Usuario:Piquito/Portal:Eurovisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Festival de Eurovisión (en inglés Eurovision Song Contest; en francés Concours Eurovision de la Chanson) é un festival da canción televisado, creado en 1956 de carácter anual e con participantes de numerosos países europeos, organizado pola Unión Europea de Radiodifusión. A representación dos diversos países escóllena as canles de televisión pública. O Festival retransmítese por televisión e radio en toda Europa. Nos últimos anos, o Festival retransmitiuse a moitas outras partes do mundo (é especialmente seguido en Australia) e tamén se difundiu a través de internet...

No 61º Festival de Eurovisión celebrado en 2016, Ucraína proclamouse campioa logo de que a canción "1944" da cantante kirguiz-ucraína Jamala sumara un total de 534 puntos.


Para a vindeira edición...

1ª Semifinal de Eurovisión finalizou. (actualizar)
2ª Semifinal de Eurovisión finalizou. (actualizar)
A Final de Eurovisión finalizou. (actualizar)

Artigo destacado

editar

ABBA (estilizado ᗅᗺᗷᗅ®) foi un grupo sueco de música pop, integrado por Benny Andersson, Anni-Frid «Frida» Lyngstad, Björn Ulvaeus e Agnetha Fältskog. O nome «ABBA» é un acrónimo formado polas primeiras letras do nome de cada membro (Agnetha, Björn, Benny, Anni-Frid). O cuarteto formouse en Estocolmo en 1972, pero só lograron fama internacional ao triunfar no Festival de Eurovisión 1974. Desde entón, ABBA gañou popularidade empregando melodías pegadizas, letras simples e o seu son propio, caracterizado polas harmonías das voces femininas e o wall of sound, un efecto musical creado polo produtor Phil Spector. Björn e Agnetha contraeron matrimonio meses antes da formación do cuarteto, mentres que Benny e Frida fixérono en 1978; os catro cumprían coas súas obrigacións artísticas ao tempo que se ocupaban das súas novas familias. As súas gravacións tiveron un impacto comercial que os levou a converterse nos artistas de maior éxito da súa compañía discográfica —Universal Music Group— e a ser a banda con máis vendas nos anos 1970.
Imaxe destacada
Artigos de calidade e bos

editar Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Categorías
Biografía destacada

editar

Jon Ola Sand é un executivo noruego de televisión, e traballa para a emisora pública noruega Norsk Rikskringkasting (NRK).

Sand ten 15 anos de experiencia traballando en grandes producións e coproducciones de NRK e TV 2, así como a produción para empresas independentes. É membro da Academia Internacional de Artes e Ciencias de Televisión. Sand produciu e dirixido diversos programas, como o concerto do Premio Nobel da Paz, os Premios Noruegos do Cine e a selección nacional de Noruega para o Festival de Eurovisión, Melodi Grand Prix. En 2010, Jon Ola Sand foi designado Productor Executivo do Festival de Eurovisión 2010, celebrado en Oslo, Noruega, xa que Sand é productor de televisión da canle noruego NRK, responsable da celebración do festival en 2010.

O 26 de novembro de 2010, Jon Ola Sand foi nomeado supervisor executivo do Festival de Eurovisión e do Festival de Eurovisión Junior, despois de que Svante Stockselius renunciase ao seu posto logo de varios anos. Sand comezou a súa nova función de Supervisor executivo da UER o día 1 de xaneiro de 2011.

Sabías que...?

editar

Valentina Monetta

Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Irlanda
Irlanda

Irlanda

Portugal
Portugal

Portugal

Rusia
Rusia

Rusia

Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons