Aisha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aisha ou Ayesha ( عائشه `ā'isha ) naceu no ano 613/614 e morreu no ano 678. Foi a terceira esposa do profeta do Islam, Mahoma.

Filla de Abu Bakr, amigo de Mahoma, convertida ao Islam dende a súa mocidade, casou no ano 622 logo da Héxira, ou emigración a Medina. Para os sunnitas Aisha foi a favorita de Mahoma e dánlle o título honorífico de Umm al-Mu'minìn (nai dos crentes), mentres os xiís tenden a considerar a Aisha de xeito negativo. Presumiblemente influíu sobre Mahoma na designación do seu pai para o primeiro califato.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aisha