Mulá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mulá, mullah ou mollah (do persa mollāh e este de o árabe mawlà, «señor») é a denominación que nalgunhas comunidades musulmás recibe a persoa versada no Corán, os hadices e a xurisprudencia islámica ou fiqh. Neste sentido, é un termo análogo ao de ulema, máis estendido entre os musulmáns sunnitas. Nun sentido máis xeral, e sempre dentro do islam sunnita, pode referirse a calquera persoa máis versada en asuntos relixiosos que o resto de membros da súa comunidade. Este uso da palabra mulá (honorífico ou equivalente a ulema) é frecuente sobre todo en Asia central.

Entre os musulmáns xiís un mulá é un membro do chamado clero xiíta, cuxas cabezas son os aiatolás. Un mulá xiíta adoita levar unha capa (عبا `abā) e un turbante, negro se o mulá é jerife (descendente de Mahoma) e branco se non o é. Os mulás detentan o poder en Irán, e o detentaron en Afganistán baixo o réxime talibán.