Shahada
| Este artigo forma parte da serie: |
| Islam |
| Fundamentos |
|---|
| Allah · Tawhid · Profetas Os 99 nomes de Alá |
| Prácticas |
|
Profesión de fe · Oración |
| Textos e leis |
| Fiqh · Sharia · Kalam · Sufismo |
| Figuras relixiosas |
| Cálifa · Imán · Ulema Mufti · Aiatolá · Mulá · Muecín |
| Historia do Islam |
| Islam clásico · Califato Omeia Califato Abbasí · Califato Fatimí Imperio Islámico · Cruzadas |
| Persoeiros do Islam |
| Mahoma · Abd Allah · Alí Aisha · Fatimah · Al-Abbas Abu Bakr · Ibn Khaldun |
| Lugares sagrados |
| A Meca · Medina · Xerusalén Najaf · Kerbala · Mesquita |
| Ramas |
| Sunismo · Xiísmo Xariismo · Sufismo |
| Aspectos sociopolíticos |
| Arte · Arquitectura · Hiyab Calendario · Islamismo · Xihad |
| Véxase tamén |
| Índice sobre Islam |
A Shahada, tamén Šehadet (en árabe: الشهادة aš-šahādah
audio (axuda · info)), significa "coñecer e crer sen sospeita, como testemuña"; é o nome do credo islámico. A Shahadah é a declaración da crenza musulmá nun só Deus (tawhid) e a aceptación de Mahoma como o seu profeta. A declaración sunita di:
- لا إله إلا الله محمد رسول الله lā ʾilāha ʾillallāh, Muḥammad rasūlu-llāh (en árabe)
- Non hai divindade senón Deus, e Mahoma é o seu profeta. (en galego)
Na tradición dos musulmáns xíis,[1] engádese "وعليٌ وليُّ الله" (ʿAli-yyun wali-yyu-llāh), é dicir: "Alí é o wali (vicexerente) de Deus", aínda que os estudosos xíis non o consideran obrigatorio.
Recitación[editar]
- Texto árabe: أشهد أن لا إله إلا الله و أشهد أن محمد رسول الله
- Romanización: ʾašhadu ʾan lā ʾilāha ʾilla (A)llāh, wa ʾašhadu ʾanna Muḥammada(n) rasūlu (A)llāh
Unha soa recitación honesta da Shahada en árabe é todo o preciso para converterse ao Islam de acordo coa meirande parte das escolas tradicionias (madhab). No uso común da Shahada, a utilización de ašhadu ʾanna (ou semellante), é dicir "eu testifico que..." ou "son testemuña de..." adoita ser omitida.