Póker
O póker, é un xogo de cartas xogado por dúas ou máis persoas, moi común en casinos. É o máis popular dunha clase de xogos nos cales os xogadores coas cartas total ou parcialmente escondidas fan apostas para un monte central, despois do que o resultante das apostas é atribuído ao xogador ou xogadores que posuíran o mellor conxunto de cartas.
Para xogar o póker, é necesario aprender as regras e procedementos básicos do xogo, os valores das varias combinacións de cartas e as regras sobre as apostas e os seus límites . Algúns coñecementos sobre o equipamento usado para xogar son útiles. Hai tamén moitas variantes do póker, categorizadas libremente como póker fechado(draw poker), póker aberto (stud poker), community card poker e outros. Os xogos máis habituais das primeiras tres categorías son o five-card draw, seven-card stud e Texas hold'em, respectivamente. Cada un destes tres xogos é un bo punto de partida para aprender outros xogos do mesmo xénero.
Índice |
Historia [editar]
Desenvolveuse nos EUA e tornouse o xogo favorito dos norteamericanos, especialmente dos pioneiros do Oeste.
A orixe do póker é moi antiga e está ligada a varios outros xogos que tamén se basean en combinacións de cartas do mesmo valor e que presentan un sistema de apostas moi semellante ao do póker actual.
Póker é o xogo de azar máis xogado no mundo.
Tipos de Póker [editar]
- Póker Aberto
- Póker Pechado
Curiosidades do Póker [editar]
- A versión máis antiga do póker chamábase As-nas e surxiu na Persia, no século XV.
- Nos EUA xógase sempre coa baralla completa, calquera que sexa o número de xogadores.
- Por iso, no Brasil flush (cores) gaña de full house (fulan), mais nos EUA perde.
- Non se debe blefar contra un mal xogador.
- Se o xogo durar máis que tres horas a sorte pouco influirá.
- Con dous pares, de man, a chance de fulan é tan remota canto fechar unha seguida pedindo unha carta no medio.
- Pedir unha soa carta para trinca, recibida de man, non altera as chances de fulan.
- Póker, como é coñecido no Brasil, é orixinario da Europa e corresponde a apenas dúas ou tres das máis de cen modalidades praticadas nos EUA.
- Póker ven do inglés poker, que se orixina do francés poque, que por súa vez deriva do alemán pochen que significa blefar.









