Bad Brains
| Bad Brains | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Washington, D.C., |
| Período | 1977 – 1984 1986 – 1995 1997 – actualidade |
| Xénero(s) | hardcore punk, reggae, heavy metal |
| Selo(s) discográfico(s) | ROIR, Caroline, SST, Epic, Maverick/Warner Bros, Megaforce |
| Membros | H.R. Dr. Know Darryl Jenifer Earl Hudson |
| Antigos membros | Sid McCray Israel Joseph I Mackie Jayson Chuck Mosley |
| Web oficial | http://www.badbrains.com/ |
Bad Brains é unha banda estadounidense de hardcore punk formada en Washington, D.C. en 1977. Está amplamente considerada como pioneira do hardcore punk, aínda ques os seus membros opuxeronse ao uso deste termo para describir a súa música. Tamén é unha banda de reggae, aínda que en posteriores gravacións introduciron elementos doutros xéneros como funk, heavy metal, hip-hop e soul. Bad Brains son destacados seguidores do movemento Rastafari.
Orixinalmente formouse como un conxunto de jazz fusion baixo o nome de Mind Power, pero Bad Brains desenvolveu un son punk rock moi rápido e intenso que sería etiquetado como "hardcore", e adoitou a tocar máis rápido e con máis énfase que moitos dos seus compañeiros. O único factor da música da banda foi o feito de tocar ritmos máis complexos que outros grupos de hardcore punk, tamén adaptando un solos e riffs de guitarra de estilo non punk nos seus temas.
Bad Brains separouse e reformouse varias veces ao longo dos anos, ás veces con diferentes vocalistas e/ou baterías. A formación clásica e actual está composta polo vocalista H.R. (Human Rights), o guitareista Dr. Know, o baixista Darryl Jenifer e o batería Earl Hudson, irmán menor de H.R.
Discografía [editar]
- Bad Brains - 1982
- Rock for Light - 1983
- I Against I - 1986
- Quickness - 1989
- Rise - 1993
- God of Love - 1995
- I & I Survived - 2002
- Build a Nation - 2007
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)