Semana
A semana é un período de tempo de sete días consecutivos.
Índice |
Por qué 7 días? [editar]
O feito de que a semana teña sete días débese moi probabelmente á division en catro cuartos — as semanas —dun ciclo lunar (28 días). O ciclo lunar era importante pois xa desde a antigüidade servía (e serve) de base para os meses en moitos calendarios.
Nomenclatura dos días da semana [editar]
Os nomes dos sete días da semana son, en galego:
- luns ou Segunda-feira
- martes ou Terza-feira
- mércores ou Cuarta-feira
- xoves ou Quinta-feira
- venres ou Sexta-feira
- sábado ou Sábado
- domingo ou Domingo
A nomenclatura débese á asociación de cada un con planetas (que eran deuses pagáns), excepto o domingo “día do Señor” (Domenicus dies) e mais o sábado, que ten orixe xudaica (“día do sabá”, sabbatum).
A Igrexa combateu os nomes pagáns, mais a campaña só tivo éxito no continente europeo en Portugal e Galiza, onde se adoptou inicialmente: prima feira, secunda feira, tertia, cuarta, quinta, sexta, septima feira. Feira significaba “día de festa”, “día santo” en latín.
Descanso semanal [editar]
Nos países tradicionalmente cristáns obsérvase o descanso laboral no domingo, nos musulmanos no venres e nos xudeus (e polo tanto en Israel) no sábado.
Comezo da semana [editar]
En case todos os países do mundo a semana comeza o luns, agás en Portugal e nalgúns países anglosaxóns (como EE.UU. e o Reino Unido), onde a semana comeza o domingo.
| Unidades de tempo | |||
|---|---|---|---|
| femtosegundo | picosegundo | nanosegundo | microsegundo | milisegundo | segundo | |||
| minuto | hora | día | semana | mes | ano | lustro | década | século | milenio | cron | eón | |||