Samuel Morse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samuel Morse
Samuel Morse.jpg
AlcumeAmerican e Brutus
Nacemento27 de abril de 1791
Lugar de nacementoCharlestown
Falecemento2 de abril de 1872
Lugar de falecementoNova York
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoGreen-Wood Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterYale College e Phillips Academy
Ocupacióninventor, físico, escultor, pintor, profesor universitario, fotógrafo e escritor
PaiJedidiah Morse
NaiElizabeth Breese Morse
CónxuxeSarah Elizabeth Griswold
FillosLeila Morse
IrmánsSidney Edwards Morse e Richard Cary Morse
Coñecido porcódigo Morse
PremiosComendador da Ordem de Isabel a Católica, Knight Grand Officer of the Order of the Dannebrog, Cabaleiro da Lexión de Honra, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Cabaleiro da Orde dos santos Mauricio e Lázaro, Cavaleiro da Ordem da Torre e Espada, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Ordem de Dannebrog
Na rede
Discogs: 3015309 WikiTree: Morse-11 Find a Grave: 741 Editar o valor em Wikidata
Samuel Morse signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Samuel Finley Breese Morse, nado en Charlestown, Boston, o 27 de abril de 1791 e finado en Nova York o 2 de abril de 1872, foi un pintor e inventor estadounidense, desenvolveu o telégrafo eléctrico e perfeccionou o Código Morse.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do reverendo e xeógrafo Jedidiah Morse, comezou os seus estudos na Academia Phillips de Andover, de onde vai pasar a Yale. Durante os seus anos de estudantes descubriu unha certa vocación pola pintura, dedicándose a ela, pero tamén se sentía atraído polos descubrimentos e os experimentos recentes sobre a electricidade. Despois de licenciarse viaxou a Inglaterra para estudar pintura na Royal Academy de Londres, converténdose en pintor de escenas históricas. De volta ós Estados Unidos especializouse no retrato, cara 1825 era un dos retratistas máis importantes do país. Foi un dos fundadores e primeiro presidente da Academia Nacional de Deseño.

Obsesionado cos usos da electricidade, de 1832 consérvanse notas súas dun sistema de telegrafía e comeza a desenvolver a idea dun sistema telegráfico de fíos de ferro cun electroimán incorporado. En 1835 construíu o primeiro telégrafo e fixo unha primeira demostración para os seus alumnos[1], pretendía construír un telégrafo práctico e espertar o interese do público e do goberno no aparello. Xunto con Afred Vail dedicouse a desenvolver ese telégrafo e un alfabeto para ser utilizado por el, o primeiro telegrama enviouno en 1838 e a partir de 1844 comezou a estar operativo.

Notas[editar | editar a fonte]