Pixies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PixiesLogo.png
Pixies in Kansas City, October 1, 2004.jpg
Pixies nun concerto en Kansas no 2004
Orixe Boston, Massachusetts, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período 1986 - 1993
2004 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo
Selo(s) discográfico(s) 4AD, Elektra, Spin Art, Artemis
Membros Black Francis
David Lovering
Joey Santiago
Paz Lenchantin
Antigos membros Kim Deal
Kim Shattuck
Na rede
pixiesmusic.com

Pixies é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en Boston, Massachusetts en 1986. O grupo separouse en 1993 pero volveu a reunirse en 2004. Os seus membros actuais son Black Francis (voz e guitarra), Joey Santiago (guitarra), David Lovering (batería) e Paz Lenchantin (baixo). O día 14 de xuño do 2013 a banda anunciou a través da súa páxina de Facebook que a baixista Kim Deal deixaba o grupo[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación da banda[editar | editar a fonte]

A banda formouse en Boston, Massachusetts, a comezos de 1986, por Charles Thompson (que despois mudaría o seu nome polo de Black Francis), nas voces e na guitarra, e o seu compañeiro de cuarto na universidade Joey Santiago na guitarra.

A través dun anuncio atoparon a Kim Deal, unha baixista de Ohio, que tocara antes na súa cidade natal nunha banda chamada Breeders coa súa irmá, Kelly. Pouco despois reclutaron ao batería David Lovering (amigo de Deal), e así formaron Pixies. Reza a lenda que o nome da banda foi sacado aleatoriamente do dicionario por Joey (o nome pode traducirse como "fadas"). Foi tamén nesa época cando Charles decidíu, inspirado por Iggy Pop, mudar o seu nome para Black Francis.

Primeiro traballo, Come On Pilgrim[editar | editar a fonte]

En 1986, os Pixies estaban tocando en Boston, nun concerto coa banda Throwing Muses, da guitarrista Tanya Donnevy (que máis tarde participaría en The Breeders. Ao manager de Throwing Muses, Gary Smith, que estaba entre o público gustoulle o son dos Pixies e ofereceulles a gravación dun disco. En marzo de 1987, a banda grava 17 cancións. Esa demo sería coñecida como The Purple Tape e acabou caíndo nas mans de Ivo Watts, un dos donos do selo inglés 4AD, que na época tamén era a discográfica de Throwing Muses. Impresionado co material, Watts contrata aos Pixies e lanza un EP chamado Come on Pilgrim, que ten 8 dos 17 temas da demo orixinal de The Purple Tape.

Surfer Rosa[editar | editar a fonte]

No ano seguinte a banda entrou no estudio para a gravación do seu primeiro LP, ao lado do produtor Steve Albini. O álbum Surfer Rosa foi lanzado na primavera de 1988 e recebiu boas críticas. A banda fíxose máis coñecida e acabou cambiando de selo, asinando pola Elektra Records.

Nestes primeiros dou discos dos Pixies a baixista Kim Deal asinou como Mrs. John Murphy, e incluso a única música composta por ela en Sufer Rosa, "Gigantic", é asinada con ese nome. Kim Deal usaría o seu auténtico nome a partir de Doolittle, xa coa Elektra.

Contrato cunha grande e Doolitle[editar | editar a fonte]

A finais de 1988 a banda volta ao estudio co produtor inglés Gil Norton. O disco Doolitle foi lanzado na primavera de 1989, e considérase o mellor da banda. Grazas aos temas máis comerciais "Monkey Gone to Heaven" e "Here Comes Your Man", o disco tivo bastante éxito e chega ao Top 10 inglés. A pesares destas cancións máis comerciais, o son da banda continua sendo o mesmo.

A xira Sex and Death que seguiu tivo moito éxito, sobre todo en Europa. Nos directos a banda amosaba as súas extravagancias, como o de tocar as cancións por orde alfabética ou a actitude de Black Francis, que nunca se dirixía ao público, deixando que fose Kim Deal a que o fixese.

Descanso e proxectos paralelos[editar | editar a fonte]

A banda ao vivo

En 1989 a banda decide darse un descanso e algúns dos seus integrantes adícanse a proxectos paralelos. Kim Deal, xunto con Tanya Donnevy (de Throwing Muses) e Josephine Wiggs (de Perfect Disaster), resuscitou a banda The Breeders e lanzou o álbum Pod en 1990 producido por Steve Albini. Black Francis comezaría unha pequena xira en solitario.

Ese ano a banda volve a reunirse para a gravação dun novo disco. Producido por Gil Norton, Bossanova edítase a finais de 1990 e segue a mesma liña ques discos anteriores, aínda que cunha influencia máis marcada do surf rock. Ese ano The Pixies sería unhas das cabezas de cartel do Reading Festival, en Inglaterra.

Trompe Le Monde[editar | editar a fonte]

Nesa época era evidente que as relacións entre Black Francis e Kim Deal non eran boas, e aumentaron os rumores sobre a disolución da banda. Sen embargo The Pixies entro no estudio novamente con Gil Norton para a gravación dun novo traballo. O resultado fou Trompe Le Monde, lanzado en 1991. O son da banda achégase un pouco ao hard rock neste novo álbum.

Despois de actuar como teloneiros de U2 na xira ZooTV, a banda decidiu tomarse un novo descanso. Kim Deal aproveitou para gravar o EP Saffari con The Breeders, e Black Francis comezou a gravar un disco en solitario.

Separación[editar | editar a fonte]

En 1992, pouco antes do lanzamento do disco, titulado Frank Black, Francis anunciou nunha entrevista na BBC o fin da banda debido ás malas relacións con Deal.

Despois da separación saíron algúns discos recompilatorios, destacando Death to the Pixies de 1997 e Complete B-Sides de 2001. Outros lanzamentos foron Pixies (The Purple Tape) e Pixies at the BBC. En 2003 comezan a aparecer rumores dunha posible reunión dos Pixies para a realización dunha xira mundial.

Volta á actividade[editar | editar a fonte]

A finais de 2003 Black Francis confirmou a reunión da banda, e os Pixies deron o seu primeiro concerto o 13 de abril do 2004 en Minneapolis, Minnesota. Seguíulle unha xira a través dos Estados Unidos e Canadá que durante o ano extendeuse a Brasil, Europa e Xapón.

No mes de xuño dese ano a banda editou o sinxelo "Bam Thwok" exclusivamente para a tenda de iTunes. 4AD reeditou Wave of Mutilation: The Best of the Pixies, xunto cun DVD acompañándo o disco. No mes de agosto foron cabezas de cartel, xunto con The Strokes, nos festivais V Festival e no T in the Park.

En 2005 tocaron nos festivais estadounidenses de Lollapalooza e de Sasquatch! e apareceron nalgúns eventos europeos, coma os festivais de Reading e de Leeds. En xullo de 2005 Francis anunciou que a banda agardaba gravar un novo álbum nos meses seguintes, o primeiro dende 1991, pero a idea finalmente no se levou a cabo.

A banda continuou actuando nos anos 2006 e 2007 e Francis comezou a dicir en entrevistas que a reunión estaba chegando ao seu fin. Pero a mediados do 2008 suxeríu novamente a posibilidade da gravación dun novo traballo.

O 13 de marzo do 2009 anunciaron que tocarían no Isle of Wight Festival, tocando o domingo xusto antes do cabeza de cartel, Neil Young.

. O 21 de abril confirmaron que unha nova edición podería reservarse a partir do 15 de xuño. O disco, Minotaur, sería un box set dos álbums anteriores do grupo con máis material gráfico, dispoñible en edición de luxo e edición limitada. O deseño gráfico sería feito por Vaughan Oliver e Simon Larbalestier, os responsables dese traballo nos álbums orixinais. Para coincidir coa data realizouse unha exposición, á que só podía accederse con invitación, onde se amosaban as obra elexidas para Minotaur en Londres. Tamén realizaron un concerto segredo no evento a onde asistiron Oliver, Larbalestier, un grupo de xornalistas e celebridades do indie (Kevin Shields, Dirty Pretty Things, Klaxons e The Horrors).

Para celebrar o 20 aniversario da edición de Doolittle, Pixies anunciou unha pequena xira europea en outubro do 2009 que pasaría por Londres, Glasgow, Amsterdam, Dublín e Frankfurt. Posteriormente tamén se anunciaron 14 datas adicionais polos Estados Unidos en novembro e contaban tamén con achegarse a Australia e Nova Zelandia a principios do 2010.

En xuño do 2010 contunuaron a xira de Doolittle con 11 datas nos Estados Unidos e anunciouse unha pequena xira por Sudamérica.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]