Rick Astley
Rick Astley | |
---|---|
![]() Astley nunha actuación en Santiago de Chile, no 2009. | |
Nome completo | Richard Paul Astley |
Data nacemento | 6 de febreiro de 1966 (57 anos) |
Nado en | Newton-le-Willows |
Cónxuxe | Lene Bausager |
Ocupación | Cantautor e músico |
Xénero | Pop, dance-pop, blue-eyed soul e adult contemporary |
Instrumento(s) | Voz, guitarra, teclado e percusión |
Selo(s) discográfico(s) | PWL, RCA, Polydor, Cruz |
Relacionado con | FBI Stock Aitken Waterman |
Tempo en activo | 1985–1993 2000–presente |
Na rede | |
www.rickastley.co.uk | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Richard Paul "Rick" Astley, nado en Newton-le-Willows, Lancashire o 6 de febreiro de 1966, é un cantante, músico e personalidade da radio inglés. É coñecido pola súa canción de 1987, "Never Gonna Give You Up", que acadou o número 1 en 25 países.[1] Astley ten o récord de ser o primeiro artista en solitario en conseguir que 8 sinxelos estivesen no Top 10 do Reino Unido. No momento do seu retiro, en 1993, levaba vendidos aproximadamente 40 millóns de discos en todo o mundo.[2][3][4]
Despois do seu retiro da industria da música en 1993, Astley volveu no 2007 cando se converteu nun fenónemo de Internet, xa que o vídeo musical "Never Gonna Give You Up" fíxose moi popular como un meme chamado "rickrolling".[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Biography". Mike Stock Music. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2013.
- ↑ US (29 de xullo de 2008). "Rick Astley". MySpace.com. Consultado o 11 de xuño de 2013.
- ↑ Shropshire Star.com - 7 de xuño de 2008 Arquivado 10 de xuño de 2008 en Wayback Machine.. Consultado o 28 de xaneiro de 2010.
- ↑ Liverpool Echo - 12 November 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2010.
- ↑ Rick Biografia. VH1 Spañol (undated). Consultado o 27 de decembro de 2006.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en inglés)