The Lion and the Witch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Lion and the Witch
EP de Weezer
Data de edición: 24 de setembro do 2002
Lanzamento:
Datas de gravación: maio do 2002
Estudo(s) de gravación:
Duración: 26:24
Xénero musical: rock alternativo, power pop
Selo discográfico: Geffen
Producido por: Rupert Peasley
Cronoloxía
Maladroit The Lion and the Witch Make Believe

The Lion and the Witch é un EP da banda estadounidense de rock alternativo Weezer. Foi gravado en Xapón na primavera do ano 2002 mentres promocionaban o seu álbum Maladroit, e editado o 24 de setembro do 2002, seis anos xustos despois da aparición de Pinkerton. Distribuíuse como edición limitada de 25.000 copias en tendas de música independentes.

Ao igual que con Maladroit, a comercialización deste EP causou problemas entre Weezer e Geffen Records. A banda quería un EP con oito temas cunha embalaxe única que non fose con caixas de plástico. Geffen díxolles que a súa idea da embalaxe era demasiado cara e o númeiro de cancións tiña que reducirse a seis. Finalmente a idea da embalaxe conservouse, pero foron incluídos seis temas e unha canción oculta, "Polynesia", que abre o disco.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas por Rivers Cuomo agás "Polynesia", composta por Scott Shriner.

  1. "Dope Nose" (comeza cunha breve interpretación de "Polynesia")- 5:20
  2. "Island in the Sun" - 3:55
  3. "Falling for You" - 4:23
  4. "Death and Destruction" - 4:19
  5. "El Scorcho" - 4:16
  6. "Holiday" - 4:10