Bob Weston
| Bob Weston | |
|---|---|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | |
| Orixe | Waltham, Massachusetts |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | baixo |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Shellac, Volcano Suns, Mission of Burma |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Bob Weston é un mísico, produtor e técnico de son estadounidense. É coñecido sobre todo por ser o baixista nas bandas Volcano Suns e Shellac, e por tocar tamén en Mission of Burma.
[editar] Traxectoria
Weston naceu e medrou en Waltham, Massachusetts. Durante os veráns de 1985 e 1987, marchou como corneta co famoso Garfield Cadets Drum and Bugle Corps de Garfield, New Jersey. A agrupación gañou a Drum Corps International World Championships neses dous anos. Weston aínda toca a trompeta, como fixo nos álbums The Sea and the Bells de Rachel's (1996) e Things We Lost in the Fire de Low (2001).
En 1988, obteu o grao de enxeñeiro eléctrico pola University of Lowell en Lowell, Massachusetts. Mentres traballaba na emisora da universidade, WJUL, comezou a mesturar actuacións ao vivo de bandas da zona de Boston, como The Pixies e The Blake Babies.
En 1987 Weston uníuse a The Volcano Suns, tocando o baixo. O grupo estaba liderado por Peter Prescott, que anteriormente fora o baterista de Mission of Burma, separada en 1983.
Weston uníuse a Steve Albini e Todd Trainer na banda Shellac no ano 1991. Con Albini, Weston mellorou as súas habilidades de produción e comezou a gravar e a mesturar traballos de bandas como Sebadoh, June of 44, Polvo, The Coctails, Archers of Loaf, Chavez, Rachel's, Ken Vandermark e Rodan. Weston tamén foi o axudante de Albini no álbum de Nirvana In Utero. Porén, o traballo de gravación e mestura de Weston non se limita só á música e ten traballado ocasionalmente de freelance para a National Public Radio, sobre todo na comedia Wait, Wait, Don't Tell Me.
No ano 2002, Weston uníuse a recén retornada Mission of Burma, ocupando o lugar de Martin Swope como manipulador de son e técnico da banda. Bob aparece nos álbums ONoffON, The Obliterati e The Sound The Speed The Light.
A principios do 2007, Weston fundou Chicago Mastering Service, con Jason Ward .
|
||||||||||||||||||||