Big Black

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Big Black
Jeff Pezzati and Santiago Durango 1.JPG
Jeff Pezzati e Santiago Durango ao vivo con Big Black.
Orixe Evanston, Illinois, Flag of the United States.svg
Período 1981 - 1987
Xénero(s) punk rock, rock alternativo, indie rock, noise rock, post-hardcore, post-punk
Selo(s) discográfico(s) Ruthless, Fever, Homestead, Blast First, Touch and Go
Membros Steve Albini
Jeff Pezzati
Santiago Durango
Dave Riley

Big Black foi unha banda estadounidense de punk rock procedente de Evanston, Illinois, activa dende 1981 ata 1987. Fundada polo guitarrista e vocalista Steve Albini, a súa formación incluía tamén ao guitarrista Santiago Durango e ao baixista Jeff Pezzati, ambos da banda Naked Raygun. En 1985 Pezzati foi substituído por Dave Riley, quen tocou nos dous álbums de estudio da banda, Atomizer (1986) e Songs About Fucking (1987).

O son agresivo e abrasivo de Big Black caracterízase polas súas distintivas guitarras metálicas e o uso dunha caixa de ritmos antes que unha batería, elementos que precederon a aparición do rock industrial. A banda non tiña tabús, e nas letras de Albini falábase abertamente de temas como o asasinato, a violación, o abuso sexual a menores, o racismo ou a misoxinia. Tamén tiveron uns principios moi firmes, fuxindo da industria da música comercial e mantendo un control completo sobre todos os aspectos da súa carreira. Big Black organizou as súas xiras, pagou as gravacións e rexeitou asinar contratos, evitando moitos dos símbolos corporativos das bandas de rock. Este feito tivo un impacto moi significativo na evolución estética da música rock independiente.

Ademais dos dous álbums de estudio, Big Black editou dous álbums en directo, dous recompilatorios, catro EPs e cinco sinxelos, todos eles através de selos independentes.

Influencia[editar | editar a fonte]

O estilo agresivo de guitarras e o seu uso de caixa de ritmos de Big Black servíu de precursor para o rock industrial. Esteticamente, os firmes ideais da banda, a independencia incondicional, a insistencia no control creativo, e os seus descarnados temas das súas letras tiveron un significante impacto no desenvolvimento da comunidade rock independente. Albini resumiu varias das principais ideas da banda nestas notas do seu álbum Pigpile:

Organizativamente, comprometémonos a un feixe de principios básicos: tratar a todo o mundo co respecto que se merece (e non máis), evitar ás persoas que apelan á nosa vanidade ou ambición (eles sempre teñen un punto de vista), operar o máximo posible a parte da "escena musical" (que nunca foi o noso principal terreo), e non tomar a merda de ninguén no proceso.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbums en directo[editar | editar a fonte]