Weezer (Blue Album)
| Weezer | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Álbum de Weezer | |||||
| Edición: | 10 de maio de 1994 | ||||
| Datas de gravación: | agosto - setembro de 1993 | ||||
| Estudio(s) de gravación: | Electric Lady Studios, New York | ||||
| Duración: | {{{duración}}} | ||||
| Xénero: | rock alternativo, powerpop | ||||
| Selo(s): | DGC Records | ||||
| Producido por: | Ric Ocasek | ||||
| Cronoloxía | |||||
|
|||||
Weezer (tamén coñecido coma The Blue Album) é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Weezer. Foi editado o 10 de maio de 1994 a través do selo DGC Records. No álbum aparecen os sinxelos "Undone - The Sweater Song", "Buddy Holly" e "Say It Ain't So", que foron os responsables de lanzar á banda ao gran público coa axuda dos seus videoclips dirixidos por Spike Jonze. En decembro do 2007 o álbum levaba vendidas máis de 3 millóns de copias nos Estados Unidos e trátase do álbum de Weezer con máis vendas.
No ano 2003 foi colocado no número 299 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[1].
Antecedentes [editar]
Weezer formárona o 14 de febreiro de 1992 en Los Angeles Rivers Cuomo, Pat Wilson, Matt Sharp e Jason Cropper. Comezaron a tocar en clubs e pequenos locais da zona de Los Angeles, porén, pasou bastante tempo antes de que a banda gañase algo de fama.
Weezer gravou The Kitchen Tapes como un intento de facerse escoitar na cidade. A banda finalmente conseguiu a atención do representante dun gran selo que buscaba grupos de rock alternativo. Entón asinaron un contrato para DGC Records o 26 de xuño de 1993 con Todd Sullivan, A&R de Geffen Records.
Listaxe de cancións [editar]
- "My Name Is Jonas" (Rivers Cuomo, Pat Wilson, Jason Cropper) - 3:24
- "No One Else" (Cuomo) - 3:04
- "The World Has Turned and Left Me Here" (Cuomo, Wilson) - 4:19
- "Buddy Holly" (Cuomo) - 2:39
- "Undone - The Sweater Song" (Cuomo) - 5:05
- "Surf Wax America" (Cuomo, Wilson) - 3:06
- "Say It Ain't So" (Cuomo) - 4:18
- "In the Garage" (Cuomo) - 3:55
- "Holiday" (Cuomo) - 3:24
- "Only in Dreams" (Cuomo) - 7:59
Notas [editar]
|
|||||||||||||||||