Godspeed You! Black Emperor
| Godspeed You! Black Emperor | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Montreal, Canadá |
| Período | 1994 – 2003 2010 – actualidade |
| Xénero(s) | post-rock, música experimental, rock instrumental, dark ambient |
| Selo(s) discográfico(s) | Constellation, Kranky |
| Membros | Efrim Menuck Mike Moya Mauro Pezzente David Bryant Aidan Girt Sophie Trudeau Thierry Amar Bruce Cawdron |
| Antigos membros | Roger Tellier-Craig Norsola Johnson Grayson Walker John Littlefair Thea Pratt James Chau |
| Web oficial | Páxina web |
Godspeed You! Black Emperor (anteriormente escrito como Godspeed You Black Emperor! e normalmente abreviado como GYBE ou GY!BE) é unha banda canadense de post-rock procedente de Montreal, Quebec e formada en 1994. Foron o primeiro grupo en editar as súas gravacións a través de Constellation, un influínte selo discográfico independente tamén localizado en Montreal.
Despois da publicación do seu álbum de estrea en 1997, a banda xirou con regularidade dende 1998 ata 2002. No 2003 o grupo anunciou un hiato indefinido para que os seus membros se dedicasen a outros proxectos musicais. Nese período falouse varias veces da separación definitiva de Godspeed You! Black Emperor, pero volveu a reunirse para unha xira que tivo lugar entre finais do 2010 e principios do 2011, tocando tamén no festival de Coachella do 2012.
Discografía [editar]
- All Lights Fucked on the Hairy Amp Drooling - 1994
- F♯ A♯ ∞ - 1997
- Slow Riot for New Zerø Kanada - 1999
- Lift Your Skinny Fists Like Antennas to Heaven - 2000
- Yanqui U.X.O. - 2002
- 'Allelujah! Don't Bend! Ascend! - 2012