Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"El Scorcho" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editada como primeiro sinxelo do seu segundo álbum, Pinkerton, no ano 1996 polo selo DGC Records. No seu vido musical a banda aparece tocando nun vello salón de baile de Los Angeles, rodeado de todo tipo de luces de todo tipo que se encenden ao ritmo da música. O nome da canción supostamente procede dunha salsa picante da cadea de restaurantes Del Taco, que se chama "Del Scorcho".
O tema foi un fracaso comercial, e moitas emisoras negáronse a poñela. Esta é considerada unha das causas do fracaso inicial do álbum. Porén, en Australia fíxose moi popular e foi número 9 na lista Triple J Hottest 100. Debido a isto foi editada no recompilatorio de 1996 Triple J Hottest 100.
A canción pode ser descargada para xogar nos videoxogos Rock Band e Rock Band 2.
Listaxe de cancións [editar]
- UK 7" Single/UK CD #1
- "El Scorcho" – 4:03
- "You Gave Your Love to Me Softly" – 1:57
- UK CD #2
- "El Scorcho" – 4:03
- "You Gave Your Love to Me Softly" – 1:57
- "Devotion" – 3:11
|
|
|
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| EPs |
|
|
| Sinxelos |
|
|
| Outras cancións |
|
|