Steve McQueen (director)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steve McQueen
Steve McQueen holding Best Picture Oscar (cropped).JPG
McQueen en marzo de 2014
Nome completoSteven Rodney McQueen
Nacemento9 de outubro de 1969 (53 anos)
LugarLondres
NacionalidadeReino Unido Reino Unido
Educado enWest London College, Goldsmiths, University of London, New York University Tisch School of the Arts, Chelsea College of Art and Design e Drayton Manor High School
Parella(s)Bianca Stigter[1]
Cónxuxe(s)Bianca Stigter
ProfesiónDirector, produtor, artista
Na rede
IMDB: nm2588606 Allocine: 222720 Allmovie: p585316
Discogs: 4305432 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Steven Rodney "Steve" McQueen, nado en Londres o 9 de outubro de 1969 é un director, produtor, guionista e videoartista británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Londres, con orixes na illa de Granada e estudou arte e deseño no Chelsea College of Arts e belas artes na Universidade de Londres onde comezou a interesarse polo cinema. Pasou brevemente pola Universidade de Nova York, pero encontrou os estudos alí pouco experimentais.

O seu primeiro filme importante foi Bear, en 1993, e tras el realizou máis traballos en vídeo, nos que recoñece a influencia da nouvelle vague e dos filmes de Andy Warhol.[2] En 1999 gañou o premio Turner.

Debutou na longametraxe con Hunger, presentada no Festival de Cannes. O seu filme 12 anos de escravitude (2013) gañou o Óscar ao mellor filme, que recolleu el mesmo como produtor, e valeulle a candidatura a mellor director.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Ano Filme
2008 Hunger
2011 Shame
2013 12 anos de escravitude

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1993 Bear
1995 Five Easy Pieces
1996 Just Above My Head
1996 Stage
1997 Exodus
1997 Deadpan
2001 Girls, Tricky
2002 Illuminer
2002 Western Deep
2004 Charlotte
2007 Gravesend
2009 Giardini
2009 Static

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kino, Carol. "Intense Seeker of Powerful Elegance". The New York Times. Consultado o 25 de setembro de 2013. 
  2. Arifa Akbar. "The British film industry has lost its edge, says BFI boss". The Independent, 2 de abril de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brockington, Horace. "Logical Anonymity: Lorna Simpson, Steve McQueen, Stan Douglas." International Review of African American Art 15, No. 3 (1998): 20–29.
  • Downey, Anthony. "Steve McQueen: Western Deep and Carib's Leap." Wasafiri, No. 37 (Winter 2002): 17–20.
  • Demos, TJ. "The Art of Darkness: on Steve McQueen." October, No. 114 (Fall 2005): 61–89.
  • Downey, Anthony. "Steve McQueen: 'Once Upon a Time.'" Journal of Visual Culture, Vol. 5, No. 1 (2006), pp. 119–125.
  • Demos, TJ. "Giardini: A Fairytale." In Steve McQueen (British Pavilion, Venice Biennale, 2009).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]