The Jesus Lizard
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| The Jesus Lizard | |
|---|---|
A banda en The Forum de Londres no ano 2009 |
|
| Información | |
| Orixe | Austin, Texas, |
| Período | 1987 – 1999 2008 – actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, noise rock, post-hardcore |
| Selo(s) discográfico(s) | Touch and Go, Capitol |
| Membros | David Yow David Wm. Sims Duane Denison Mac McNeilly |
| Antigos membros | Jim Kimball Brendan Murphy |
| Web oficial | |
The Jesus Lizard é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en 1987 en Austin, Texas, e baseada en Chicago, Illinois dende 1989 ata 1999, ano no que se separaría. A banda reuniuse no 2008.
Trala separación do grupo Scratch Acid, o cantante David Yow estableceuse en Chicago, onde coñeceu ao guitarrista Duane Denison. Nun principio David Yow encargouse do baixo, pero debido á súa pouca habilidade co instrumento optaron por recrutar ao tamén ex-membro de Scratch Acid, David Wm. Sims. Neses inicios non dispoñían de batería, polo que usaban dunha caixa de ritmos. Despois da gravación do seu primeiro EP, Pure, uníuselles o batería Mac McNeilly completando a formación.
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
- Head - 1990 (Touch and Go)
- Goat - 1991 (Touch and Go)
- Liar - 1992 (Touch and Go)
- Down - 1994 (Touch and Go)
- Shot - 1996 (Capitol)
- Blue - 1998 (Capitol)