Experimento de Michelson-Morley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A experiencia de Michelson-Morley, unha das máis importantes e famosas experiencias da historia da física, levouse a cabo en 1887 no que é hoxe a Case Western Reserve University, e considérase a primeira proba forte contra a teoría dun éter luminífero. A teoría física no fin do século XIX postulaba que, tal como as ondas de auga teñen de ter un medio por onde propagarse (a auga) e as ondas sonoras audíbeis tamén requeren o seu medio (o ar), as ondas luminosas irían necesitar, tamén elas, dun medio propio, o "éter luminífero". A velocidade de movemento do laboratorio terrestre idealizado por Michelson-Morley "instalado na superficie dese planeta" en 1887 na Alemaña, mostrou que "se existir" o éter debería arrastarse xuntamente co laboratorio, ou caso contrario o movemento da terra debería somarse ou subtraerse ás propagacións electromagnéticas na faixa das frecuencias estudadas, mesmo se o feixe luz se deslocase en dirección paralela ou perpendicular ao movemento terrestre, como nada diso aconteceu, o experimento demostrou que a propagación da luz é independente do medio.

Mais visto que a velocidade da luz é tan elevada, a concepción dun laboratorio estábel o suficiente libre de vibracións , precisou asentarse sobre un lenzol de estaño derretido, capaz de detectar usando o Efeito Doppler as interferencias nas ondas de luz na presenza do éter, de propiedades aínda imaxinosas, alén de moito diñeiro necesitou dun considerábel esforzo intelectual que mesmo así pode ter sido indebidamente aplicado, dada a precisión requirida.