 - María Zambrano, filósofa española (n. 1904).
- 1994 - Jack Kirby, debuxante de banda deseñada norteamericano (n. 1917).
- 1995 - Maruxa Mallo, pintora galega (n. 1902).
- 2012 - Antoni Tàpies, pintor catalán (n. 1923).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- En Nova Zelandia - Día do Tratado de Waitangi, festa nacional.
- Día Internacional contra a mutilación xenital feminina.
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: San Paulo Miki (mártir).