Throbbing Gristle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Throbbing Gristle
Throbbing Gristle.jpg
Orixe Kingston upon Hull, Inglaterra Inglaterra
Período 1975 – 1981
2004 – 2010
Xénero(s) industrial, avant-garde, electrónica, experimental, performance, música noise, noise rock
Selo(s) discográfico(s) Industrial Records, Mute Records
Membros Peter Christopherson
Cosey Fanni Tutti
Chris Carter
Genesis P-Orridge
Na rede
http://www.throbbing-gristle.com/

Throbbing Gristle foi unha banda inglesa de música industrial de vangarda e un grupo de arte visual que evolucionou dende o grupo de performance COUM Transmissions. A banda estivo formada por Genesis P-Orridge (baixo, violín, voces, vibráfono), Cosey Fanni Tutti (guitarra, corneta, voces), Peter "Sleazy" Christopherson (cintas, trompa, piano, vibráfono, sintetizador) e Chris Carter (sintetizador, cintas, electrónica).

Fundada en 1975, a banda é considerada unha das creadoras, xunto coa súa contemporánea Cabaret Voltaire, da música industrial. Throbbing Gristle separouse no ano 1981, pero os seus membros pasaron a participar en numerosos proxectos distintos. Reformaríase en 2004 e volvería a desfacerse en 2010 tras a morte de Peter Christopherson.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]