Weezer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Weezer logo.png
Weezer.jpg
Orixe Os Ánxeles, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período 1992 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo
Selo(s) discográfico(s) DGC/Interscope (1993-2009)
Epitaph (2010-actualidade)
Membros Rivers Cuomo
Brian Bell
Scott Shriner
Pat Wilson
Antigos membros Jason Cropper
Matt Sharp
Mikey Welsh
Web oficial http://www.weezer.com


Weezer é unha banda de rock alternativo estadounidense formada nos Ánxeles, California, en 1992. Está liderada polo seu vocalista e guitarrista Rivers Cuomo. Completan a súa formación Pat Wilson (batería, guitarra e coros), Brian Bell (guitarra, coros e teclados) e Scott Shriner (baixo, coros e teclados). A banda sufriu diversos cambios na súa formación dende 1992 e leva editados nove álbums, seis EPs e un DVD.

A banda é coñecida polos seus existosos sinxelos "Buddy Holly", "Undone - The Sweater Song", "Say It Ain't So", "Perfect Situation", "Hash Pipe", "Beverly Hills" e "Pork and Beans". O seu oitavo álbum de estudio, Hurley, foi publicado o 14 de setembro do 2010 a través do selo Epitaph Records.

Biografía[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Weezer formouse nos Ánxeles o 14 de febreiro de 1992 por Rivers Cuomo, Jason Cropper, Matt Sharp e Pat Wilson. A banda comezou a compoñer algunhas cancións e a tocar en pequenos clubes locais, sendo o seu concerto como teloneros da banda do actor Keanu Reeves, chamada Dogstar. A pesar de non destacar moito nos seus inicios, a banda seguíu tocando.

O 25 de xuño de 1993 asinaron un contrato coa discográfica DGC/Geffen. Na época había unha verdadeira carreira entre as discográficas para descubrir novas bandas, en gran parte debido ao éxito do Nirvana e o consecuente estoupido do rock alternativo. Weezer pasou un tempo en Nova York, co fin de gravar o seu primeiro álbum no famosos Electric Lady Studios, onde contaron coa produción de Ric Ocasek (ex-The Cars, banda pop de moito éxito nos anos 80). Durante as gravacións do álbum de estrea, titulado Weezer, Jason Cropper deixou a banda, e foi substituído polo baixista Brian Bell, que tocaba nun grupo chamado Carnival Art.

O son de Weezer, rotulado de powerpop, era unha mestura de melodías sinxelas, guitarras pesadas e letras inocentes, combinado con influencias do rock dos anos 70, de bandas como Cheap Trick ou Kiss e sonoridades de guitarra de conxuntos como Pixies.

Blue Album[editar | editar a fonte]

O primeiro disco da banda foi lanzado o 10 de maio de 1994, e foi un éxito dende o principio. A pesares de que a discográfica non quería lanzar ningún sinxelo do álbum finalmente editáronse tres: "Undone - The Sweater Song", "Buddy Holly" e "Say It Ain't So". "Buddy Holly" gañou varios premios Grammy e MTV Awards naquel ano e o álbum chegou a vender dous millóns de copias nos Estados Unidos. Particularmente, os videoclips axudaron moito ao éxito de Weezer. Os vídeos de "Undone" e "Buddy Holly" foron dirixidos polo director Spike Jonze.

Despois de varios meses de xira, Weezer decidíu parar por un tempo. Rivers ingresou na Universidade de Harvard, Matt e Pat montaron un proxecto paralelo chamado The Rentals e Brian volveu a tocar na banda na que tocaba antes de Weezer, Space Twins.

Pinkerton[editar | editar a fonte]

No fin de 1995, a banda tomouse un descando polo Nadal. Cuomo viaxou á súa casa de Connecticut, e usando un gravador de oito pistas comezou a traballar en demos para o novo traballo de Weezer. A súa idea era a de realizar unha space rock opera, e de aí saíu a demo Songs from the Black Hole. A banda comezou a traballar na idea de Cuomo en sesións de gravación intermitentes durante a primavera e o verán de 1995. Finalmente descartaron realizar un álbum conceptual e o disco quedou formado por temas compostos antes da edición do seu primeiro álbum e algún escrito por Cuomo mentres estaba en Harvard.

Rivers Cuomo, líder de Weezer

En setembro de 1996, foi lanzado o tan esperado segundo álbum de Weezer, titulado Pinkerton. O disco ten un son un pouco máis pesado que o anterior, aínda que segue mantendo as melodías accesibles que son unha das marcas rexistradas do son da banda. Dese álbum foron lanzados tres sinxelos: "El Scorcho", "The Good Life" e "Pink Triangle".

Pinkerton non repetíu as vendas do álbum anterior, pero foi moi ben recibido pola crítica. A explicación pode estar no feito de que a banda non quixo gravar novos videoclips innovadores, unha especie de resposta do líder da banda, Rivers Cuomo, aos críticos que consideraban a Weezer unha banda dunha soa canción. Cando a Geffen insistíu e lanzou un video para a canción "The Good Life", o momento xa non era bo para o rock alternativo, e a MTV e os medios en xeral prestáronlle pouca atención á banda. O álbum chegou a vender 500.000 copias nos Estados Unidos.

Despois da finalización da promocióno de Pinkerton, a banda embarcouse nun longo período de inatividade, Rivers Cuomo retornou a Harvard e os outros integrantes pasaron a dedicarse a proxectos paralelos.

En 1998 Matt Sharp anunciou a súa saída definitiva de Weezer para dedicarse integralmente a The Rentals. No lugar de Matt foi chamado o baixista Mikey Welsh, que tocaba na banda de Juliana Hatfield.

En 1999 a banda volveu a se reunir para ensaiar cancións para o próximo disco. En 2000, xa con algún material novo listo, Weezer volveu a tocar en directo, facendo unha pequena xira polos Estados Unidos e posteriormente participando do Warped Tour ao lado de Green Day. Todos os concertos da banda en 2000 esgotaron as entradas e a expectativa era grande entre os seareiros para o lanzamento do terceiro álbum, que aparecería en marzo de 2001.

Green Album[editar | editar a fonte]

Así como o seu disco de estrea, o novo álbum foi autotitulado (enseguida apelidado como Green Album pola cor da súa capa), e foi recibido con frenesí tanto polo público como pola crítica por ser unha especie de retorno do son máis alegre, sinxelo e contaxiante (e por iso máis accesible) do inicio da carreira da banda. O disco estreouse entre os 10 máis vendidos da lista da Billboard (feito raro para un disco de rock hoxe en día).

Despis do lanzamento Weezer saíu novamente de xira polos Estados Unidos, onde se atoparon cunha nova xeración de seareiros grazas a emisión na MTV dos seus videoclips para os temas "Hash Pipe" e "Island in the Sun".

O día 16 de agosto do 2001 a MTV informou do ingreso de Mikey Welsh nun hospital psiquiátrico. Estivera en paradoiro descoñecido dende que desaparecera misteriosamente despois da rodaxe do video de "Island in the Sun". Weezer tivo que buscar un baixista que o reemprazase e, através dun amigo común, Cuomo conseguíu o teléfono de Scott Shriner. Foi convidado a unirse á banda e este aceptou.

Aínda no 2001 a banda volveu ao estudio para gravar o seu novo álbum. Foron sesións bastante prolíficas, onde compuxeron e gravaron varias cancións antes de que rematase o ano. A banda puxo a disposición dos seareiros algunhas versións e demos inéditas na súa páxina oficial en internet.

Maladroit[editar | editar a fonte]

O quinto álbum de Weezer, Maladroit, foi lanzado o 14 de maio de 2002, con boas críticas, pero menos vendas que o seu antecesor, aínda que chegou ao terceiro lugar da Billboard. Realizáronse dous videos de temas deste álbum, para "Dope Nose" e para "Keep Fishin'", obtendo este último gran rotación na MTV. No verán, a banda saíu de xira ao lado de The Strokes, e anunciou un novo disco en breve.

Weezer comezou a gravar demos entre as xiras, sendo a maioría descartadas. Finalmente decidiron tomarse un descanso despois de editar dous discos tan seguidos, e durante este período Bell e Wilson editaron álbums cos seus respectivos proxectos paralelos, Space Twins e The Special Goodness.

En marzo do 2004 lanzouse o DVD Video Capture Device, que incluía videos caseiros, actuacións en televisión, directos, videoclips, anuncios e comentarios da banda.

Make Believe[editar | editar a fonte]

O sucesor de Maladroit non chegaría ata o ano 2005, despois de moitas sesións de estudio que foron dende decembro do 2003 ata o outono do ano seguinte. As primeiras demos foron subidas á páxina da banda e tiveron moito éxito, pero ningunha deñlas aparecería no álbum. Make Believe foi editado o 10 de maio do 2005 e tivo opinións divididas a pesar do éxito comercial: mentres que para algúns era o mellor disco da banda dende Pinkerton, para outros tratabase dun sinal de decadencia.

O primeiro sinxelo do novo álbum foi "Beverly Hills", unha das cancións de sonoridade máis diferenciada gravada polo grupo, e non foron poucas as críticas negativas. O sinxelo chegou a estar varios meses nas listas despois da súa edición. "Beverly Hills" foi nomeada ao premio Grammy á mellor canción de rock, o primeiro nomeamento de Weezer a estes premiso. O seu video tamén sería nomeado ao premio dos MTV Video Music Awards de mellor video de rock.

O segundo sinxelo do álbum foi "We Are All on Drugs". A MTV rexeitou emitir a canción, polo que Weezer regravouna cambiando o "on drugs" por "in love", e chamándoa "We Are All in Love". O terceiro sinxelo sería "Perfect Situation", que pasou catro semanas no númeor 1 da lista Billboard Modern Rock. "This Is Such a Pity" convertiríase no curto sinxelo, pero non se realizou ningún video para o tema.

Na xira de divulgación do seu quinto disco, Weezer tocou polos Estados Unidos ao lado de nomes como Pixies e Red Hot Chili Peppers.

Rivers Cuomo estudou o seu derradeiro semestre en Harvard no ano 2005, para licenciarse definitivamente. Matt Sharp pola súa banda, anunciou o 24 de outubro que regresaba á súa banda The Rentals.

Durante o 2006 a banda tomouse un descanso xiras e promocións e xurdiron moitos rumores de separación. Pero en febreiro do 2007, Rick Rubin anunciaba nunha entrevista á MTV que Cuomo enviáralle unhas maquetas e que a banda aínda estaba unida.

A mediados do 2007 comezou a falarse da próxima aparición dun novo álbum da banda. No mes de xuño Cuomo confirmou na páxina oficial de Weezer que o seu sexto álbum sairía á venda a principios do ano seguinte.

Red Album[editar | editar a fonte]

Rivers Cuomo e Brian Bell ao vivo en outubro do 2008

En maio do 2008, Weezer editou o sinxelo "Pork and Beans", acompañado dun videoclip subido a YouTube, realizado con personaxes que se fixeron famosas en videos aparecidos nesta páxina. O álbum, titulado novamente Weezer e alcumado coma The Red Album, foi editado en xuño dese ano coa produción de Rick Rubin.

Segundo Cuomo o proceso de gravación foi moi "experimental", e nel incluíron temas máis longos en non tradicionais, usaron caixas de ritmos e sintetizadores, incorporaron rap sureño e contrapuntos barrocos, ademais de composicións dos outros membros da banda e cambios de instrumentos entre eles á hora de gravar.

"Pork and Beans" estivo na cima da lista Billboard Modern Rock Tracks durante 11 semanas, e o seu video gañou o Grammy para o mellor video curto. O segundo sinxelo, "Troublemaker", estreouse no número 39 da lista Billboard Hot Modern Rock Tracks e conseguíu acadar o posto 2. No mes de outubro do 2008 a banda anunciou que o terceiro sinxelo sería "The Greatest Man That Ever Lived (Variations on a Shaker Hymn)".

A banda realizou 5 concertos en Xapón a principios de setembro, e comezou a alcumada xira Troublemaker, formada por 21 datas en Norteamérica, incluíndo dúas en Canadá. Angels & Airwaves e Tokyo Police Club uníronse a eles como teloneiros e a banda de Brian Bell The Relationship tamén actuou con estes nun feixe de datas.

Raditude[editar | editar a fonte]

Weezer saíu de xira con Blink-182 no ano 2009, facendo unha parada o 30 de agosto no Virgin Festival no Merriweather Post Pavilion de Columbia, Maryland. O batería Josh Freese uníuse á banda temporalmente para tocar xa xira mentres Pat Wilson cambiouse á guitarra. Freese afirmou ser un seareiro de Weezer e non quería deixar pasar a oportunidade de tocar con eles.

A portada para o seu novo traballo, Raditude, foi revelada o 11 de setembro, sendo unha fotografía gañadora dun concurso do National Geographic onde aparece un can saltando. O álbum foi editado o día 3 de novembro, estreándose como o sétimo máis vendido desa semana na lista Billboard 200. A banda programou unha xira de promoción para decembro, que se extendería ata principios do ano 2010. O 6 de decembro Rivers Cuomo resultou ferido cando o autobús da xira sufríu un accidente debido a unha placa de xeo. Cuomo rompeu tres costelas e o seu asistente dúas. Weezer cancelou as datas da xira e reanudaríaa o 20 de xaneiro.

Tamén nese mes de decembro revelouse que a banda non continuaría co selo Geffen Records. O grupo afirmou que continuaría editando material novo, The band stated that they would still release new material, pero non tiñan claro como, se auto-editado, através da rede, ou asinando con outra discográfica. Finalmente Weezer foi fichada polo selo independente Epitaph.

Hurley[editar | editar a fonte]

No mes de agosto do 2010 a banda anunciou que o seu seguinte traballo levaría o nome de Hurley e que sería editado o 14 de setembro através do selo Epitaph Records. O nome está collido da personaxe Hugo "Hurley" Reyes da serie televisiva Lost. Jorge Garcia, o actor que encarna a Hurley, declarou que aparecer na portada do álbum era "unha das maiores honras da súa carreira". Hurley editouse finalmente o día 10 de setembro.

Membros[editar | editar a fonte]

Membros actuais[editar | editar a fonte]

Antigos membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

  • The Good Life - OZ EP - 1997
  • The Lion and the Witch - 2002
  • Winter Weezerland EP - 2005

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]