Edward Emerson Barnard
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de decembro de 1857 Nashville |
| Morte | 6 de febreiro de 1923 (65 anos) Williams Bay |
| Lugar de sepultura | Mount Olivet Cemetery (en) |
| Outros nomes | E. E. Barnard |
| Educación | Universidade Vanderbilt (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Astronomía |
| Ocupación | astrónomo, fotógrafo, profesor universitario |
| Empregador | Observatório Lick (pt) Universidade Vanderbilt (pt) Universidade de Chicago |
| Membro de | |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) Astronomers: A Biographical Reference |
Edward Emerson Barnard, nado en Nashville o 16 de decembro de 1857 e finado o 6 de febreiro de 1923, foi un astrónomo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai morreu antes do seu nacemento e non recibiu educación formal. Aos nove anos converteuse en axudante dun fotógrafo. Desenvolveu interese pola astronomía e en 1881 descubriu o seu primeiro cometa, seguiu descubrindo máis cometas nos anos seguintes e os astrónomos afeccionados de Nashville recolleron fondos para que puidera estudar na Universidade de Vanderbilt, graduouse en 1887 e entrou a traballar no observatorio de Lick.
En 1892 observou unha nova e foi o primeiro en observar as emisións gasosas, deducindo que era unha explosión estelar. Nese ano descubriu Amaltea, o quinto satélite de Xúpiter.
