Troublemaker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Troublemaker"
sinxelo de Weezer
do álbum Weezer
Lanzamento 26 de xullo do 2008
Formato {{{formato}}}
Gravada 2008
Xénero musical rock alternativo, powerpop
Duración 2:45
Discográfica Geffen
Produtor(es) Jacknife Lee
Escritor(es) Rivers Cuomo
Cronoloxía
"Pork and Beans" "Troublemaker" "The Greatest Man That Ever Lived"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Troublemaker" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editada o 26 de xullo do 2008 (dixitalmente o 20 de maio) como terceiro sinxelo do seu álbum Weezer. Estreouse no número 39 da lista da Billboard Hot Modern Rock Tracks, e acadou o seu segundfo posto.

Anteriormente pensouse na canción como primeiro sinxelo do álbum, pero por razóns descoñecidas finalmente foi elexida "Pork and Beans".

Rivers Cuomo afirmou que o tema, xunto con outros do The Red Album, estaba fortemente influenciado polo rapeiro Eminem e pola "súa divertida forma de usar rimas".

A canción foi lanzada como contido descargable para os videoxogos Rock Band (xunto con "Dreamin'" e "The Greatest Man That Ever Lived") e Tap Tap Revenge. A canción usouse tamén para anuncios da televisión da serie The Mentalist e no trailer da película Fired Up.