Pachi Vázquez
Pachi Vázquez | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 6 de febreiro de 1954 |
O Carballiño | |
Organización | Partido dos Socialistas de Galicia |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Profesión | Político e médico |
[ editar datos en Wikidata ] |
Manuel Vázquez Fernández, nado no Carballiño o 6 de febreiro de 1954, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Medicina na Universidade de Santiago. Foi membro do Parlamento galego 1993-1995 e alcalde do Carballiño 1995-2005. Foi Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Actualmente é o secretario xeral dos socialistas galegos.
Por renuncia de Manuel Vázquez Fernández, para se presentar as eleccións autonómicas do 2005, asumiu as funcións de novo alcalde do Carballiño Carlos Montes Marqués, do mesmo grupo político do PSdeG-PSOE.
Tras as eleccións galegas de 2009[editar | editar a fonte]
Trala dimisión de Emilio Pérez Touriño despois da derrota nas eleccións parlamentarias de 2009, Pachi Vázquez fixo oficial a súa aspiración a ocupar a secretaría xeral do PSdeG.[1], algo que acadou tras o congreso dos socialistas do 25 de abril de 2009.
Predecesor: Arturo Marquina |
![]() Alcalde do Carballiño 1995-2005 |
Sucesor: Carlos Montes Marqués |
Predecesor: Xosé Manuel Barreiro |
![]() Conselleiro de Medio Ambiente 2005-2009 |
Sucesor: Agustín Hernández |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Manuel Vázquez formaliza a súa candidatura á secretaría xeral do PSdeG Arquivado 28 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Galiciaé 20/03/09
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pachi Vázquez ![]() |