Mission of Burma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mission of Burma
Mission of Burma na sala Mondo de Vigo.jpg
Mission of Burma na sala Mondo de Vigo
Orixe Boston, Massachusetts, Flag of the United States.svg
Período 1979 - 1983
2002 - actualidade
Xénero(s) post-punk, noise rock
Selo(s) discográfico(s) Ace of Hearts, Matador
Membros Roger Miller
Clint Conley
Peter Prescott
Bob Weston
Antigos membros Martin Swope
Web oficial missionofburma.com


Mission of Burma é unha banda estadounidense de post-punk formada en Boston, Massachusetts en 1979. Foi fundada por Roger Miller (guitarra), Clint Conley (baixo), Peter Prescott (batería) e Martin Swope (manipulador de son). Miller, Conley e Prescott comparten as voces e as labores de composición.

Nos seus primeiros anos as gravacións da banda foron editadas a través do pequeno selo de Boston Ace of Hearts. A pesar do seu éxito inicial, a banda desfíxose en 1983 debido a que Miller desenvolveu un acúfeno causado polo volume das actuacións da banda. Ata ese momento o grupo editara un único álbum, Vs.. Mission of Burma reformaríase no ano 2002, con Bob Weston substituíndo a Swope, e dende entón gravaron tres álbums máis ONoffON, The Obliterati e The Sound the Speed the Light.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

A súa historia comezou como un grupo de curta vida chamado Moving Parts, no que estaban Roger Miller, que se mudara a Boston dende Ann Arbor, Michigan, e Clint Conley, procedenmte de Darien, Connecticut. Cando a banda se separou amigablemente en 1978, Miller e Conley comezaron a ensaiar xuntos e buscaron un batería para acompañalos. O ex-batería da banda Molls, Peter Prescott, que admiraba a música de Moving Parts, uniríase entón a eles.

Tomaron o seu nome dunha placa que viron nun edificio diplomático de Nova York e que poñía "Mission of Burma", e pensaron que a frase tiña un sentido "escuro e inquietante". Mission o Burma realizou a súa estrea o 1 de abril de 1979 cunha actuación como trío en The Modern Theater. Posteriormente nese mesmo mes compuxo o tema "Nu Disco", e sentíu que podería ser mellorado cun loop de cinta. Miller contactou entón con Martin Swope, co cal xa traballara anteriormente compoñendo pezas inspirados en composicións de John Cage e Karlheinz Stockhausen. Swope entraría no grupo como técnico de directo e ocasianalmente facendo efectos con cintas. Cara 1981 a meirande parte dos temas de Mission of Burma tiñan efectos engadidos por Swope e era considerado como un membro máis do grupo, aparecendo nas fotografías promocionais e nos créditos das gravacións.

Desde os seus comezos, Mission of Burma foi apoiada pola revista musical local Boston Rock, que editou unha longa entrevista coa banda antes de que lanzasen o seu primeiro traballo, e pola emisora da universidade de Boston WMBR. A emisora pinchou repetidamente o tema "Peking Spring", e converteuse na canción máis escoitada desa radio en 1979. Mission of Burma quería editar a canción como sinxelo, pero nese momento non atoparon un selo.

Signals e Vs.[editar | editar a fonte]

Cara 1981 a banda asinou un contrato discográfico co selo Ace of Hearts. A súa primeira edición foi o sinxelo "Academy Fight Song", coa cara-b "Max Ernst". A produción a cargo de Rick Harte era moito máis refinada que as irregulares actuacións ao vivo da banda, e esta inicialmente puxéronlle obxecións ao sinxelo. Porén, a primeira tirada vendeuse rapidamente, e finalmente o grupo confiou no xuízo de Harte.

En 1981 foi editado o seu EP de estrea, Signals, Calls, and Marches, e cara o final dese ano esgotara a súa primeira tirada de 10.000 copias. En 1982 lanzouse o seu primeiro álbum de estudio, Vs..

Separación[editar | editar a fonte]

En 1983, despois do lanzamento de Vs., o grupo separouse debido ao empeoramento do acúfeno de Miller, atribuído en gran parte ao alto volume das súas actuacións. De feito, nos seus últimos concertos Miller pasou de usar tapóns para os oídos a utilizar auriculares como os usados nos campos de tiro. Un disco ao vivo, recompilado a base de actuacións da súa xira de despedida, foi editado a través de Ace of Hearts en 1985 co título The Horrible Truth About Burma.

Miller e Swope centráronse entón no seu proxecto Birdsongs Of The Mesozoic (no que estaban con Erik Lindgren, que tamén tocara en n Moving Parts), pero abandonárono nos anos 90. Miller realizou varios traballos en solitario e bandas sonoras para películas, e Swope semi-recluíuse en Hawaii. Prescott mantívose en activo na escena de Boston, formando Volcano Suns e posteriormente Kustomized e The Peer Group. Á parte da produción do álbum de estrea de Yo La Tengo, Conley retirouse da música e traballou na cadea de televisión de Boston WCVB, ata que en 2001 regresou coa banda Consonant.

Nas dúas décadas nas que estivo desaparecida, a reputación de Mission of Burma medrou ata case acadar proporcións lendarias. Criticos musicais contemporáneos dixeron que o seu traballo foi un punto de inflexión na música independente norteamericana. Moitas bandas teñen citado a Mission of Burma como fonte de inspiración, incluíndo Nirvana, Pearl Jam, Superchunk, Jawbox, The Grifters, R.E.M. (que versionou o tema "Academy Fight Song" na xira do Green), Sonic Youth, Drive Like Jehu, Throwing Muses, Yo La Tengo, Fugazi, Pixies, Sugar, Guided by Voices, Catherine Wheel, Graham Coxon, Pegboy e Moby.

Reunión[editar | editar a fonte]

No ano 2002 Mission of Burma reuníuse e comezou a realizar concertos con Bob Weston de Shellac (e antigo compañeiro de Prescott en Volcano Suns), remprazando a Swope. Nunha entrevista Miller relata que "cando se aproximou a Bob Weston para encher o oco de Martin, díxolle que podería usar tecnoloxía dixital actual que lle facilitase tocar o que facía Martin. Porén, Bob optou por manter a integridade orixinal, e usa unha pletina de casete". Weston comezou a usar unha caixa de loops dixitais da marca Electro-Harmonix no ano 2007 durante as presentacións ao vivo, pero aínda utiliza loops de cinta no estudio. Weston adoita a unirse á banda no escenario durante os encores, tocando o baixo mentres Conley toca unha segunda guitarra.

Un novo álbum, ONoffON, foi producido no ano 2004 por Bob Weston xunto con Rick Harte e a banda, e publicado a través do selo Matador Records o día 4 de maio. A banda tamén editou Snapshot, unha gravación ao vivo coa nova formación, a través de canles dixitais.

En setembro do ano 2005 a banda comezou a gravar o seu terceiro álbum de estudio, novamente baixo a produción de Bob Weston. Bautizado como The Obliterati, o disco foi editado por Matador o 23 de maio do 2006.

No ano 2009 a cidade de Boston declarou o 4 de outubro o "Día de Mission of Burma", honrando o traballo da banda cunha cerimonia no campus do MIT.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]