Aiatolá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aiatolá Araki

No xiísmo un aiatolá é un dos títulos máis elevado que pode recibir o clero xiíta, recíbeo aquel estudante superior hawza que chega ao grao de mujtahid e que é experto destacado nun aspecto do islamismo e que obtén a estima, respecto e admiración dos seus superiores, está entón, ao dominar o ijtihad, capacitado para emitir os seus propios edictos[1]sobre a súa especialidade fundamentados nas fontes das leis islámicas, normalmente tamén ensina nas escolas de ciencias islámicas. Uns poucos dos aiatolás chegan ao grao de Marja ou Grande Aiatolá.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Melanie Mieh O que é o Islã?: perguntas e respostas. Editora Sinodal, 2005, páxina 19