DGC Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DGC Records

Compañía nai Universal Music Group
Fundado en 1990
Fundador David Geffen
Estado
Distribuidoras Geffen Records, Polydor Records
Xénero(s) varios, pero centrado no rock alternativo
País de orixe Estados Unidos Flag of the United States.svg
Localización Santa Monica, California
Web oficial

DGC Records é un selo discográfico estadounidense pertencente ao Universal Music Group, que na actualidade opera como selo auxiliar de Interscope Records.

Historia[editar | editar a fonte]

DGC Records (acrónimo de "David Geffen Company") apareceu en 1990 como unha subsidiaria de Geffen Records e coa distribución de Warner Bros. Records ata 1991, cando foi adquirida polo grupo MCA Music Entertainment Group. O selo creouse como resposta ao éxito que Geffen tivera con artistas hard rock do seu plantel. A pesar de que inicialmente centrouse máis no rock progresivo e no heavy metal, a medida que a década avanzaba tamén abarcaría ao emerxente rock alternativo, asinando con influentes artistas como Nirvana, Sonic Youth e Beck. O selo tamén editou os primeiros traballos da banda de hip hop The Roots.

En 1999, durante a consolidación da empresa nai de Geffen, Universal Music Group, e PolyGram, o selo DGC parou as súas operacións. Os seus artistas pasarían a gravar con Geffen Records. Nos anos seguintes, o nome DGC e o seu logo apareceron ocasionalmente en reedicións do seu pasado catálogo. No ano 2007 o selo foi reactivado como unha marca de Interscope Records, herdando a moitos dos artistas alternativos que asinaran con Interscope-Geffen-A&M. Dende a súa reactivación editou álbums de Weezer, Beck, Counting Crows e Rise Against.

Ata a data, o álbum máis vendido do catálogo de DGC é o Nevermind de Nirvana, editado en 1991, que acadou unhas vendas internacionais de 25 millóns de copias, 10 deles só nos Estados Unidos, e é un dos primeiros álbums que foron certificados diamante.