Minuto
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Minuto.
O minuto (min) é unha unidade de tempo que equivale á sesaxésima parte dunha hora. Tamén equivale a 60 segundos, que é a unidade de tempo do Sistema Internacional de Unidades.
Isto é:
-
- 1/60 h = 1 min = 60 s
A verba minuto provén do latín pars minuta prima, que significa ‘parte diminuta primeira’, coa mesma etimoloxía que «menor». O segundo era denominado pars minuta secunda, a ‘parte diminuta segunda’.
| Unidades de tempo | |||
|---|---|---|---|
| femtosegundo | picosegundo | nanosegundo | microsegundo | milisegundo | segundo | |||
| minuto | hora | día | semana | mes | ano | lustro | década | século | milenio | cron | eón | |||