Saltar ao contido

Medusa (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
creo básico a partir da en.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 18 de abril de 2014 ás 18:15

Medusa de Caravaggio (1595).

Na mitoloxía grega, Medusa ("gardiana, protectora") era un monstro, unha gorgona, xeralmente descrita como unha muller con cobras velenosas no canto do cabelo. Ollar directamente a ela convertía á xente en pedra. Varias fontes descríbena como filla de Forcis e Ceto,[1] mais o autor Hixino (Fabulae, 151) interpón unha xeración e dá a Medusa outro par de pais ctónicos.

Medusa foi decapitada polo heroe Perseo, que posteriormente usou a súa testa como unha arma[2] ata que lla deu á deusa Atenea para que a puxese no seu escudo. Na antigüidade clásica, a imaxe da cabeza de Medusa aparecía no obxecto protector do mal coñecido como Gorgoneion.

Notas

  1. como na Teogonía de Hesíodo 270.
  2. Bullfinch, Thomas. "Bulfinch Mythology – Age of Fable – Stories of Gods & Heroes". Consultado o 7 de setembro de 2007. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Servius, In Aeneida vi.289
  • Lucano, Bellum civile ix.624–684
  • Ovidio, Metamorphoses iv.774–785, 790–801