The Auteurs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Auteurs
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1991 - 1999
Xénero(s)rock alternativo, indie pop, baroque pop, britpop
Selo(s) discográfico(s)Hut Records
MembrosLuke Haines
Alice Readman
Glenn Collins
James Banbury
Barney C. Rockford
Na rede
http://www.lukehaines.co.uk/
Facebook: lukehainesuk Spotify: 5EtBXjUUyPJmiljpRdN6RJ Last fm: The+Auteurs Musicbrainz: c26c3822-451f-4545-b55a-bd09a3c815ae Songkick: 398666 Discogs: 92576 Allmusic: mn0000755162 Editar o valor em Wikidata

The Auteurs foi unha banda inglesa de rock alternativo dos anos 90,[1] e un vehículo para o compositor Luke Haines (guitarra, piano e voces).[2] Varias bandas influenciadas por The Auteurs tomaron os seus nomes de cancións do grupo. A banda polaca Lenny Valentino toma o seu nome dunha canción do álbum de The Auteurs Now I'm a Cowboy ,e a banda de Minneapolis Valet colle o seu nome da canción "Valet Parking" do álbum New Wave.

Historia[editar | editar a fonte]

Anteriormente membro de The Servants,[3] Haines creou The Auteurs coa súa entón moza Alice Readman no baixo, e o antigo compañeiro de clase Glenn Collins na batería,[4] incorporándose posteriormente James Banbury no chelo.[2]

A cinta demo de The Auteurs e as súas actuacións conseguíronlle un contrato con Hut Records. O seu primeiro sinxelo, "Show Girl", foi loubado pola revista musical británica Melody Maker, e o álbum New Wave (1993) foi nomeado ao Mercury Prize. The Auteurs posteriormente asociouse ao movemento britpop. Porén, a Haines non lle gustaba esta asociación, facendo habitualmente comentarios despectivos sobre os seus compañeiros. Tras New Wave, a banda mantívose á marxe da escena musical. O batería Glen Collins foi substituído por Barny C. Rockford, tras ser cazado de Out of My Hair polo produtor Phil Vinall. O seu seguinte álbum, Now I'm a Cowboy (1994), construído sobre os temas de New Wave e coa canción máis coñecida de Haines, "Lenny Valentino".[5] Demostrando, novamente, a súa diferenza cos seus compañeiros musicais, o seguinte lanzamento da banda foi The Auteurs vs. μ-Ziq, formado por temas de The Auteurs remesturados polo produtor µ-Ziq (tamén coñecido como Michael Paradinas). En entrevistas da época Haines afirmaba que atopaba a música techno e house contemporánea máis interesante que a meirande parte das bandas de Britpop.[6]

1996 - 2000[editar | editar a fonte]

En 1996 The Auteurs publicaron After Murder Park, producido por Steve Albini, e que incluía os temas "Land Lovers", "Unsolved Child Murder", e "Buddha".[5] O álbum gravouse nos Abbey Road Studios tras un ano durante o cal Haines pasara a meirande parte do tempo nunha cadeira de rodas tras caer dun muro.[5] Haines gravou o disco Baader Meinhof en solitario baixo o nome de Baader Meinhof, usando a algúns músicos de The Auteurs.[5] The Auteurs apoiou a Baader Meinhof nun concerto no Dingwalls de Camden. O derradeiro álbum de The Auteurs, How I Learned to Love the Bootboys, publicouse en 1999.[7] Alice Readman deixou o grupo nesta época e foi substituída por varios músicos nos concertos.

2001 - 2008[editar | editar a fonte]

Haines tocou na banda de art-pop Black Box Recorder. En 2001 publicou a banda sonora da película Christie Malry's Own Double-Entry, seguida pouco despois polo seu primeiro álbum en solitario, The Oliver Twist Manifesto. En 2003 publicou Das Capital, unha colección de temas regravados da época de The Auteurs, cun par de cancións novas, aparentemente destinadas como peche para a banda.

2009 - 2014[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2009 Haines publicou un libro titulado Bad Vibes, que serve tanto como un relato autobiográfico dos seus anos con The Auteurs, como un rexistro do movemento Britpop dos 90. No libro nunca se refire a James Banbury polo seu nome, falando del sinxelamente como "o Chelista", aínda que si se lle nomea ao completo nos agradecementos. Banbury traballou posteriormente con Pete Davis baixo o nome de Dadahack. O seu álbum de estrea TAP3 era un dispositivo híbrido de reprodución casete/mp3e foi editado en abril de 2010.

En 2014 o selo independente británico 3 Loop Music reeditou todos os álbums de The Auteurs (xunto co Baader Meinhoff de Haines) como edicións ampliadas con caras b, demos, sesións de radio, gravacións ao vivo e remesturas. New Wave e Baader Meinhoff tamén foron reeditados polo selo en vinilo pesado de 180gsm.[8]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
New Wave 1993 Hut Records
Now I'm a Cowboy 1994 Hut Records
After Murder Park 1996 Hut Records
How I Learned to Love the Bootboys 1999 Hut Records, Virgin Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hodgkinson, Will. "The Auteurs: Now I am a Cowboy" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2022-06-22. 
  2. 2,0 2,1 Strong, M. C. (2000). The great rock discography (5ª ed.). Edinburgh: Mojo Books. ISBN 1-84195-079-3. OCLC 44184348. 
  3. "Luke Haines". Fractured Air. 2015-05-18. Archived from the original on 18 de maio de 2015. Consultado o 2022-07-03. 
  4. Davidson, Merric (2015-04-29). "The Auteurs". Toppermost (en inglés). Consultado o 2022-07-03. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 The Virgin encyclopedia of popular music (Concise ed ed.). London: Virgin in association with Muze Inc. 1997. p. 66. ISBN 1-85227-745-9. OCLC 38189417. 
  6. "Britpop songs – 10 of the best". the Guardian (en inglés). 2017-02-15. Consultado o 2022-12-11. 
  7. Hubbard, Michael (1999-07-04). "The Auteurs - How I Learned To Love The Bootboys". musicOMH (en inglés). Consultado o 2022-12-11. 
  8. Wener, Louise (2009-01-18). "Review: Bad Vibes by Luke Haines". the Guardian (en inglés). Consultado o 2022-12-11.