Abd Allah ibn Abd al Muttalib

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abd Allah ibn Abd al Muttalib (en árabe: عبدالله بن عبد المطلب‎)‎, nado en 545 e finado en 570, máis coñecido na forma abreviada do seu nome como Abd Allah, foi o pai de Mahoma, o profeta do Islam.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Shaiba ibn Hashim (`Abd al-Muttalib) e casou con Aminah bint Wahab. Morreu con 25 anos dunha doenza durante unha viaxe entre Medina e A Meca antes de que o seu fillo Mahoma nacese.

Abd Allah significa servo de Deus.