Rivers Cuomo
| Rivers Cuomo | |
|---|---|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | 13 de xuño de 1970 (42 anos) |
| Orixe | Nova York |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | guitarra, voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Weezer |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Rivers Cuomo, nado o 13 de xuño de 1970 en Nova York, é un músico estadounidense. É o líder, guitarrista, vocalista e compositor da banda de rock alternativo Weezer.
Traxectoria [editar]
Cuomo, o cal comezou a súa viaxe musical baixo o pseudónimo de "Peter Kitts", formou unha banda de metal progresivo chamada Avant Garde, e fixo varios concertos en Connecticut. El mudouse coa banda a Os Ánxeles en marzo de 1989, e Avant Garde cambiou o seu nome a Zoom, que foi disolta a finais da primevera de 1990.
Weezer [editar]
- Artigo principal: Weezer.
Despois dunha serie de proxectos musicais nos Ánxeles, Cuomo formou Weezer o 14 de febreiro de 1992 con Pat Wilson, Matt Sharp e Jason Cropper. Jason deixou a banda durante a gravación do seu primeiro disco e Brian Bell ocupou o seu lugar. Weezer asinou un contrato coa DGC, pertencente á Geffen Records, o 25 de xuño de 1993. Comezaron a gravación de Weezer (tamén coñecido coma The Blue Album) en agosto de 1993 nos estudos Electric Lady en Nova York co produtor Ric Ocasek. Logo dalgúns álbums máis editados, o éxito comercial rotundo da banda chegaría en 2000, coa canción "Island In The Sun", incluída no Green Album. Tras este disco, saíu ó mercado Maladroit (2001).
Despois dun parón de catro anos, durante os cales Cuomo volveu á universidade, Weezer editou en 2005 o que é polo de agora o seu último traballo, Make Believe.
Outras bandas [editar]
Á parte de Weezer, Cuomo tocou n varios proxectos musicais, entre os que se inclúen Avante Garde, Zoom, Sixty Wrong Sausages e Fuzz. Durante o parón de Weezer a finais dos 90, Rivers formou un proxecto chamado Homie, ou segundo os fans, a Rivers Cuomo Band. Cuomo contribuiu tamén nas gravacións de varios músicos (Crazy Town, Cold, Mark Ronson). El tamén tocou brevemente na banda AM Radio en 2002 e 2003.
A principios de 2004 fixo unha aparición sorpresa co ex-baixista de Weezer Matt Sharp tocando na California State University, Fullerton, e interpretando dous temas da banda: "Say It Ain't So" e "Undone", unha vella demo, "Mrs. Young", e unha nova canción que compuxeron xuntos, "Time Song".
O 18 de decembro do 2007 está prevista a edición de Alone - The Home Recordings of Rivers Cuomo, un álbum que reune demos e gravacións caseiras feitas por Cuomo nos últimos quince anos.
|
|||||||||||||||||