Homestead Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homestead Records

Compañía nai Dutch East India Trading
Fundado en 1983
Fundador Sam Berger
Estado desaparecida
Distribuidoras Dutch East India Trading
Xénero(s) noise rock, indie rock
País de orixe Estados Unidos Flag of the United States.svg
Localización New York
Web oficial

Homestead Records foi un sub-selo baseado en New York da distribuidora de música Dutch East India Trading. Fundouno en 1983 Sam Berger para especializarse en música experimental. O selo é considerado unha peza fundamental para a popularización do noise rock. Cando Berger deixou a discográfica recomendou a Gerard Cosloy, un rapaz de 18 anos que publicou un fancine que Homestead distribuía. Cosloy foi o encargado de asinar con moitas bandas notables. Porteriormente se engargarían do selo Ken Katkin e Steven Joerg. A súa derradeira edición sería o traballo de Ivo Perelman Cama de terra, aparecido en 1986.

Entre os artistas que pasaron por Homestead destacan Big Black, Dinosaur Jr., Sonic Youth, Einstürzende Neubauten, The Ex, Swans ou Nick Cave and the Bad Seeds.