Fento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Felgo")
Fentos (Pteridophyta)
Adiantum pedatum
Adiantum pedatum
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clases[1]
Fentas en Bastavales, Brión.

Os fentos, fieitos ou felgos son plantas vasculares agrupadas na división Pteridophyta.[2]

O grupo fórmano unhas 12.000 especies de plantas que, coma os brións, teñen xilema e floema (sendo logo consideradas plantas vasculares). Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.

A diferenza é que non teñen flores nin producen semente, ao se reproduciren por esporas. Están formados por un rizoma carnoso e follas grandes ás veces moi divididas: as frondes.

O grupo de fentos máis amplo con diferenza é Polypodiopsida, pero os fentos como aquí se definen (chamados tamén monilofitos) inclúen as xestelas (xénero Equisetum), o xénero Psilotum, a familia das maratiáceas, e a das ofioglosáceas. O termo pteridophyte tamén se refire a outras plantas vasculares que non son en si "fentos" (ver clasificaciónn na sección de abaixo).

Os fentos aparecen en rexistros fósiles de hai 360 millóns de anos, no Carbonífero, porén moitas das familias e especies que hoxe en día existen non apareceron até hai aproximadamente 145 millóns de anos, ao comezo do Cretáceo (despois de que as plantas con flores comezaran a dominar o ambiente).

Os fentos non teñen moita importancia económica, aínda que algúns son comestíbeis, poden ser usados como ornamentais, para restauración de solos contaminados ou incluso para limpar o ar pola súa capacidade de retirar contaminates químicos do ar. Algúns considéranse herbas daniñas. Xogan tamén un papel importante na mitoloxía, na medicina e na arte.

O máis estendido dos fentos é o fento común (Pteridium aquilinum), moi abondoso en Galicia, por exemplo nas carballeiras onde forman estensas superficies. Emprégase como estrume. Segundo a área xeográfica recibe diferentes nomes: fieito, felgo, fenta, fieita ou folgueira.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

"Fento" e a súa variante "fieito" (en portugués feto) orixínanse do termo latino filictu[3]. As formas felgo ou folgueira, semellantes a outras linguas latinas, coexisten no galego, mais son minoritarias. En catalán chámanlle logo falguera, en occitano falguièra, en aragonés felequeras, e en francés fouguère. Todas, xunto á galega folgueira, derivan do latín serodio FILICARIA, orixinariamente un colectivo, indicador de lugar con abundancia destas plantas, en galego: fieital, fieiteira ou fenteira.

Especies en Galiza[editar | editar a fonte]

Aínda que existen unhas 10.000 especies de fentos, en Galiza atopamos unhas 71 naturais[4]. Estas son as máis destacábeis:

Escasas (alto valor ecolóxico)[12][editar | editar a fonte]

Naturalizadas[editar | editar a fonte]

Invasoras[editar | editar a fonte]

Evolución e clasificación[editar | editar a fonte]

Os fentos aparecen nos rexistros fósiles de comezos do período Carbonífero. Polo Triásico, aparecen as primeiras evidencias de fentos relacionados coas familias actuais. A maior expansión dos fentos dáse a finais do Cretáceo, cando aparecen a meirande parte das familias actuais. Un dos problemas na clasificación dos fentos son as especies crípticas; especies que son moi semellantes morfoloxicamente a outras, mais difiren xeneticamente o que imposibilita a súa reprodución. Un bo exemplo disto é o do fento das boticas, especie común en Galiza e actualmente designada coma Asplenium trichomanes, que non é senón un complexo de especies que inclúe grupos ou razas diploides e tetraploides. Existen diferenzas pequenas pero morfoloxicamente incertas entre os dous grupos, que prefiren hábitats tamén distintos. Na maioría dos casos, como ocorre neste, os complexos de especies separáronse en dúas especies diferentes, aumentando e complicando, deste xeito, o número de especies de fentos. Posibelmente aínda existan moitas especies crípticas por descubrir. Os fentos tradicionalmente foran agrupados na clase Filicios, mais as clasificacións modernas asígnanos no seu propio filo ou división no reino vexetal, chamado Pteridophyta (pteridófitos), tamén coñecido coma Filicophyta (filicófitos). Ás veces ao grupo tamén se chama Polypodiophyta, (ou Polypodiopsida cando se trata coma unha subdivisión de tracheophyta (traqueofita) (plantas vasculares). O termo "pteridophyta" tradicionalmente empregouse para designar a todas as plantas vasculares sen sementes, sendo logo sinónimo de fento ou plantas afíns. Isto pode ser confuso xa que os membros do filo de fentos Pteridophyta son ás veces chamados pteridófitos. Tradicionalmente, tres grupos discretos de plantas teñen sido considerados fentos: dous grupos de fentos eusporaxiados—as familias Ophioglossaceae (linguas de serpe, "Botrychium ", e os "Sceptridium") e Marattiaceae—e os fentos leptosporanxiados. Os Marattiaceae son un grupo primitivo de fentos tropicais cun rizoma grande e carnoso e que hoxe se pensa que é un taxon irmán do principal grupo de fentos, os leptosporanxiados. Moitos outros tipos de plantas considéranse afíns aos fentos coma: Os Lycopodiopsida, os do xénero "Selaginella "es, e a familia Isoetaceae en Lycopodiophyta, os "Psilotum" en Psilotaceae, e os "Equisetum" en Equisetaceae. Estudos xenéticos máis recentes amosaron que Lycopodiophyta están moito máis afastados ás outras plantas vasculares, mentres que os "Psilotum" e as cabaliñas ou "Equisetum" serían moito máis ‘fentos reais’ que Ofioglosoides e Marattiaceae. Porén, aínda existen diferenzas de opinión sobre a clasificación das especies de Equisetum. Unha clasificación feita en 2006 por Smith et al. Baséase en estudos sitemáticos moleculares recentes, ademais de contar cos datos morfolóxicos. A súa filoxenia está consensúada en numerábeis estudos; amósase abaixo (no nivel de ordes).[15][16]

Modelo:Barlabel

A súa clasificación en base a esta filoxenia divide os fentos existentes en catro clases:

O último grupo inclúe a meirande parte das plantas coñecidas como fentos ou fieitos. Pescudas actuais están a apoiar as ideas antigas baseadas na morfoloxía segundo as cales Osmundaceae separouse a comezos da historia evolutiva dos fentos leptosporanxiados. Dalgún xeito esta familia é intermediaria ente os fentos eusporanxiados e os leptosporanxiados. As investigacións de Rai e Graham a partir desta clasificación de 2006, amplamente apoian a división en catro grupos, concluíndo que na actualidade non se coñecen aínda moi ben todas as relacións entre as principais liñaxes de monilófitas.[18]

Etnoloxía[editar | editar a fonte]

Refráns:[19]

  • Non nacer ao pé dun fento -Atoparse unha cosa en calquera parte ou axiña[20].
  • Vale máis ser amo dun fento ca criado dun convento[21].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Smith2006
  2. Chapman, Arthur D. (2009). Numbers of Living Species in Australia and the World. Report for the Australian Biological Resources Study. Canberra, Australia. September 2009. http://www.environment.gov.au/biodiversity/abrs/publications/other/species-numbers/index.html
  3. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.773
  4. Guía dos fentos de Galicia de Henrique Niño Ricoi, Baía Edicións, decembro de 2008
  5. Nome común en MiniAtlas Xeobotánico de Galicia - http://www.vexetaciondegalicia.es/fento.php?id=polystichum
  6. Nome común galego preferido en Termos Esenciais de Botánica, entrada 94 da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  7. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  8. Nome común galego preferido en Termos Esenciais de Botánica, entrada 383 da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  9. Nome galego favorito en asturanatura.com - http://www.asturnatura.com/especie/asplenium-onopteris.html
  10. Nome galego favorito en asturanatura.com - http://www.asturnatura.com/especie/asplenium-onopteris.html
  11. Nome vulgar galego preferido en Termos Esenciais de Botánica do Servizo de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002. Tamén en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992):, Xunta de Galicia
  12. Poden atoparse nas Fragas do Eumee outros poucos lugares abeirados e illados
  13. Nome común en MiniAtlas Xeobotánico de Galicia - http://www.vexetaciondegalicia.es/fento.php?id=culcita
  14. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/02/20/2438751.shtml
  15. name=Smith2006
  16. Li et. al (2011) Li F-W, Kuo L-Y, Rothfels CJ, Ebihara A, Chiou W-L, et al. (2011) "rbcL and matK Earn Two Thumbs Up as the Core DNA Barcode for Ferns." PLoS ONE 6(10): e26597. doi 10.1371/journal.pone.0026597
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Modelo:Cite document
  18. Rai, Hardeep S. e Graham, Sean W. (2010). "Utility of a large, multigene plastid data set in inferring higher-order relationships in ferns and relatives (monilophytes)". American Journal of Botany 97 (9): 1444–1456. DOI:10.3732/ajb.0900305., p. 1450
  19. http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=dentabr%FAn&tipo_busca=lema
  20. X. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): Vocabulario popular castelán-galego (publicado por entregas en El Pueblo Gallego)
  21. Eligio Rivas Quintas (1978): Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Hai moitos topónimos relacionados con estas planta:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]