José María de Pereda
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
José María de Pereda | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de febreiro de 1833 e 1834 |
Lugar de nacemento | Santander |
Falecemento | 1 de marzo de 1906 |
Lugar de falecemento | Santander |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, escritor, político e novelista |
Coñecido por | El sabor de la tierruca, sen etiquetar e Al primer vuelo |
Premios | Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso XII |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José María de Pereda y Sánchez Porrúa, nado en Polanco (Cantabria) o 6 de febreiro de 1833 e finado en Santander o 1 de marzo de 1906, foi un novelista español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Juan Francisco de Pereda e Bárbara Josefa Sánchez Porrúa, (naturais, respectivamente, de Polanco e de Comillas), que casaron moi novos, de forma que chegaron a ter 22 fillos, aínda que só nove chegaron á mocidade. Inicialmente viviron da agricultura e da gandería na súa localidade natal, onde o autor cursou estudos de primaria, ata que se trasladan en 1843 á capital da provincia, Santander. Alí estuda bacharelato no Instituto Cántabro.
Terminados os estudos, no outono de 1852 trasladouse a Madrid con intención de cursar estudos preparatorios para o ingreso na Academia de Artillería de Segovia, permaneceu dous en Madrid pero a falta de interese polas matemáticas, fundamentais para entrar en artillería, decidírono a desistir de entrar no exército, levando unha vida bohemia. Testemuña da Revolución de 1854, a Vicalvarada, escribiu nese ano a comedia inédita La fortuna en un sombrero (1854). Volveu a Santander e en 1855 faleceu a súa nai deixándoo nunha profunda crise, complicándose por contraer o cólera a fin de ano, por consello dun irmán máis vello marchou a Andalucía, onde permaneceu o inverno de 1857.
A Santander volveu totalmente restablecido das súas doenzas e o 28 de febreiro de 1858 apareceu o seu primeiro escrito, La gramática del amor na revista santanderina La Abeja Montañesa, na cal seguiu colaborando ao tempo que cuns amigos fundaba a revista satírica El Tío Cayetano, probou sorte co teatro con pezas como Tanto tienes, tanto vales (1861); Palos en seco (1861), Marchar con el siglo (1863) comedias de carácter moralista e satírico e as zarzuelas Mundo, amor y vanidad (1863) e Terrones y pergaminos (1866), que tiveron un relativo éxito localmente inda que a súa calidade literaria era ben discutible, as obras publicounas Pereda en 1869 no volume Ensayos dramáticos que distribuíu entre as amizades. En 1864 publicou Escenas montañesas e pasou un ano en París.
Conmocianado pola Revolución de 1868, Pereda de ideoloxía tradicionalista resucitou El Tío Cayetano en novembro de 1868 e presentouse como candidato carlista no distrito de Cabuérniga en 1871 gañando o escano. Nese ano de 1871 publicou Tipos y paisajes e coñeceu a Benito Pérez Galdós con quen fixo perdurable amizade, pouco despois coñeceu a Ramón Menéndez Pelayo quen o estimulou para volver á literatura publicando en 1876 Bocetos al temple, volume onde recolleu tres novelas breves, e colaborando na revista La Tertulia en artigos que recolleu no libro Tipos trashumantes (1877). En 1878 publicou a súa primeira novela longa, El buey suelto seguida por Don Gonzalo González de la Gonzalera (1879) e De tal palo tal astilla (1880).
A partir de 1881 con El sabor de la tierruca comezou unha nova etapa literaria menos condicionada pola súa ideoloxía e centrada no marco montañés, coa excepción de Pedro González (1883) que centra a súa acción en Madrid e que foi moi ben acollida pola crítica que o levou a visitar Madrid, Valencia e Barcelona, onde coñece a Narcís Oller. En 1885 escribiu Sotileza, unha das súas obras máis coñecidas e que tivo un éxito de crítica e público rotundo, Pereda viaxou a Portugal de incógnito con Galdós, á volta regresando por Galicia. La Puchera (1889), Nubes de estío (1891), Al primer vuelo (1891) seguiron o estilo da novela montañesa. En 1892 presentouse como candidato a senador polas Sociedades Económicas de León desde posicións rexionalistas conservadoras. Defensor da literatura catalá participou nos XXXIV Xogos Florais en 1892. En 1893 morría o seu fillo e sumido nunha profunda crise parou na escrita da que ía ser unha das súas obras máis significativas, Peñas arriba publicada en 1895.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María de Pereda ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Aguinaga Alfonso, M. (1994).Costumbrismo y narrativa breve en la obra de José María de Pereda. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-030-7
- Aguinaga Alfonso, M. (1994). El discurso narrativo de Pereda. Ediciones Tantín ISBN 84-89013-57-8.
- Aguinaga Alfonso, M. (1994). El costumbrismo de Pereda: innovaciones y técnicas narrativas. ISBN 84-605-1113-8.