Post-hardcore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Post-hardcore
Orixes do estilo: hardcore punk, post-punk, rock experimental
Orixes culturais: Finais dos 80 na costa leste dos Estados Unidos
Instrumentos típicos: Voz, guitarra eléctrica, baixo, batería e ocasionalmente sintetizadores
Popularidade: Grande no Reino Unido, Canadá e nalgunhas partes dos Estados Unidos

O post-hardcore é un xénero musical que se desenvolveu a partir do hardcore punk, que a si mesmo parte do movemento máis amplo do punk rock. As primeiras aparicións do post-hardcore foron en Washington D.C. de mediados a finais da década dos 80, a pesares de que non foi moi coñecido ata principios dos 90.

O post-hardcore caracterízase polos seus ritmos precisos e ruidosas bases de guitarras, acompañadas por voces que soen ser cantadas como susurros ou como berros. O xénero desenvolveu un equilibrio único entre disonancia e melodía, canalizando o rápido e ruidoso hardcore cara un son máis moderado, con formas sutís de tensión e relaxación. Comparte coas súas raíces hardcore a súa emoción e intensidade, así como a conciencia social e a ética do faino ti mesmo.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia, o post-hardcore tivo varias etapas. A primeira sitúase dende finais da década dos 80 ata principios da década dos 90, e a segunda etapa abarca dende finais da década dos 90 e década dos 2000.

Primera xeración[editar | editar a fonte]

Na súa orixe, a palabra post-hardcore era utilizada para describir o novo movemento de bandas que surxiron a mediados dos anos 80 en Washington DC. Estas bandas diferenciábanse dos antigos grupos de hardcore punk que surxiran durante toda a década de 1980 polo seu toque emocional nas letras e pola expresividade e espontaneidade que estas exhibían nos seus concertos.

O primeiro disco considerado post-hardcore foi o álbum de estrea homónimo de Rites of Spring, editado en 1985. Nel, o grupo redirixiu a paixón e a rabia propias do hardcore cara temas coma a soidade ou a añoranza do pasado, en lugar de cara a revolución social como era común ata entón no xénero.

Otro grupo importante nesta época foi Embrace, liderados por Ian MacKaye, ex integrante de Minor Threat, grupo que anos antes xa inspirara o movemento Straight Edge.

En 1987 naceu Fugazi, formado polos líderes de Rites of Spring e Embrace, cunha proposta que consistía en sumar ao hardcore influencias doutros xéneros como o post-punk ou o, neses tempos incipiente, rock alternativo. Fugazi converteuse na banda máis influente e innovadora de post-hardcore e posteriormente nun dos maiores referentes do emo.

Outros nomes importantes neste período inclúen a Shudder to Think, One Last Wish, Beefeater, Grey Matter, Fire Party e posteriormente Moss Icon. A meirande parte destas bandas gravou no selo Dischord Records, e moitas delas desapareceron nos primeiros anos da década dos 90.

Segunda xeración[editar | editar a fonte]

Durante toda a década dos 90 o xénero practicamente desapareceu, pero a pesar dese feito surxiron bandas como At The Drive-In, Les Savy Fav, Glassjaw, Bear vs. Shark, Helmet, Fugazi e Refused, que servirían de prototipo para as bandas de post-hardcore de segunda xeración.

Cabe destacar que durante a década de 1990 o post-hardcore e o emo sepáranse totalmente. No comezo dos dous xéneros, ambos gardaban unha estreita relación, pero isto cambiou cando o emo comezou a recibir influencias como o indie rock e o post-rock en bandas como Sunny Day Real Estate, Texas Is The Reason, Mineral ou Braid durante a década dos 90.

A segunda xeración de post-hardcore comezou a finais da década nos suburbios de New York, New Jersey e Orange County. Entre elas destacan Thursday, Emery, Thrice, Taking Back Sunday, Atreyu, Underoath e Saves The Day. A pesar de que Atreyu e Saves The Day non sexan grupos de post-hardcore influíron a gran número de bandas do xénero en anos posteriores.