Juliana Hatfield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juliana Hatfield
Juliana Hatfield.png
Naceu 27 de xullo de 1967 (46 anos)
Orixe Wiscasset, Maine Flag of the United States.svg
Relacionado con Blake Babies, Some Girls, The Lemonheads, Evan Dando
Tempo en activo 1986 - actualidade

Juliana Hatfield (nada o 27 de xullo de 1967 en Wiscasset, Maine) é unha guitarrista e compositora estadounidense que tocou nas bandas de indie rock Blake Babies e Some Girls e na actualidade actua en solitario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacida en Wiscasset, Maine, vivíu ata a adolescencia en Duxbury, Massachusetts. A pesares de estar próxima a fervente cidade de Boston, en Duxbury Juliana tivo un acesso tardío ao rock. Dende pequena interesouse pola música, estudou piano e cantaba, pero só achou o seu camiño cando descubríu bandas como Replacements e Velvet Underground. Na súa época de universitaria mudouse para Boston para estudar canto no Berklee College of Music, xa coa idea de formar unha banda. Alí ela coñeceu a John Strohm (guitarrista) e a Brenda Love (batería) e con eles formou Blake Babies, en 1986.

Blake Babies[editar | editar a fonte]

Blake Babies lanzou o seu primeiro álbum, Nicely, Nicely, en 1987. e a partir dese momento a banda comezou a definir o seu son aproximándose a bandas contemporaneas como R.E.M. e Throwing Muses, con Juliana como principal compositora e vocalista.

A banda editou dous discos máis, Earwig e Sunburn, e converteuse nunha das bandas máis prometedoras da escena de Boston, xunto con The Lemonheads. Nese momento, xusto cando estaban a piques de dar o salto ao gran público, Blake Babies anunciou a súa disolución. Strohm e Brenda Nunes formaron Antenna e Juliana comezou a súa carreira en solitario.

Carreira en solitario[editar | editar a fonte]

O seu primeiro disco en solitario, Hey Babe, foi lanzado a través do selo Mammoth Records en 1992 e convertíuse nun dos traballos independentes máis vendidos dese ano, superando a cifra das 300.000 copias vendidas. Hatfield recrutou unha sección rítmica formada polo antigo batería de former Moving Targets e Bullet LaVolta Todd Phillips, e polo baixista de Thudpucker Dean Fisher, converténdose en The Juliana Hatfield Three.

Hatfield acadou o estrelato dentro do rock alternativo coa edición en 1993 de Become What You Are (baixo o nome de The Juliana Hatfield Three). Varios temas do disco foron emitidas regularmente en grandes emisoras estadounidenses, co seu tema "My Sister" converténdose no maior éxito da súa carreira, chegando ao número 1 da lista Modern Rock Tracks. Partes do video de "Universal Heartbeat" aparecería nun episodio de Beavis and Butt-Head. Outra das súas cancións, "Spin the Bottle", foi usada na banda sonora da película Reality Bites (1994). Hatfield tamén apareceu na portada da revista Spin.

Discografía[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

  • Hey Babe - 1992 (Mammoth)
  • Become What You Are - 1993 (Atlantic)
  • Only Everything - 1995 (Atlantic)
  • Bed - 1998 (Zoë / Rounder)
  • Beautiful Creature - 2000 (Zoë / Rounder)
  • Total System Failure - 2000 (Zoë / Rounder)
  • In Exile Deo - 2004 (Zoë / Rounder)
  • Made in China - 2005 (Ye Olde Records)

Con Blake Babies[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juliana Hatfield Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]